As nenas e nenos de 6º de E.I. conmemoraron este día.
O 3 de decembro é o Día Internacional das Persoas con Discapacidade.
Este ano, a OMS únese aos seus asociados baixo o lema «Un día para
todos», co cal se quere reflectir a crecente aceptación de que a
discapacidade forma parte da condición humana. Case todos nós
experimentaremos unha discapacidade temporal ou permanente nalgún
momento das nosas vidas.
Para recordar este día fixemos un "vídeo-postal" do NADAL con pictogramas e presentamos o conto "O cazo de Lorenzo".
Aproveitando que estivo bo tempo estivemos traballando moito. Neste
video podedes ver un pouquiño das últimas tarefas cas que estivemos
ocupados.
Os nenos e nenas de 4º de Infantil estiveron preparando os
semilleiros de remolacha. Os de 5º estivemos reforzando o crecemento das
nosas plantas de brecol e leituga cun pouco de substrato ecolóxico. Os
de 6º de Infantil limparon de malas herbas o bancal das leitugas.
Avanzamos tamén neste video os primeiros traballos de limpeza que
fixeron os nenos e nenas de 5º de Primaria, no bancal onde agora xa
teñen plantados os seus repolos.
Hoxe as nenas e nenos de 4º de Infantil amósannos o resultado da aportación de "bricks", por parte das familias, para a elaboración de garda-mascarillas.
Durante esta semana o alumnado de 4º de E.I. elaborou xogos cooperativos con materiais de refugallo aportado polas familias. Hoxe, 25 de novembro, Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres, aprenderon valores empregando os xogos que elaboraron.
Tamén o alumnado de 6º de E.I. din: "STOP Á VIOLENCIA MACHISTA"
Hoxe o alumnado de 1º de Primaria tivo un encontro especial de despedida coa súa mestra de Infantil, Maricarmen, durante os cursos do 2017 ao 2020.
Como de todos é sabido, non puideron rematar o curso, nin ter a súa festa especial de despedida da promoción, nin o acto de graduación que todos os anos realizamos ao rematar o período de Infantil.
As familias prepararon un vídeo con todos os compañeiros e compañeiras da promoción que nos fixeron recordar todos os bos momentos vividos durante os tres últimos anos.
Tanto a profesora Mari como todos e todas as profesoras do colexio agradecemos o seu esforzo.
Hoxe presentamos a orla do alumnado que rematou a súa etapa de Infantil.
Non puidemos realizar o acto de graduación pero as familias colaboraron desde as súas casas realizando o birrete e as fotos para que Mari, a súa titora, fixese esta orla tan bonita que lles quedará de recordo.
Bos días!! Estos días estamos adicándonos a publicar contos. O bo tempo comezou por fin e xa se pode sair a rúa, a pasear, a praia ...Seguro que o estades pasando xenial, non si? Agardamos que vos gusten estes contiños que preparamos nestes días. Unha aperta xigante a todos e todas!
Bos días! Hoxe deixamos un video de xogos para facer con cousas da casa. Podedes practicar a fin de semana.
Tamén podedes descargar se vos apetece estas fichas de trazos con rotulador. Se non tedes impresora cambiade os rotuladores por puntiños de cores feitos a man. Unha aperta moi forte e disfrutade da fin de semana !
Bos días! Hoxe fixemos un video coas vosas aportacións. Recordade que podedes seguir enviando cousiñas que vos apetezan ao noso mail celeiroinfantil@gmail.com. Animádevos, gústanos moito ver canto traballades!!!
Podedes ver tamén esta fermosa adaptación do conto "As pitas baixo a chuvia" de Ricardo Carvalho Calero que fixo a Asociación Semente de Lugo
Bos días! Este ano o Día das Letras galegas adícase a Ricardo Carvalho Calero. Entre as súas obras atopamos este conto "As pitas baixo a choiva". Agardamos que vos guste.
Recordade que podedes visitar a páxina especial adicada ao autor onde atoparedes actividades,información e recursos.
Tamén podedes descargar as actividades da páxina da Aula Virtual do cole.
Xa nos chegaron traballos súperchulos sobre o voso conto favorito, animádevos se ainda non o fixechedes. Unha aperta moi grande.
