21/12/17

Festival de Nadal

Xa  chegamos ao remate do primeiro trimestre!, e como xa é tradicional este último día facemos un gran Festival de Nadal onde todo o alumnado de Infantil e Primaria ten a súa pequena actuación.
As nenas e nenos de 6º Infantil, xunto coas súas profesoas Ana e Inés, prepararon unha adaptación da Dramatización de Ana López: "Nadal no ceo". 
A continuación todo o alumnado de Infantil cantaron a panxoliña "Estreliña, onde estás? que prepararon na Aula de Música.


Despois tivemos unha visita moi importante edeixounos agasallos solicitados pola ANPA do colexio.


19/12/17

Proxecto " Viveiro, o noso concello"

Este é un dos nosos primeiros traballos sobre o proxecto que estamos a traballar este curso. En 5º de Infantil fixemos un poster dixital con algúns dos contidos traballados na aula este primeiro trimestre referidos á situación xeográfica de Viveiro e as súas parroquias. Podedes pinchar nas iconas que teñen o símbolo de "play" e escoitar as nosas voces ou ver os videos relacionados co tema. Agardamos que vos guste.

Ambientamos o Nadal en Infantil


Visitáronnos os usuarios da Residencia DOMUS VI de Viveiro e contáronnos o conto:
O APALPADOR E A CASTAÑA


27/11/17

Preparando o NADAL

Na aula de Música xa empezamos a preparar a Panxoliña deste ano.
«Campanita del lugar» (o «Campanitas del lugar» o «Estrellita, ¿dónde estás?») é unha popular canción infantil e navideña.
Nós fixemos unha letra especial en galego e soa así:

24/11/17

Educando en igualdade

Na mañá do venres, 24 de novembro, o alumnado de Infantil participou nunha sesión de contacontos a cargo das súas mestras: Ana, Cristina e Mari.




20/11/17

Día da Infancia

O Día Universal do Neno, que se celebra todos os anos o 20 de novembro, é un día dedicado a todos os nenos e nenas do mundo.

É un día de celebración polos avances conseguidos, pero sobre todo é un día para chamar a atención sobre a situación dos nenos máis desfavorecidos, dar a coñecer os dereitos da infancia e concienciar ás persoas da importancia de traballar día a día polo seu benestar e desenvolvemento.

No colexio preparamos un vídeo especial cunha canción que cantan os nenos e nenas de 3º curso e as imaxes realizadas con debuxos do alumnado de Infantil.

9/11/17

Páxina de recursos para o Día dos Dereitos da Infancia

O vindeiro luns, 20 de novembro, celébrase o Día dos Dereitos da Infancia.
Dende a Bibliosoños elaboramos unha páxina especial onde se poden atopar moitos recursos para aprender e tamén todas as actividades que facemos no noso colexio.

https://sites.google.com/site/traballardereitosnenos/

3/11/17

Para comezar a traballar os Dereitos da Infancia

Para ver mellor esta presentación tedes que agrandar o Genially na parte baixa do lado dereito, despois pasades o rato polos discos e clicades para ver e escoitar os vídeos.

31/10/17

Un día moi especial!

Que ben o pasamos hoxe celebrando o SAMAÍN!
Todos os nenos e nenas de Infantil, xunto coas nosas mestras, celebramos esta festa tan especial:
  • Disfrazámonos terrorificamente!

  • Escoitamos "CONTOS DE MEDO", contados polas mestras Cristina Freán e Rita Lamas
    • Que medo, Mamá Raquel!
    • Cocorico
    • ¡Te aseguro que los monstruos no existen!
  • Despois do recreo tivemos sesión de baile e xogos no ximnasio


30/10/17

Preparando o SAMAÍN


Na mañá do martes, 31 de outubro, todo o alumnado de Infantil  celebrará o Samaín con moitas actividades:
  • Sesión de photocall diante do castelo cos nosos disfraces terroríficos.
  • Na biblioteca haberá sesión de "contacontos de medo" a cargo das súas mestras.
  • Despois do recreo, no ximnasio, terán sesión de xogos e bailes.


