21/12/11

Hoxe temos festa no noso colexio. É Nadal!!!

Hoxe é un día especial!
  • Primeiro fumos ao Salón de Actos onde cantamos a panxoliña HOXE É NADAL!. Fixémolo moi ben!
  • Despois do recreo tivemos Sesión de Cine na Biblioteca. As nosas profesoras repartíronnos gusanitos e "cocaloca" sen cafeína .
  • A película que vimos foi "Navidad mágica con Mickey Mouse".
  • Ao rematar fumos para as nosas clases onde nos despedimos das nosas profesoras e nos desexaron unhas FELICES VACACIÓN DE NADAL!!!




12/12/11

6/10/11

5º de infantil

Os nenos e nenas de 5º de Infantil e a profe Angélica fumos ao horto escolar a recoller as fabas que plantamos no curso pasado, tamén vimos a charca e as árbores.

25/8/11

12/4/11

Saída ao Souto da Retorta

O luns, 11 de abril, todo o colexio fumos ao Souto da Retorta para ver ao Avó e todas as árbores que o arrodean, tamén vimos o río Landro.
Pasámolo estupendamente!. Primeiro fumos en autobús ata Chavín, logo camiñamos á beira do río, chegamos a xúnto do Avó e lle demos un gran abrazo, despois tomamos o bocadillo, investigamos sobre as plantas, recollimos moitos materiais y volvimos cara o colexio onde rematamos a mañá facendo actividades no caderno de campo.



5/4/11

En abril, Teatro sen fin!!!

O luns, 4 de abril, todos os nenos e nenas de infantil fumos ao Teatro Pastor Díaz de Viveiro.

4/2/11

Sesión de Monicreques

O venres, 4 de febreiro, os alumnos e alumnas de 5º e 6º de Infantil fumos ao Teatro Pastor Díaz de Viveiro para ver a representación de: BAJO MI CAMA UNA ESTRELLA.

A compañía LA TIRITA DE TEATRO  é a autora da obra, a dirección é de Alberto Alfaro e os actores Paco Úbeda e Germán Scasco.