16/12/14

Podemos ver o BLOG DO NADAL do colexio

Todos os traballos e actividades que estamos a facer neste NADAL podemos atopalos
no BLOG DO NADAL

http://nadal09-10.blogspot.com.es/ 



12/12/14

Presentamos un vídeo moi especial

Todos os nosos traballos para ambientar o NADAL están neste pequeno vídeo resumen 

11/12/14

Traballando para o NADAL

Os nenos e nena de Infantil, xunto coas súas profesoras Maricarmen, Inés, Ana, Cristina e Elisa, están traballando para ambientar e decorar as aulas e corredores do colexio con elementos propios do NADAL.
  • Decoración das portas das aulas, postais, carpeta para levar os traballos ás casas, Belén...

10/12/14

Traballos en familia

Os nenos e nenas de Infantil levaron para as súas casas unha folliña de acivro para decorala xunto coas súas familias. 
Este traballo, despois de expoñelo no Centro, enviaremolo a MENIÑOS, coma en anos anteriores.
Son traballos ben bonitos!!!

Fundación Meniños é unha entidade de acción social sen ánimo de lucro especializada no ámbito da infancia e a adolescencia, cun traballo orientado a garantir o dereito a vivir en familia.

9/12/14

Preparando as actividades para o Festival de Nadal

Como todos os anos, o último día do cole deste trimestre (venres, 19 de decembro), faremos un festival no que imos participar todos os cursos.
Os nenos e nenas de 6º Infantil fan facer unha dramatización que rematará cantando  todos xuntos a panxoliña: TAN TARAN TAN.



2/12/14

Máis traballos de ambientación

Xa rematamos o "Libro dos alimentos" que preparamos entre todas as clases, no que se recolle moita información sobre froitos propios do outono.
Tamén podemos ver nos corredores da parte infantil e na entrada de primaria a Pirámide e Roda dos alimentos.


25/11/14

Libriño "OS ALIMENTOS"

Na aula de 6º de Infantil seguimos a traballar no proxecto ALIMÉNTATE BEN e acabamos o libriño

 "OS ALIMENTOS".
Na seguinte presentación podemos ser un exemplo:

24/11/14

Comezamos a preparar a Panxoliña deste Nadal

Dentro de  poucas semanas xa entramos nas festas do Nadal.
Para ir preparando as Panxoliñas deste ano imos recuperar TAN TARAN TAN,  
que cantou o Coro do colexio no ano 1998.
Imoslle cambiar un pouquiño a letra. 

20/11/14

Celebración do día dos Dereitos da Infancia

Hoxe foi un día moi especial pois na BIBLIOSOÑOS celebramos o 


Fixemos varias actividades nas que participaron os alumnos e alumnas de Infantil e
1º, 2º e 3º de Primaria, en varias sesións ao longo da mañá.
  • Presentación dos DEREITOS  e DEBERES, a cargo dos alumnos e alumnas de 6º de Infantil.
  • Presentación do Vídeo especial: TODO NATURAL.
  • Cantamos e bailamos.
No seguinte vídeo podemos ver o resumo destas actividades 

17/11/14

Información sobre Dereitos da Infancia

Para seguir e buscar información sobre os Dereitos dos Nenos e Nenas temos o blog:


no blog temos a páxina de recursos para buscar información

Recursos para traballar os 

DEREITOS DOS NEN@S



13/11/14

Comezamos a traballar sobre os DEREITOS DOS NEN@S

Os alumnos e alumnas de 6º de Infantil, xunto coa súa profesora Ana, prepararon un libriño onde nos amosan os dereitos e deberes principais que teñen todos os nenos e nenas do mundo.

10/11/14

Cantamos e bailamos

No outono aprendemos moitas cancións que fan referencia ás castañas, ao magosto, aos castiñeiros...
 No seguinte vídeo podemos ver aos nenos e nenas de 6º de infantil cantando a canción 
"A CASTAÑA NO OURIZO""
Para escoitar e aprender estas cancións clicade na imaxe
https://sites.google.com/site/todasasestacionsdoano/outono-otono

5/11/14

Froitos do outono

Dentro dos proxectos que estamos a traballar este curso: ALIMÉNTATE BEN e HORTIÑA QUE EU PRANTEI, os nenos e nenas de infantil están coñecendo os nomes e sabores das froitas propias do outono.
Na seguinte presentación podemos ver un dos traballos da aula de 4 anos

29/10/14

Probando froitas

Os nenos e nenas de 4º de infantil están probando diferentes clases de froitas.
Hoxe tocoulles probar as chirimoias e as peras

28/10/14

Celebramos o SAMAÍN

No noso colexio celebramos o SAMAÍN.
Este ano como estamos a traballar sobre a alimentación, as nosas cabazas disfrazáronse de alimentos.
Fixemos dúas exposicións: unha de infantil e outra de primaria.
No seguinte vídeo podemos vela e tamén escoitar como fondo musical a
DANZA MACABRA de Saint-Saëns



22/10/14

Traballos no horto escolar

Esta semana os alumnos e alumnas de Infantil, xunto coas súas profesoras, visitaron o noso horto escolar para recoller algúns dos produtos que plantaron na primavera: pementos, cebolas, fabas...