25/10/17

Murais do outono

Xa  podemos ver os murais que fixeron os nenos e nenas de Infantil nas súas aulas e dirixidos polas súas mestras. Están expostos ao carón das aulas.


24/10/17

Celebración na Bibliosoños

O 24 de outubro é o Día da Biblioteca e no noso colexio todos os anos celebrámolo con moitas actividades. 
  • Todos os nenos e nenas de Infantil fixeron uns marcapáxinas tendo como tema o Proxecto Documental deste curso: Viveiro, o noso Concello.
    • 4º Infantil traballou o Souto da Retorta
    • 5º Infantil, o Avó do Souto da Retorta
    • 6º Infantil, fotogramas con debuxos sobre as cousas importantes en Viveiro
  •  Na Bibliosoños tiveron unha sesión de Apadriñamento Lector do alumnado de 4º curso recitando os poemas do libro Chafarís de Xoán Neira.
  • Rematamos a sesión cantando e vendo o vídeo especial do poema O rato de Biblioteca (Chafarís, Xoán Neira).

6/10/17

Canción para a Biblioteca

Este curso imos aprender unha nova canción para a BIBLIOSOÑOS, titúlase "O rato de biblioteca", é un poema do libro CHAFARÍS, de Xoán Neira.

4/10/17

Formación de Usuarios na Biblioteca Escolar

Hoxe tivemos unha sesión de formación de Usuarios da Biblioteca Escolar.
Aprendimos moitas cousas sobre os libros: como coidalos, como levalos ás nosas casas...
Todos os venres imos levar a nosa bolsiña laranxa cun libro para ler en familia.



25/9/17

Xa chegou o outono!

Coa chegada do outono imos aprender unhas cancións que nos falan desta fermosa estación e das castañas e  o magosto.

11/9/17

Benvidos a un novo curso!

Con moita alegría dámosvos a benvida e 
desexámosvos un feliz ano escolar!

Imos compartir días de xogos e aprendizaxes, vivencias simples e profundas, asambleas, merendas entre todos, acordos e desacordos, debates e diálogos, aprender a compartir...
Imos vivir unha etapa para construír, fantasear, imaxinar...

11/7/17

Información para as familias


As clases comezarán o luns, 11 de setembro.
O alumnado que vai para 5º e 6º de Infantil terán horario normal de 9:00 a 14:00 horas e servizo de comedor todos aqueles que o soliciten.
Información para as familias dos nenos e nenas de van cursar 4º de Infantil no curso 17-18:



19/6/17

"Graduación de 6º de Infantil"

A piques de rematar o curso, celebramos, coma sempre, a graduación dos "maiores" de Infantil. É un día moi emotivo no que todos/as que os acompañamos estes anos volvemos a vista atrás e os recordamos os primeiros días de cole e como foron medrando, aprendendo e facéndose grupo. Todo esto quedou reflexado no video que preparou a profe Marta e que vimos durante o acto , pero ainda había máis sorpresas, agradecementos e agasallos para todos/as que compartimos con eles/as estes anos, a presentación do video e posterior actuación, emulando a Magin Blanco co seu "Todos somos capitáns", unha fermosa sorpresa para a súa titora en forma de libriño, un canto de despedida...e por suposto, a entrega de diplomas e a orla. Aquí vos deixamos un resumo de todos eses momentos.



" A nosa exposición de Maruja Mallo"

Inauguramos esta exposición de lenzos coas reproducións de cadros de Maruja Mallo. Os nenos/as de 4º de Infantil fixemos varias mostras da serie de "Máscaras", os/as de 5º de Infantil da serie de "Naturezas Vivas" e os nenos/as de 6º elixiron as súas obras preferidas para representalas.
Esta inauguración está aberta aos pais/nais que queiran visitala no seguinte horario: martes e mércores de 9:10-9:30 e de 13:30-13:50. Agardamos que vos guste!!

15/6/17

O alumnado de 6º de Infantil recibiu un premio, NORABOA!

