22/12/20

O NADAL 2020

No seguinte vídeo podemos ver a posta en escea do alumnado de 6º de Infantil do conto "Cando Martiño tivo ganas de mexar na noite de Reis"


Todo o alumnado de 4º, 5º e 6º de Infantil tamén prepararon a panxoliña "I´m Father Christmas"


Na seguinte presentación podemos ver todo o que fixemos neste NADAL 2020

3/12/20

Día Internacional das Persoas con Discapacidade

 

 As nenas e nenos de 6º de E.I. conmemoraron este día.

O 3 de decembro é o Día Internacional das Persoas con Discapacidade. Este ano, a OMS únese aos seus asociados baixo o lema «Un día para todos», co cal se quere reflectir a crecente aceptación de que a discapacidade forma parte da condición humana. Case todos nós experimentaremos unha discapacidade temporal ou permanente nalgún momento das nosas vidas.

Para recordar este día fixemos un "vídeo-postal" do NADAL con pictogramas e presentamos o conto "O cazo de Lorenzo".

 

 

VER NESTE BLOG MÁIS ENTRADAS SOBRE BIBLIOTECA INCLUSIVA  

PREME NA IMAXE PARA ENTRAR NA PÁXINA DE RECURSOS





1/12/20

Últimos traballos no horto

Aproveitando que estivo bo tempo estivemos traballando moito. Neste video podedes ver un pouquiño das últimas tarefas cas que estivemos ocupados.

Os nenos e nenas de 4º de Infantil estiveron preparando os semilleiros de remolacha. Os de 5º estivemos reforzando o crecemento das nosas plantas de brecol e leituga cun pouco de substrato ecolóxico. Os de 6º de Infantil limparon de malas herbas o bancal das leitugas.

Avanzamos tamén neste video os primeiros traballos de limpeza que fixeron os nenos e nenas de 5º de Primaria, no bancal onde agora xa teñen plantados os seus repolos.