17/10/14

Visitamos os nosos castiñeiros

No tempo do outono os castiñeiros xa están cheíños de castañas e pouco a pouco van caendo os ourizos.
No tempo do recreo recollemos as castañas para despois facer o magosto.


16/10/14

Traballos do outono

Esta semana estamos a traballar sobre os froitos do outono.
Na seguinte presentación de fotos podemos ver a aula de 4º de infantil e o mural de uvas de 5º de infantil.

Os alumnos e alumnas de 6º infantil fixeron un pequeno libriño de fichas co que aprenderon moitas cousas sobre o outono.


15/10/14

Estamos traballando os Hábitos Saudables

Na aula de 5º de Infantil acaban de rematar un libriño sobre os HÁBITOS SAUDABLES.
Como xa sabedes este curso estamos co proxecto ALIMÉNTATE BEN.


10/10/14

Para traballar un pouco na casa

Estamos no outono e temos este xogo para aprender moitas cousas sobre o outono e o magosto.
Cliaca na imaxe para entrar no LIM.

https://dl.dropboxusercontent.com/u/14722558/MAGOSTO/magosto.html

29/9/14

Aprendemos esta fermosa canción sobre a castaña


A CASTAÑA NO OURIZO 

A castaña no ourizo quixo rir e rabexou,
caeu do castaño abaixo, mira que pago levou.

A castaña na lareira fixo pum! e rebentou
ai! pobriña da castaña, vaia golpiño levou.

3/9/14

PERÍODO DE ADAPTACIÓN 4º EDUCACIÓN INFANTIL


ABRANGUERÁ DENDE O MÉRCORES 10 AO MARTES 23 DE SETEMBRO ÁMBOLOS DOUS INCLUSIVE.

1º GRUPO: IREA, MATEO JOSÉ, LUCÍA FERNÁNDEZ BERMÚDEZ, BORJA, ENARA e ANTÍA.
2º GRUPO: IAGO, LUCÍA FERNÁNDEZ COCIÑA, CARMEN, RAÚL, LUCÍA FERNÁNDEZ RODRÍGUEZ e MELANY.

DO 10 AO 17 DE SETEMBRO

De 10:30h a 11:30h- 1º GRUPO
De 12:15h a 13:15h- 2º GRUPO

18 E 19 DE SETEMBRO

DE 11:00 h. A 13:00 h.: TODOS E TODAS.

22 E 23 DE SETEMBRO

DE 10:00h a 13:00 h.: TODOS E TODAS.

A PARTIRES DO 24 DE SETEMBRO O HORARIO SERÁ DE 9:00h A 14:00h.

Non teñen comedor ata  o mes de outubro.

1/9/14

25/6/14

Reunión no colexio

INFORMACIÓN ÁS FAMILIAS DOS NOVOS MATRICULADOS PARA O 
CURSO2014-2015

19/6/14

Un día moi importante!!!

No día de hoxe, xoves, 19 de xuño, todos os alumnos e alumnas de infantil participaron na graduación dos nenos e nenas de 6º de infantil, pois o vindeiro curso xa pasarán a primaria.
Foi un acto moi emotivo celebrado na Biblioteca; as titoras Cristina e Maricarmen tiñan todo preparado: un vídeo cos mellores momentos do seu  paso por infantil, a entrega da orla da promoción 2011-2014.
Houbo moita emoción e moita alegría! Nos seguintes vídeos podemos ver estes momentos:


13/6/14

Excursión Fin de Curso de Infantil

 O venres, 13 de xuño, todos os nenos e nenas de Infantil, xunto coas profesoras Cristina, Maricarmen, Ana, Alicia, Marta e o profesor Orlando, viaxamos en autobús ata o Vicedo levando a merenda de media mañá e os cubos e as pas para xogar na praia.
Primero xogamos no parque infantil, logo comemos e bebemos, tomamos un rico xeado e despois fumos ata a praia onde xogamos coa area e recollimos conchiñas...
Pasámolo moi ben e tamén nos portamos xenial!!!

