Os nenos e nenas da clase de 5º de infantil estamos
traballando a obra dun recoñecido pintor do impresionimo, Van Gogh; por iso comezamos a falar na asamblea da súa
vida, tamén dos seus cadros máis representativos entre os que se atopa este.
Acordamos entón facer un mural reproducindo esta obra con
distintas texturas e materiais, para o que seguimos estes pasos:
- Elaboramos as casas do pobo con cartón e pintámolas con rotuladores de cores frías.
- Pegamos papel pinocho de cor negro para representar o ciprés,
démoslle unhas pinceladas de amarelo para axustarnos máis ao cadro.
- Empregamos tamén as témperas para facer os distintos tipos
de trazos que corresponden co fondo da
composición.
- Pedimos a colaboración
dos nosos veciños de corredor, os nenos e nenas da clase de 4º de
infantil, para que nos axudaran a cortar
diferentes tipos de papeis (celofán, seda, pinocho, metalizado...) en
diferentes tons de azul e a pegalos para
deseñar o ceo.
- Os nenos/as de 4º de infantil tamén pintaron os astros da
nosa obra mesturando a témpera no propio papel tratando de imitar o estilo da
obra.
Non quixemos rematar o noso mural sen enmarcalo dunha forma
axeitada, así que pintamos un gran marco de cartón mesturando as cores laranxa
e marrón, para unha vez secas engadirlle trazos de ocre.
Engadimos tamén unha reprodución do cadro "
Autorretrato" de Van Gogh, feita primero a lapis por Celia ( con algo de
axuda da profe) e pintada por todos nós.
Empregamos, esta vez, a pintura ao óleo como
técnica.