Ler un conto aos nenos e nenas cada día
ou regalarlles un libro nas ocasións especiais son algúns dos primeiros
pasos que os pais poden dar para inculcar nos seus fillos pequenos o
amor e o gusto pola lectura. Esta actividade estimularaos e axudaralles a
desenvolver as súas competencias lingüísticas, pero tamén lles servirá
de fonte para adquirir novos coñecementos e como ferramenta para
progresar en todas as súas aprendizaxes.
Na seguinte presentación podemos ler sete pautas para fomentar a lectura.