ESTE ANO ELABORAMOS UN BELÉN RELACIONADO, COMO NON PODÍA SER DOUTRO XEITO, COA PREHISTORIA. OS NENOS/AS APRENDERON A TRABALLAR COA ARXILA E DIVERTÍRONSE MOITÍSIMO FACENDO TODO ESTE TRABALLO DE MONTAXE E DECORACIÓN.
14/12/10
18/11/10
Sesión de Maxia no Teatro Pastor Díaz
NO TEATRO VIMOS AO MAGO PACO QUE FACÍA MAXIA CON COELLOS DE CORES, CON CORDAS,...COMPARTIMOS O TEATRO CON OUTROS NENOS/AS DO CONCELLO E ÉRAMOS UN MONTÓN ALÍ METIDOS, COMO SEMPRE NOS TOCOU NO PALCO SUPERIOR, A VER SE OUTRO DÍA ESTAMOS DIANTE PARA QUE NOS SAQUEN AO ESCENARIO FACER MAXIA. TAMÉN FOI MOI INTERESANTE SUBIR AO AUTOBÚS, VER COMO COMPRAN E VENDEN NA FEIRA: AS PATACAS, AS CEBOLAS, O PAN,... E POR SUPOSTO VER AOS FAMILIARES QUE NOS SAÚDAN CANDO PASAMOS, UN AVÓ ESTABA SUBIDO A UNHA GRÚA ELEVADORA FACENDO NON SABEMOS MOI BEN QUE, PERO ALÍ ESTABA. O ÚNICO MALO FOI A CHOIVA XA QUE NOS MOLLOU UN POUQUIÑO.
12/11/10
29/10/10
Os medios de transporte na Prehistoria
Aquí temos o "troncomóvil" listo e preparado para viaxar a través do tempo.
Temos que dar as gracias a Enrique que fixo posible a ilusión de todos os nenos e nenas de infantil e tamén das mestras!!!
Temos que dar as gracias a Enrique que fixo posible a ilusión de todos os nenos e nenas de infantil e tamén das mestras!!!
28/10/10
Celebramos o Día da Biblioteca
Hoxe foi un día especial, celebramos o día da nosa Biblioteca que se chama BIBLIOSOÑOS. Vimos moitos libros novos, cantamos a canción "Unha festa especial" e levamos tamén un regalo: unha bolsa moi bonita para levar e traer os libros da Biblioteca ás nosas casas.
27/10/10
25/10/10
Fundación meniños
Este curso seguimos a traballar no proxecto que xa iniciamos no curso 09/10 relacionado coa FUNDACIÓN MENIÑOS: Organización que traballa polos dereitos da infancia en situación de dificultade social, con programas de intervención directa cos nenos, nenas e as súas familias, e con accións de carácter educativo e preventivo.
Por participar no curso pasado regaláronnos este figuriña
Tamén nos enviaron unha pequena revista que levarán de recordo, cada neno e nena de infantil, dentro da bolsa da biblioteca.
Esta bolsa será para levar e volver a traer os libros prestados para ler na casa coas familias.

Proxecto para o 1º trimestre

Xa falamos de mamuts, homes primitivos, pinturas rupestres...e estamos a elaborar un mural da Prehistoria.
Queremos dar as gracias a todos os que participáchedes con nós (traendo disfraces, dinosaurios, películas...) podedes seguir colaborando!.
Imos ter unha sorpresa relacionada cos medios de transporte na Prehistoria

18/6/10
19/5/10
22/4/10
Os nosos ovos de Pascua
10/2/10
Sesión de Teatro
O venres, 5 de febreiro,viaxamos en autobús ata Viveiro para ir ao Teatro Pastor Díaz. Alí vimos a obra: Rosalía, a pulga que escribía.
Autora: Andrea Bayer
Dirección: Andrea Bayer e Santiago Alonso
Música : Diego Paz , Elena Paz. Música en directo
Elenco: Santiago Alonso
Xénero: teatro de monicreques
SINOPSE:
Había unha vez, unha pulga moi, moi pequena: Rosalía.
Rosalía escribe unha carta cada día. Métea nun sobre, ponlle un selo e mándaa por correo. Bruno, o Canguro, un carteiro moi especial, encárgase en persoa de levarlla ao seu destinatario.... e lérllela.
Á señora Toupa porque non ve.
A Dona Xirafa porque perdeu as gafas.
Á ovella porque non sabe ler.
Ao señor Ratón porque lle encanta que lle lean.
E a Mr Elefante, porque só sabe ler en inglés.
Pasámolo moi ben!