20/12/13

Festival de Nadal e chegada de Papá Noel

Hoxe foi un día estupendo!

Cantamos no Festival de Nadal a canción "TAN, TAN": despois visitounos Papá Noel e deixounos regalos nas aulas; por último, despois do recreo, tivemos sesión de cine na BIBLIOSOÑOS...

Pasámolo moi ben!!!


17/12/13

Acto de Nadal na Casa do Forno

O luns, 16 de decembro, celebramos o Acto de Nadal coma todos os anos.
A ANPA do colexio fixo a entrega dos premios de Postais e Poesías do Nadal. Os premiados foron os seguintes:
4º Infantil, Nicholas Gibson Tostón.
5º Infantil, Noa Fernández Abad.
6º Infantil, Mar Vale López.
1º Primaria, Martina Gil Alfaro.
2º Primaria, Luis Fernández Lázaro.
3º Primaria, Nerea Salgueiro Rapa.
4º Primaria, Miriam Orbe Díaz (Postal) e Alba Rouco Iglesias (Poesía).
5º Primaria, Álvaro Fernández Lázaro (Postal) e Lia Sui Balseiro Otero (Poesía).
6º Primaria, Icía Míguez  Infante (Postal) e Iria Basanta Abella (Poesía).

Noraboa a todos os participante e en especial aos gañadores. O esforzo sempre ten recompensa!

No acto tamén actuou o Coro do Colexio.
No seguinte vídeo podemos ver unha reportaxe fotográfica.

Ambientamos o Nadal

 No noso colexio as clases e corredores van transformándose cos traballos do Nadal.


16/12/13

Cumpleanos do 1º trimestre

No noso  colexio celebramos os cumpleanos dos nenos e nenas de Infantil cunha festa conxunta por cursos.
Na festa do venres, 13 de decembro, soplaron as velas os nenos e nenas que cumpliron os anos durante os meses de setembro, outubro, novembro e decembro das clases de 4º e 6º de Infantil. En 5º de Infantil non houbo ningún neno ou nena que cumplira os 4 anos neses meses.

11/12/13

Postais para o Nadal

Os nenos e nenas de Infantil xa fixemos as nosas postais de Nadal e para que todos e todas as poidamos ver e disfrutar están expostas ao longo das escaleiras do edificio principal.


10/12/13

Traballos en familia

Os alumnos e alumnas de Infantil decoraron "Botas de Nadal" xunto coas súas familias.
No colexio fixemos unha  exposición con todas elas, quedou ben bonita!


Pautas para fomentar a lectura

Ler un conto aos nenos e nenas cada día ou regalarlles un libro nas ocasións especiais son algúns dos primeiros pasos que os pais poden dar para inculcar nos seus fillos pequenos o amor e o gusto pola lectura. Esta actividade estimularaos e axudaralles a desenvolver as súas competencias lingüísticas, pero tamén lles servirá de fonte para adquirir novos coñecementos e como ferramenta para progresar en todas as súas aprendizaxes.

Na seguinte presentación podemos ler sete pautas para fomentar a lectura.

28/11/13

O Nadal xa se acerca!

Os nenos e nenas de Infantil este Nadal imos aprender esta bonita Panxoliña que nos fala dos reis magos, da estrela de oriente e dos camelos.
MÁIS PANXOLIÑAS E OUTROS CANTOS DE NADAL NESTE ENLACE


26/11/13

Froitas do outono


Estamos a traballar os froitos e froitas do outono. 
Hoxe na clase tocounos probar a chirimolla


21/11/13

Actividade na Bibliosoños

O 20 de novembro celebramos o día dos Dereitos da Infancia, por iso todos os nenos e nenas de Infantil e 1º ciclo fumos á Bibliosoños  e alí fixemos moitas actividades sobre os nosos dereitos, pero tamén falamos dos nosos deberes e aprendimos que moitos nenos e nenas do mundo carecen destes dereitos debido á pobreza e falta de recursos.
 Pensamos moitos na palabra solidariedade!
Temos que axudar e colaborar para que todos os nenos e nenas sexamos iguais.

13/11/13

Para celebrar o Día dos Dereitos da Infancia

O vindeiro mércores, 20 de novembro, é o Día dos Dereitos dos Nenos e Nenas.
Para celebrar este día estamos aprendendo a "CANCIÓN DE LOS DERECHOS", que atopamos no canal Enrédate con UNICEF.
Ademáis de aprendela na escola tamén podedes practicala nas vosas casas.