Bos días! Hoxe Ramona comenta os debuxos tan chulos que nos enviáchedes. Grazas pola vosa colaboración.
Compartimos tamén este conto tan bonito sobre o coronavirus que nos suxeriu a mamá de David e Carmen. Grazas pola vosa implicación. Que pasedes unha boa fin de semana. Unha aperta.
Bos días! Hoxe Mariña vai ensinarvos uns xoguetes feitos con material de refugallo que tamén podedes facer vós na casa, que os disfrutedes!!
Por si alguen non o viu, fixemos a seguinte proposta a través de Tokapp:
Ola familias! O día 17 de Maio conmemórase o "Día das letras galegas" que este ano está adicado a Ricardo Carvalho Calero. No blogue do centro hai información e actividades do autor, máis as adaptadas a educación infantil son as do Seminario Galán http://seminariogalan.org/inicio/portada
. Dende o equipo de Infantil solicitámosvos a vosa colaboración realizando, ben un pequeno vídeo no que os nenos expliquen cal é o seu libro favorito en Galego e porqué, ben con unha foto co libro ou con un debuxo do seu libro favorito en Galego. Podédenolo
enviar a : infantilceleiro@gmail.com. Un saúdo!!
Bos días! O Dragón Pepón está desexando que vexades estes xogos que fixo con globos. Espero que practiquedes na casa.
Mañá é o Día do Traballo, se vos apetece podedes mandarnos un debuxo do que vos gustaría ser cando sexades maiores, parécevos? Que pasedes unha boa fin de semana. Unha aperta.
Bos días! Hoxe Ramona ensínavos varios xogos que podedes facer con cousas da casa para traballar os números. Tamén vos deixamos uns enlaces a uns xogos moi chulos para que lles botedes un vistazo. Pasade una boa fin de semana. Unha aperta.
Bos días! Hoxe traemos una proposta para facer camiños, de distintos xeitos e con distintos graos de dificultade, para traballar a psicomotricidade fina dun xeito máis divertido. Esperemos que vos interese.
Tamén informarvos de que esta semana o Pequeño País Musical celebra un ciclo de concertos para os máis pequenos. Todos os días ás 18:00 no canal de YouTube elpais.com concertos en directo. Tamén podedes ver os xa celebrados como o de Yo Soy Ratón. Unha aperta.
Bos días!!! Hoxe Olegario propón unha serie de actividades artísticas. Son moi sinxelas e fixémolas con cousas que temos na casa. Espero que vos fagan pasar un rato entretidos e non olvidedes que nos podedes mandar as vosas "artistadas" a celeiroinfantil@gmail.com.
Deixamos tamén un enlace aos contos de OQO, que seguro que xa coñecedes. Unha aperta.
Estes días, estamos a ver cada día máis debuxos do arco da vella nas xanelas dos nosos veciños, que simbolizan toda esta situación pola que estamos a pasar e lémbranos a cada momento que “TODO IRÁ BEN”.
Propoñémosvos que aprendamos unha canción súper bonita e moi apropiada nestes momentos:
“Cores do arco da vella”. Cando volvamos vernos, cantaremos esta canción todos xuntos celebrando que…
Vencemos ao Coronavirus!
Bos días amiguiños e amiguiñas, hoxe presentamos a...Ramona, unha avoa artista, á que lle encanta debuxar, pintar...agardamos que vos guste. Unha aperta enooorme e boa fin de semana.
Bos días! Hoxe coñecemos a Olegario, o vampiro estrafalario. Debaixo vedes os enlaces aos videos que el vos propón. Unha aperta grande grande a todos/as.
Ola familias, deixamos nesta entrada do blog actividades e lecturas que poden axudar nestes días de "quedada na casa". Tamén recomendamos que visitedes os blogs e páxinas do colexio pois teñen moito para ver e ler sobre todo as que tedes na marxe dereita deste blog e na parte superior.
Xa estabamos cansos de tanto recreo no ximnasio!!! e como o luns saiu o sol, puidemos xograr no patio do recreo e aproveitamos para facer debuxos no chan que tanto nos gusta facer!
No colexio fixemos un mural colaborativo entre todas as aulas do colexio. Está realizado con tapóns que reciclamos entre todas as familias e comunidade educativa e que logo enviamos a: