28/11/20

Fixemos uns "garda-mascarillas"

Hoxe as nenas e nenos de 4º de Infantil amósannos o resultado da aportación de "bricks", por parte das familias, para a elaboración de garda-mascarillas.

Seguirán intentando destruir ao virus!!!


25/11/20

25 de novembro, Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller

Durante esta semana o alumnado de 4º de E.I. elaborou xogos cooperativos con materiais de refugallo aportado polas familias. Hoxe, 25 de novembro, Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres, aprenderon valores empregando os xogos que elaboraron.
 
Tamén o alumnado de 6º de E.I. din: "STOP Á VIOLENCIA MACHISTA"