Os nenos e nenas de 6º de
Educación Infantil estivemos traballando o Impresionismo, informámonos dos
pintores da época e gustounos moito Joaquín Sorolla, dentro da etapa do
posimpresionismo.
A partir dese momento decidimos
elaborar un mural co seu aotorretrato e un dos seus cadros máis famosos.
O autorretrato foi pintado en 1909, cos atributos do pintor:
paleta, pinceis e lenzo. O noso cadro
pintámolo con témperas de cores e resultou moi difícil facelo, porque a barba,
os ollos e os beizos son detalles moi complicados.
O outro cadro é un dos máis
famosos deste autor, chámase: “Paseo a orillas del mar ou Paseo por la playa” e
tamén foi pintado en 1909, aparecen representadas a súa muller Clotilde e a súa
filla María, paseando pola praia de
Valencia á tardiña.
Nós pintámolo con ceras e cada un
tivo una interpretación moi persoal do cadro. De fondo para as nosas obras
pintamos una paleta xigante con témperas.