10/2/10

Murais de Infantil

Sesión de Teatro

O venres, 5 de febreiro,viaxamos en autobús ata Viveiro para ir ao Teatro Pastor Díaz. Alí vimos a obra: Rosalía, a pulga que escribía.

Autora: Andrea Bayer
Dirección: Andrea Bayer e Santiago Alonso
Música : Diego Paz , Elena Paz. Música en directo
Elenco: Santiago Alonso
Xénero: teatro de monicreques
SINOPSE:
Había unha vez, unha pulga moi, moi pequena: Rosalía.

Rosalía escribe unha carta cada día. Métea nun sobre, ponlle un selo e mándaa por correo. Bruno, o Canguro, un carteiro moi especial, encárgase en persoa de levarlla ao seu destinatario.... e lérllela.
Á señora Toupa porque non ve.
A Dona Xirafa porque perdeu as gafas.
Á ovella porque non sabe ler.
Ao señor Ratón porque lle encanta que lle lean.
E a Mr Elefante, porque só sabe ler en inglés.
Pasámolo moi ben!