O alumnnado de 6º de Infantil coa súa titora, Maricarmen Lázaro e a alumna de 5º curso, Inés Cachón, acadaron o 1º e 3º premio respectivamente no
https://www.facebook.com/festadamerluzadeceleiro/Este concurso ten como obxectivo facer partícipes da Festa a toda a poboación infantil de Celeiro, do Concello de Viveiro, e por extensión de toda Galicia e España.
O noso centro sempre participa neste concurso acadando premios moi meritorios e así este ano hai que felicitar a todo o alumnado de 6º de Infantil e a súa mestra Maricarmen por ese 1º premio así como a Inés Cachón polo seu 3º premio.  

NORABOA POLO VOSO TRABALLO BEN FEITO!
ACTO DA ENTREGA DOS PREMIOS
O traballo ou cartel que presentou o alumnado de 6º curso está basado nunha foto antiga de Celeiro onde se pode observar as casas, a praia, os barcos... e como primeiro plano ás mulleres coas cestas na cabeza cargando o peixe que pescaron os homes no mar. 
É unha homenaxe ao importante rol da muller no mundo do mar.


Cartel de Inés Cachón Oulego, alumna de 5º de Primaria e que levou o 3º Premio do V Concurso Infantil de debuxo festa da merluza do pincho de Celeiro.

9/6/17

"O tren das estacións"

Adiantámonos un pouquiño ao verán para poder rematar o noso tren das estacións que fixemos coa profe Inés. Ela ensinounos esta canción que agora vos mostramos.

7/6/17

"Actividades con ASPANANE"

A semana pasada tivemos unhas visitas moi especiais; Sara, Oliva, Mº José e Cora estiveron no noso centro, acompañados dos seus monitores Isabel e Marcos, realizando distintas actividades.
Explicáronnos as dificultades que podían atopar persoas con discapacidade  sensorial, intelectual ou motórica, así como as axudas que poden precisar para unha mellor comunicación, independencia...etc
Pero o máis importante foi que nos ensinaron  que todos temos dificultades en certas cousas pero iso non supón que non podamos disfrutar co que máis nos gusta. Moitas grazas pola vosa visita e agardamos vervos de novo polo cole compartindo máis momentos con nós.



29/5/17

Libriño de 6º Infantil

Os nenos e nenas de 6º de Infantil remataron xa o libriño sobre o estudo dos animais, das plantas e o coidado do noso medio ambiente aprendendo a reciclar.

Nesta ocasión ensinamos o libriño de Iago Fernández Cociña



24/5/17

"Excursión á praia"

Hoxe foi un día especial, as profes Marta, Mari, Ana, Cris, Bibi e tamén a coidadora Esther acompañamos os nenos/as de infantil nunha das súas primeiras xornadas de praia de este ano. Estivemos tan entretidos ca area, castelos, cunchas, colas de serea e de crocodilo ... que case nos esquecemos de merendar!Eso sí, cando nos demos conta, o silencio asolagou á praia de Vicedo: que fame tiñamos!!
Pois iso, que imos pechando este curso cheo de descubrimentos e emocións e que xa ule a verán...




19/5/17

"A palabra ten vida"

Este é o título dunha fermosa canción de Brinca Vai que recolle os nomes de grandes autores da literatura galega, por elo pareceunos moi apropiada para empregala neste vídeo homenaxe a nosa lingua.
Dende o Departamento de Normalización Lingüística propúxose esta actividade na que recompilamos palabras do noso idioma que pola súa sonoridade, o seu significado ou calquer outro  motivo nos gustan especialmente.
Aquí vos mostramos os traballos que fixestedes cos vosos nenos/as. Moitas grazas pola vosa colaboración.



"Letras galegas e festa do maio"

Esta semana ainda que moi moi curta estivo chea de fesa, actividades e visitas.
Onte celebramos o "día grande" con gaiteiros e pandereteiras, dende aquí lles damos as grazas polo seu agarimo, o seu tempo e a súa música, claro. 
Disfrutamos da obra de teatro " A galiña azul " dos nenos e nenas de 6º, na que participaron tamén os nenos/as de 6º de infantil.
Hoxe recibimos a visita da fundación A Banca na que nos agasallaron cunha lectura da obra " A galiña azul" que nos encantou, moitas grazas polo voso tempo e adicación.
Neste video resumimos estes acontecementos.

