Os nenos e nenas de 5º de
infantil quixeron facer algo diferente aos murais que nos tiñan acostumados,
así que nos sorprenderon cun “mural de sombras” .
A idea tamén xurdiu dadas as
dificultades atopadas no recortado, esta foi unha maneira
de practicar coas tesoiras e, dado que ía estar exposto, esforzáronse moito por obter
uns bos resultados.
Aquí tedes o seu traballo,
podedes observar unha paisaxe nocturna cos nenos e nenas da clase de 4 anos divertíndose en plena noite.
Esperemos que vos guste.