5/11/13

Murais do proxecto EXIPTO

Os alumnos de Infantil tamén traballan no proxecto "O ANTIGO EXIPTO".
Para ambientar os corredores están elaborando máis murais con pirámides, o deserto...deuses e deusas...
Na seguinte presentación podemos ver os traballos de 4º, 5º e 6º de Infantil.

No outono

No tempo do outono os nenos e nenas de Infantil, xunto coas súas profesoras, fan uns murais ben bonitos.
Na seguinte presentación pódense ver os traballos.

28/10/13

Os Marcapáxinas de Infantil

Con motivo da celebración do Día da Biblioteca Escolar, elaboramos uns marcapáxinas moi especiais e logo fixemos unha exposición que se pode ver na subida e baixada das escaleiras.


18/10/13

Libros que van e veñen

Na semana do 21 ao 25 de outubro, levaremos a cabo moitas actividades na  BIBLIOSOÑOS, con motivo da celebración do Día das Bibliotecas Escolares (24 de outubro). Unha delas é a entrega das bolsiñas para levar o libro á casa.



As nenas e os nenos de infantil van encher rúas e corredoiras de cores vivas, as destas pequenas mochilas para gardar o libro que escollen na biblioteca escolar para ler na casa, e cos da casa. "Libros que van e veñen" é unha iniciativa encadrada no programa "Hora de Ler" para o fomento da lectura,  que busca apoiar ao profesorado no seu labor de implicación das familias nas actividades da biblioteca, e no empeño por conseguir que as nenas e os nenos desenvolvan hábitos de lectura.
Destinado ás familias, edítase un tríptico con orientacións e posibilidades de colaboración na casa e na escola, a través das actividades deseñadas pola biblioteca escolar.

1/10/13

As cancións que estamos a aprender

Durante os primeiros meses do outono imos aprender cancións relacionadas con esta estación


Tamén aprenderemos outras sobre o Proxecto: O Antigo Exipto

25/9/13

Xa estamos en 6º de Infantil

Os nenos e nenas de 6º de Infantil temos unha aula nova xunto aos nosos compañeiros de Primaria. É moito máis grande!, con moitos xogos, libros, ordenador...
A nosa profesora Cristina está na casa coidando do seu bebé Antón, por eso, Maricarmen vai ser a nosa profesora durante uns meses.
Estamos moi contentos de volver a estar todos xuntos!

9/9/13

Período de adaptación para 4º de Infantil

CURSO 2013/2014
ABRANGUERÁ DENDE O MÉRCORES 11 AO MARTES 24 DE SETEMBRO ÁMBOLOS DOUS INCLUSIVE.
1º GRUPO: Amalia, Mateo, Antonela, Nicholas, Johana, Celia, Clara.
2º GRUPO: Samaria, Antonio, Laura, Lola, Cindy, David.
3º GRUPO: Nerea, Paula, Kevin, Ana, Claudia, Brais.
DO 11 AO 18 DE SETEMBRO
De 9:15h a 10:15h- 1º GRUPO
De 10:30h a 11:30h- 2º GRUPO
De 12:15h a 13:15h- 3º GRUPO
19 E 20 DE SETEMBRO
1ª QUENDA: DE 9:30h A 11h: Amalia, Mateo, Antonela, Samaria, Johana, Celia, Clara, Nicholas, Antonio.
2ª QUENDA: DE 12h A 13:30h: Laura, Lola, Cindy, David, Nerea, Paula, Kevin, Ana, Claudia, Brais.
23 E 24 DE SETEMBRO
DE 10:00h a 13:00H TODOS E TODAS.
A PARTIRES DO 25 DE SETEMBRO O HORARIO SERÁ DE 9:00h A 14:00h.

3/9/13

Convocatoria de reunión

O xoves, 5 de setembro, ás 9:30 horas, no Salón de Actos do colexio, haberá unha reunión cos pais/nais dos alumnos e alumnas que este curso comezan en 4º de Infantil (3 anos).
Dada a importancia da mesma é necesario asistir.

20/6/13

Graduación dos alumnos de 6º de Infantil

Hoxe foi un día moi emocionante!.
Xuntámonos todos os alumnos e alumnas de Infantil para a graduación dos compañeiros do último curso. Estaban moi nerviosos e a súa profesora moi emocionada, polo gran evento.
Ademáis foi a estrea do "vídeo especial", preparado pola profesora Angélica, onde se recollen as vivencias destes tres últimos anos da promoción 2010-2013.
Nos seguintes vídeos podemos ver o acto da graduación e o vídeo especial.