10/5/17

Mes das Letras Galegas

Nas aulas de Infantil estamos a traballar sobre as Letras Galegas e en especial sobre o autor homenaxeado deste ano: CARLOS CASARES.
Os nenos e nenas de 6º de Infantil acaban de rematar o Libriño adicado ao escritor. Nesta ocasión poñemos o de Eva Alonso.


Tamén fixeron un marcapáxinas; podemos ver o de Raquel Fernández




Tamén deixamos o enlace á páxina especial de CARLOS CASARES, onde podemos atopar moita información e tamén imos a recoller todas as actividades que imos a facer.
CLICA NA IMAXE
https://sites.google.com/site/carloscasares2017letrasgalegas/as-nosas-actividades


"Correlingua 2017"

O martes dia 9 de maio os nenos e nenas de infantil fumos en autobus á praza maior para participar na festa do correlingua. Pasámolo xenial no concerto de Cé orquestra pantasma. Aquí vos deixamos algunhas fotos dese día.



2/5/17

Pirámide da alimentación

Os nenos e nenas de 6º de Infantil están estudando os alimentos e por iso fixeron a pirámide da alimentación que podedes ver na fotografía seguinte:
Tamén vos deixamos un pequenos vídeo para aprender un pouco máis:


7/4/17

"A nosa serea de primavera"

Os nenos/as de 4º de infantil seguimos inspirándonos na obra de Maruja Mallo.Este cadro encantounos e decidimos que podíamos reproducilo para o noso mural de primavera, como veredes empregamos distintas técnicas e traballamos un montón. Así foi todo o proceso.




" A primavera"

Xa chegou a primavera e as flores, paxaros e insectos invadiron os nosos corredores, fiestras, portas, etc...ademáis, engadimos o vagón correspondente ao noso tren das estacións.



1/4/17

Mural "Autorretratos"


Os nenos/as de 4º de Infantil quixemos homenaxear a Maruja Mallo. Pintamos os nosos "autorretratos surrealistas", aproveitando para practicar  o aprendido sobre as partes da cara, pero sen ningunha norma ou indicación respecto da cor, do material ou da forma.Este foi o resultado, agardamos que vos guste.


28/3/17

"Unha clase de pintura máxica"

O venres 24 tivemos unha clase de pintura moi especial. A mestra de pintura de actividades extraescolares, Oliva, prestouse xenerosamente a explicarnos algunhas cousas sobre as cores, mesturas, debuxar caras...
Trouxo unha estupenda axudante, Paula, e entre as dúas encheron a sesión de maxia.
Fixeron maxia cas cores, para descubir as cores secundarias, contáronnos un conto moi fermoso e orixinal, no que poidemos participar cas variñas que nos tiñan preparadas e pintamos un montón, mesturando as cores como nos ensinaron. 
Disfrutamos moitísimo, como podedes ver. Ó final tentamos facerlle unha pequena entrevista para saber máis cousas sobre ela e sobre pintura, claro. 
Non nos cansamos de darlles as grazas as dúas polo seu tempo e sobre todo pola ilusión coa que prepararon e desenvolveron esta experiencia. Creo que a máis dun e dunha nos deron todavía máis ganas de seguir investigando e disfrutando ca pintura.




23/3/17

Os medios de transporte

Os alumnos de Educación Infantil deben de coñecer a importancia que os medios de transporte teñen na nosa vida diaria. A través deles as persoas podemos realizar desprazamentos entre dous lugares, aínda que estean afastados ou transportar mercadorías.
Os nenos e nenas de 6º de Infantil estudaron "Os medios de transporte" a través do seguinte  libriño, nesta ocasión expoñemos o de Carmen Vilar.




