28/11/13

O Nadal xa se acerca!

Os nenos e nenas de Infantil este Nadal imos aprender esta bonita Panxoliña que nos fala dos reis magos, da estrela de oriente e dos camelos.
MÁIS PANXOLIÑAS E OUTROS CANTOS DE NADAL NESTE ENLACE


26/11/13

Froitas do outono


Estamos a traballar os froitos e froitas do outono. 
Hoxe na clase tocounos probar a chirimolla


21/11/13

Actividade na Bibliosoños

O 20 de novembro celebramos o día dos Dereitos da Infancia, por iso todos os nenos e nenas de Infantil e 1º ciclo fumos á Bibliosoños  e alí fixemos moitas actividades sobre os nosos dereitos, pero tamén falamos dos nosos deberes e aprendimos que moitos nenos e nenas do mundo carecen destes dereitos debido á pobreza e falta de recursos.
 Pensamos moitos na palabra solidariedade!
Temos que axudar e colaborar para que todos os nenos e nenas sexamos iguais.

13/11/13

Para celebrar o Día dos Dereitos da Infancia

O vindeiro mércores, 20 de novembro, é o Día dos Dereitos dos Nenos e Nenas.
Para celebrar este día estamos aprendendo a "CANCIÓN DE LOS DERECHOS", que atopamos no canal Enrédate con UNICEF.
Ademáis de aprendela na escola tamén podedes practicala nas vosas casas.

5/11/13

Murais do proxecto EXIPTO

Os alumnos de Infantil tamén traballan no proxecto "O ANTIGO EXIPTO".
Para ambientar os corredores están elaborando máis murais con pirámides, o deserto...deuses e deusas...
Na seguinte presentación podemos ver os traballos de 4º, 5º e 6º de Infantil.

No outono

No tempo do outono os nenos e nenas de Infantil, xunto coas súas profesoras, fan uns murais ben bonitos.
Na seguinte presentación pódense ver os traballos.