Festa de cumpleanos

E por fin!..."Gran Festa de Cumpleanos" dos nenos e nenas de Infantil que cumpliron anos no terceiro trimestre.
Cantamos, bailamos, comemos , bebemos e sopramos as velas con 4, 5 e 6 anos. 
Que ben o pasamos!!!

16/5/14

Mural sobre o RÍO LANDRO

Xa temos rematado o gran mural do Río Landro, levounos moito traballo pero quedaou ben bonito.

 Podemos velo no seguinte vídeo:

 

15/5/14

Participamos en varios concursos

Os nenos e nenas de 6º de Infantil fixeron un cartel para participar no Concurso de Carteis para a Festa da Merluza de Celeiro.

Tamén todos os alumnos de Infantil e Primaria participaron no Concurso que convoca a Biblioteca Municipal de Viveiro con motivo das LETRAS GALEGAS.
Resultaron premiados dous alumnos deste cole:
  • Hugo Rey Rodríguez de 5º de Infantil
  • Alejandro Pernas Vázquez de 1º de Primaria.
NORABOA A TODOS OS PARTICIPANTES E EN ESPECIAL AOS PREMIADOS!!!

Actividades na Exposición en Viveiro

A Exposición conxunta dos Centros Educativos do PLAMBE A Mariña está tendo un gran éxito con moita asistencia a todas as actividades que podemos seguilas 

12/5/14

Érase unha vez...

Rematamos o noso Gran Libro dos contos clásicos.
Este traballo pertence ao proxecto das Bibliotecas do PLAMBE A Mariña.
Por terceiro ano consecutivo levamos a cabo esta actividade en común, nesta ocasión baixo o título:
"De aqueles contos...a novos finais"
No noso centro traballamos seis contos clásicos:
  • Os lobo e os tres porquiños
  • Os fabóns máxicos
  • Carapuchiña Vermella
  • Os músicos de Bremen
  • A casiña de chocolate
  • O Mago de Oz
  • O traxe novo do Emperador
Primeiramente cada neno ou nena prepararon en familia a lectura do conto seleccionado, buscáronlle un novo final e fixéronlle unha ilustración.
Posteriormente nas aulas preparáronse unhas portadas e follas de presentación para...
Finalmente presentar todos os traballos nun GRAN LIBRO que levaremos á Exposición conxunta no Concello de Viveiro.
No seguinte vídeo podemos ver estes traballos:

6/5/14

Actividade do Proxecto Ríos

Esta actividade estaba programada para o 23 de abril pero co mal tempo non poidemos facela ata o día de hoxe.
Visitamos o Souto da Retorta en Chavín e vimos o Río Landro.
Participaron o alumnado de Infantil e 1º ciclo de Primaria, xunto co profesorado dos diferentes cursos: Ana, Maricarmen, Cristina, Eduardo, Angélica e as especialistas Eva, Lupe, Alicia e Marta.
Tivemos unha mañá con moi bo tempo e aprendimos moitas cousas. Pasámolo estupendamente!!!

23/4/14

DÍA DO LIBRO

Hoxe celebramos O DÍA DO LIBRO.
Os alumnos e alumnas de Infantil pasamos pola BIBLIOSOÑOS para ter unha Sesión de Formación de Usuarios, na que se lles explicou a función da Biblioteca no Centro, a situación dos seus libros preferidos, as partes dun libro... para rematar coa visualización da selección duns vídeos especiais para eles.

22/4/14

Comezamos o 3º trimestre

O 3º trimestre é tamén o trimestre da primavera; as ventás, as portas e paredes transfórmanse e aparecen os motivos primaverais

9/4/14

Celebramos o Día da Árbore e da Poesía

Esta actividade estaba programada para o 21 de marzo, pero como o tempo non nos acompañou tivemos que esperar a que non chovese para poder saír a celebrar este día.
Os nenos e nenas de Infantil apadriñamos o camelio, o limoeiro e a oliveira, tamén lle cantamos ás roseiras.

2/4/14

Día do Libro Infantil e xuvenil

https://sites.google.com/site/cuentosdehcandersen/
Clica na imaxe para entrar na páxina especial do DÍA DO LIBRO INFANTIL.

NESTE ENLACE atopamos cancións de CONTOS CLÁSICOS que estamos traballando no proxecto do PLAMBE DA MARIÑA: "De aqueles contos...novos finais".

1/4/14

Festa de cumpleanos no cole

O venres, 28 de marzo, celebramos os cumpleanos dos nenos e nenas que cumpliron nos meses de xaneiro, febreiro e marzo.
Cada aula celebrou a súa festa menos 4º de infantil porque non houbo cumples neses meses.
No vídeo podemos vernos todos contentos e felices!