8/3/17

"Mural de Sorolla de 6º de Infantil"

Os nenos e nenas de 6º de Educación Infantil estivemos traballando o Impresionismo, informámonos dos pintores da época e gustounos moito  Joaquín Sorolla, dentro da etapa do posimpresionismo.
A partir dese momento decidimos elaborar un mural co seu aotorretrato e un dos seus cadros máis famosos.
O autorretrato foi  pintado en 1909, cos atributos do pintor: paleta, pinceis e  lenzo. O noso cadro pintámolo con témperas de cores e resultou moi difícil facelo, porque a barba, os ollos e os beizos son detalles moi complicados.
O outro cadro é un dos máis famosos deste autor, chámase: “Paseo a orillas del mar ou Paseo por la playa” e tamén foi pintado en 1909, aparecen representadas a súa muller Clotilde e a súa filla María, paseando pola  praia de Valencia á tardiña.
Nós pintámolo con ceras e cada un tivo una interpretación moi persoal do cadro. De fondo para as nosas obras pintamos una paleta xigante con témperas.




7/3/17

" Día internacional da muller"

O día 8 de marzo é o día internacional da muller que este ano adicamos  a Maruja Mallo. O que tamén nos serve como punto de partida para comezar o noso proxecto sobre ela.
Neste video podedes ver os nosos marcapáxinas, a decoración da nosa porta de entrada  e o mural que elaboraron os nenos/as de 5º de infantil sobre a vida e obra de Maruja Mallo.
Adxuntamos tamén un fermoso video do IES Elviña ca música de Ses moi apropiado para visionar este día.





Libriño de 5º Infantil

O alumnado de 5º de Infantil acaba de rematar o seu traballo informativo sobre a vida e a obra de Vicent Van Gogh




3/3/17

"O noso mural sobre impresionismo"

Este curso, como xa sabedes, estivemos a traballar o impresionismo como movemento pictórico. No ciclo de infantil fixemos un mural que supón un pequeno percorrido polas características, obras e autores máis relevantes. Así, cada clase tratou de facer unha ou dúas reproducións dalgúns cadros emblemáticos como "La urraca" de Monet ou "La habitación" de Van Gogh.
Aquí vos deixamos unha mostra do noso mural, así como, as explicacións dos seus autores e autoras.




2/3/17

Traballo sobre o Entroido

Os nenos e nenas de 6º de Infantil fixeron un traballo de investigación sobre O ENTROIDO. 
Na seguinte imaxe podemos ver o de MATEO
.

24/2/17

" A entroidar !! "


Que ben o pasamos hoxe! Xogamos, bailamos, cantamos, desfilamos, comemos...Viva o entroido!!

23/2/17

"Tempo de entroido"

Esta foi unha semana moi completa e divertida: decoramos o cole, fixemos antifaces e carautas, disfrazámonos seguindo as ordes do Meco e ademáis tivemos a sorte de contar coa actuación do grupo  Eu son, que nos contaxiou a súa enerxía e ilusión. Moitísimas grazas por compartir con nós a vosa música, pasámolo xenial e desexamos que volvades pronto.






21/2/17

Traballo dos nenos e nenas de 6º de Infantil

Os nenos e nenas de 6º de Infantil acaban de rematar o seu "Libriño do inverno".
Nesta ocasión poñemos o realizado por Raúl



18/2/17

"Zeralda e o dragón"

Este é o video que fixemos para participar na actividade proposta polo IES da Poba do Caramiñal: " 21 días co galego ", adicada este ano a Agustín Fernández Paz.
Como xa sabedes, eliximos a obra "Zeralda e o dragón" e este foi o resultado.





"Rosalías pequeniñas"

Onte foi un día cheo de momentos emocionantes, que moitos de vós puidestedes compartir con nós.
Aquí vos deixamos unha mostra dalgúns deles, neste caso protagonizados polas nosas " Rosalías pequeniñas".




10/2/17

Aprendemos cantando!


Unha clase moi divertida! 
Aprendemos a vestirnos e os nomes das prendas de vestir, en inglés, 
cunha bonita canción que nos ensinou a nosa profesora Rosa.

 The song is from OUP: Three in a tree
 

6/2/17

Inverno

Os nenos e nenas de 5º de Infantil estamos a traballar o inverno con poemas adiviñas, refráns e un libriño referente a esta estación.
Tamén decoramos as ventás da aula e a nosa árbore cuns pingüíns moi simpáticos.

Aquí o deixamos.