13/6/13

Aniversarios do trimestre

O xoves, 13 de xuño, celebramos os aniversarios do trimestre.
Os nen@s que cumpren neste trimestre son:
  • 4º Infantil: Alison, Nicolás B., Nicolás E., Nicolás F., Patricia, Hugo e Aurora.
  • 5º Infantil: Daniel G., Daniel L., David e Mar.
  • 6º Infantil: Brais, Bryan, Anxo, Ana, Alegría, Alonso e Iago.
Os pais e nais dos nen@s que cumpren anos en cada un dos cursos deberán poiñerse dacordo para traer a merenda, a bebida, os vasos e pratos de plástico e unha tarta por clase coas velas correspondentes. Ese día os nen@s non necesitarán traer merenda.

12/6/13

Peixiños globo de 4º de Infantil

Os alumnos e alumnas de 4º de Infantil fixeron "Peixes globo" que despois levaron para xogar nas súas casas.
Lucas, Ángel e Sara, despois do comedor, xogaron con eles moi contentos!

7/6/13

Un libro moi fermoso!

A profesora Rebeca fixo este fermoso libro que nos gusta ler e  ler moitas veces.



6/6/13

Que ben o pasamos!

O mércores, 5 de xuño, Día Mundial do Medioambiente, fixemos a excursión de fin de curso todos os nenos e nenas de Infantil. Pasámolo moi ben e aprendimos moitas cousas!

4/6/13

Imos de excursión



O mércores 5 de xuño os/as nenos/as de Educación Infantil  imos de excursión de fin de curso a San Cibrao en tren. Visitaremos o Museo do mar, xogaremos no parque e na praia e comeremos na Atalaia.
- O custo da excursión é de 5 euros (billete de ida e volta en tren máis o xeado que lles mercaremos despois de comer). Entregaredes os cartos á titora dos vosos/as fillos/as antes do martes día 4 de xuño.
- O día da excursión levaredes os/as nenos/as directamente  á estación de tren de Verxeles ás 9:45, voltaremos á estación de tren ás 15:40 onde estaredes esperando ós nenos/as.
- Os/As  nenos/as deberán levar roupa e calzado cómodo (chandal e tenis ou similar) e unha gorra para sol, levarán tamén unha mochila cunha botella de auga e un ou dous bocadillos pequenos, non lles fai falla postre porque despois de comer mercaremos un xeado. Recordade botarlles crema solar.
- As profesoras que os acompañarán serán:
Marta Pérez Lage, Angélica Novo Reges, Mª del Carmen Lázaro Quevedo, María Rivadeneira Cordido e Marta Vilasuso Villar.

31/5/13

Traballamos no Horto Escolar

No mes de maio tócanos plantar!


29/5/13

Celebramos a Festa dos Maios e Letras Galegas

O xoves, 16 de maio celebramos no colexio os Maios e Letras Galegas coas actividades que xa temos comentado:
  • Actuación dos mariñeiros cantando cancións populares
  • Actuación do novo coro de Celeiro, dirixido por Daniel Caxete
  • Actuación do coro do Colexio estreando a canción "Amar o mar"






14/5/13

Murais de Infantil no 3º trimestre

Os nenos e nenas de infantil, xunto coas súas profesoras Angélica, Cristina, Ana e Maricarmen, estiveron moi ocupados facendo os murais sobre os peixes:
  • 4º Infantil: o polbo
  • 5º Infantil: o mexillón
  • 6º Infantil: a reprodución dos peixes.
Están no corredor das aulas de infantil para que os poidamos ver todos os nenos e nenas do colexio.



7/5/13

Libro Viaxeiro de 4º de infantil

Xa está rematado o Libro Viaxeiro de 4º de Infantil. Quedou moi ben, canto traballaron!


23/4/13

Celebramos o DÍA DO LIBRO



Na BIBLIOSOÑOS fixemos unhas sesións de Formación de Usuarios por ciclos. Dentro do blog hai unha páxina especial na que podemos atopar moita información sobre o Día do Libro, de Miguel de Cervantes, vídeos, xogos...

18/4/13

Estamos estudando os peixes

Dentro do Proxecto Integrado de Dinamizacións que estamos traballando durante todo este curso, estamos estudando os peixes e no seguinte vídeo podemos ver como aprendimos as diferentes partes dun peixe, por fora e por dentro.