25/3/14

Hora de ler

Hoxe, na HORA DE LER, os alumnos de 5º curso: Hugo, Diego e Gedeón, foros os encargados de facernos a lectura do libro "Macario, el dromedario". 
Estivemos moi atentos pois os contadores de contos fixérono moi ben!!!

24/3/14

Aniversarios do 2º trimestre


O venres, 28 de marzo, celebramos os aniversarios do trimestre. Os nenos/as que cumpren anos son:
  • 5º Infantil: Aurora, Lucas, Ángel, Diego, Sara, Helena, Noa, Iker, Yery.
  • 6º Infantil: Kevin, Iker, Pedro, Elena, Carla.
Os pais/nais dos nenos e nenas que cumpren anos en cada un dos cursos deberán poñerse dacordo para traer a merenda, a bebida, os vasos e pratos de plástico e unha tarta por clase coas velas correspondentes. Ese día non necesitarán traer merenda.

18/3/14

Cancións para a primavera

Xa se acerca a primavera e na clase de música imos aprender novas cancións relacionadas con esta fermosa estación, podemos escoitalas na páxina "CANCIÓNS PARA TODAS AS ESTACIÓNS DO ANO".

CLICA NA IMAXE
 
https://sites.google.com/site/todasasestacionsdoano/

11/3/14

O Contacontos ANXO MOURE

Anxo Moure estivo na Bibliosoños contándonos o conto da "Xacia Luviñas"

10/3/14

Un bonito día de sol!

Despois dun inverno de moito frío, choiva e temporais...estamos moi ledos pola chegada dos primeiros raios de sol.

26/2/14

Traballos do Entroido

Nas aulas de Infantil están elaborando moitos traballos relacionados co Entroido.
Ollade que ben traballaron os nenos e nenas de 5º de Infantil

Os nenos e nenas de 4º Infantil tamén fixeron estas fermosas caroutas.


24/2/14

Formación de Usuarios na Bibliosoños

No Día de Rosalía todos os nenos e nenas de Infantil pasamos pola Biblioteca "Bibliosoños" para aprender moitas cousas sobre a poetisa Rosalía de Castro, vimos os nosos traballos no blog e cantamos todos xuntos a canción homenaxe deste ano: "Pasa, río, pasa, río"

17/2/14

Rosalía de Castro

O luns, 24 de febreiro, é o Día de Rosalía de Castro, por iso no colexio estamos a facer moitas actividades que podemos ver na seguinte páxina:
Clicar na imaxe


https://sites.google.com/site/bibliosonosrosaliadecastro/home

Tamén, xa podemos ver o mural que fixeron sobre Rosalía e o seu poema "Pasa, río"

12/2/14

Cancións para o Entroido


Xa estamos a preparar as cancións e bailes para o ENTROIDO 2014

CLICA NA IMAXE E ATOPARÁS MOITAS CANCIÓNS PARA ESTE ENTROIDO


https://sites.google.com/site/todasasestacionsdoano/inverno-invierno-winter/cancions-para-o-entroido

11/2/14

Seguimos traballando no Proxecto EXIPTO

No seguinte vídeo podemos ver os traballos que estamos a facer neste 2º trimestre sobre lo Proxecto Integrado de Dinamizacións "O ANTIGO EXIPTO".

  • Un gran mural colectivo sobre o Río Nilo, 
  • Maquetas de crocodrilos, 
  • Un sarcófago coa súa momia...

10/2/14

Aula de 5º Infantil

Os alumnos e alumnas de 5º de Infantil, xunto coa súa profesora Ana, fixeron un gran Boneco de Neve que podemos ver na seguinte presentación de fotos.

21/1/14

Aula de 6º de Infantil

Hoxe, na hora de comer o almorzo da media mañá, poidemos probar un rosco moi especial que nos trouxo a profe Mari porque estaba de cumpleanos.

FELICIDADES MARICARMEN!!!

Tamén compartimos este gran momento coa nosa profe Cristina que xa volveu ao cole despois duns meses para poder coidar ao seu fillo Antón.
Que contentos estamos!

Traballos do inverno

Ambientamos as nosas aulas con motivos do inverno: 

14/1/14

Preparando cancións para o Día da Paz

Comezamos o 2º trimestre preparando a vindeira celebración do 30 de xaneiro: O DÍA DA PAZ.


NESTE BLOG TAMÉN PODEMOS SEGUIR AS ACTIVIDADES

http://diaescolardapazenonviolencia.blogspot.com.es/


UNHA CURA DE AMOR