3/2/17

Libriño do Corpo Humano

Os nenos e nenas de 6º de Infantil están estudando o Corpo Humano e fixeron un libriño que podemos ver na seguinte presentación:



Tamén vos deixamos este pequeno vídeo para aprender un pouquiño máis


2/2/17

Mural "La noche estrellada" de 5º de infantil

Os nenos e nenas da clase de 5º de infantil estamos traballando a obra dun recoñecido pintor do impresionimo, Van Gogh;  por iso comezamos a falar na asamblea da súa vida, tamén dos seus cadros máis representativos entre os que se atopa este.
Acordamos entón facer un mural reproducindo esta obra con distintas texturas e materiais, para o que seguimos estes pasos:
- Elaboramos as casas do pobo con cartón e  pintámolas con rotuladores de cores frías.
- Pegamos papel pinocho de cor negro para representar o ciprés, démoslle unhas pinceladas de amarelo para axustarnos máis ao cadro.
- Empregamos tamén as témperas para facer os distintos tipos de trazos que corresponden  co fondo da composición.
- Pedimos a colaboración  dos nosos veciños de corredor, os nenos e nenas da clase de 4º de infantil, para que  nos axudaran a cortar diferentes tipos de papeis (celofán, seda, pinocho, metalizado...) en diferentes tons de azul e  a pegalos para deseñar o ceo.
- Os nenos/as de 4º de infantil tamén pintaron os astros da nosa obra mesturando a témpera no propio papel tratando de imitar o estilo da obra.
Non quixemos rematar o noso mural sen enmarcalo dunha forma axeitada, así que pintamos un gran marco de cartón mesturando as cores laranxa e marrón, para unha vez secas engadirlle trazos de ocre.
Engadimos tamén unha reprodución do cadro " Autorretrato" de Van Gogh, feita primero a lapis por Celia ( con algo de axuda da profe) e pintada por todos nós.  Empregamos, esta vez, a pintura ao óleo como técnica.



31/1/17

"Mural de sombras de 5º de infantil"

Os nenos e nenas de 5º de infantil quixeron facer algo diferente aos murais que nos tiñan acostumados, así que nos sorprenderon cun “mural de sombras” .
A idea tamén xurdiu dadas as dificultades atopadas no recortado, esta foi unha maneira de practicar coas tesoiras e, dado que  ía estar exposto, esforzáronse moito por obter uns bos resultados.
Aquí tedes o seu traballo, podedes observar unha paisaxe nocturna cos nenos e nenas da clase  de 4 anos divertíndose  en plena noite.

Esperemos que vos guste.


" Luvas de cores"

O luns día 30 de xaneiro celebramos o día escolar da non violencia e da paz cun fermoso festival no ximnasio.  Neste pequeno video podedes ver como preparamos e disfrutamos este día os nenos/as de infantil.


25/1/17

Mural do inverno de 4º de infantil

Os nenos e nenas de 4º de infantil fixemos un novo mural, neste caso do inverno  e nesta ocasión traballamos cunha nova técnica, o óleo. Disfrutamos moito mesturando as cores na paleta e no papel, creando así novas tonalidades. Eliximos cada un a nosa casa e demoslle un toque nevado (tamén á clase, ó corredor,as nosas roupas...) Agardamos que vos guste o resultado, nós coma sempre estamos moi satisfeitos. Aquí tedes unha pequena mostra da súa elaboración.



Letras pola PAZ

Os nenos e nenas de 6º de Infantil fixeron un traballo moi especial:
  • Con ceras de moitas cores que pegaron formando a letra inicial do seu nome.
  • Ademais escribiron unha palabra con esa inicial asociada á PAZ.
  • A continuación podemos ver o vídeo de todo o proceso

11/1/17

As nosas cancións para o día da Paz

Coa chegada do novo ano comezamos no mes de xaneiro a preparar as cancións que cantaremos o Día da Paz, (luns, 30 de xaneiro). Podemos atopalas na seguinte páxina, clica na imaxe.

https://sites.google.com/site/recursosparaodiadapaz/cancions-para-a-paz-no-colexio/as-nosas-cancions-para-a-paz-2017