17/4/13

Visita ao helicóptero PESCA II



Dentro das actividades programadas para o proxecto O MAR, realizamos unha visita ás instalacións  GARDACOSTAS DE GALICIA e ao helicóptero PESCA II, pertencente á Consellería do Medio Rural e do Mar.
O martes, 16 de abril foron os alumnos de Infantil, xunto coas súas profesoras.
Fomos recibidos polo piloto Juan Antonio, o copiloto Juanjo, o rescatador Aitor e o operador de grúa Ramón.
Foron moi amables e atentos explicándonos os diferentes utensilios aparellos que utilizan para poder levar a cabo unha labor tan importante como é a de salvar vidas no mar.

Dámoslles a grazas polo seu traballo e pola súa atención con todo o colexio.

12/4/13

Traballos para ambientar a primavera

Coma cada primavera os alumnos e alumnas de infantil, xunto coas suas profesores Angélica, Cristina, Ana e Maricarmen, poñen mans á obra e agasállannos con fermosos murais onde as bolboretas, vermes, abellas, paxaros e todo tipo de flores lucen as súas mellores cores.

5/4/13

Comezamos o 3º trimestre

Para comezar este último trimestre do curso ambientamos os corredores con murais sobre o MAR.

3/4/13

As nosas actividades no día da árbore e da auga

O venres, 22 de marzo, celebramos a chegada da primavera, o día da árbore e o día da auga con moitas actividades, no seguinte enlace podemos ver varios vídeos:



27/3/13

Rematamos o 2º trimestre

Xa remata o 2º trimestre e todos os traballos e fichas que fixemos levarémolos para a casa nestas fermosas "bolsiñas especiais".

21/3/13

Na clase de 6º de Infantil

Hoxe Candela Villarmea trouxo á clase un libro moi especial  

"El castillo de la Sinera"
Sinopsis
As espumosas olas do océano ocultan o marabilloso Castelo da Sirena... Coñece aos amigos da Princesa das Sirenas, xoga cos delfíns e os caballiños de mar e intenta atopar ao tímido cangrexo ermitaño. Bota unha ollada ao magnífico vestidor da princesa e encabeza a procura do tesouro ata dar coas pedras preciosas que perdeu a pulseira da Princesa. Onde estarán? Entre os pequenos guijarros, entre as centelleantes conchiñas ou entre os resplandecientes cardúmenes? ¡Desata as cintas e emprende unha máxica aventura submarina! Un libro incrible con puzzles e sobres.
Ensinóunolo e explicou o seu contido. É un gran libro que nos gustou moito a todos.


13/3/13

5º Infantil

Os alumnos e alumnas de 5º de Infantil xa remataron o seu Libro Viaxeiro.
Na seguinte presentación podemos ver o seu contido.



11/3/13

No Parque de Bombeiros

O venres, 8 de marzo, os Bombeiros celebraron o seu patrón (San Juan de Dios) con unha exhibición en Celeiro. O alumnos de 6º de Infantil tamén participamos:

22/2/13

Conto viaxeiro

Puxemos en marcha o "Conto Viaxeiro", pronto chegará ás vosas casas para que continuedes o conto coas vosas aventuras.
As instruccións están dentro do libro. 



19/2/13

Día de Rosalía de Castro

Presentación para traballar o día de Rosalía de Castro (24 de febreiro).

Máis información na seguinte PÁXINA 

30/1/13

Mural do inverno

Os nenos e nenas de 6º de infantil fixeron un mural sobre o inverno.
Cae a neve, 
                 vai moito frío,
                                      vestimos prendas 
                                                           de moito abrigo.

24/1/13

Xogamos "AO CIRCO"

No mes de decembro tivemos unhas clases de psicomotricidade moi divertidas coa profesora Eva.


22/1/13

Atopamos o mapa do tesouro

Os alumnos e alumnas de Infantil atoparon o 
"MAPA DO TESOURO" 
do 
PIRATA PATA de PAO
 e queren compartilocon todos nós.

 

Na clase de música


Os nenos e nenas de  Infantil na clase de música practican cos instrumentos de percusión:
familia da madeira
familia do metal


21/1/13

Preparando o Día da PAZ

Os alumnos e alumnas de Infantil xa están a preparar os murais e traballos sobre A PAZ 

16/1/13

Aprendemos sobre a Reciclaxe

Os alumnos e alumnas de 4º de Infantil aprendemos a "Reciclar" o papel e os plásticos. Temos un tren moi especial con tres vagóns:
  • no de cor verde metemos restos orgánicos,
  • no azul o papel que xa non serve para utilizar
  • no de cor amarelo todos os plásticos.
E moi divertido o noso tren da Reciclaxe!
 

.