23/11/21

O OUTONO

Ola familias!!!!

Durante estes meses estivemos investigando sobre o Outono e as súas celebracións. Fixemos moitas actividades con produtos desta época e celebramos o Samaín e o Magosto. Deixámosvos aquí algunhas fotos de cousiñas que fixemos. Esperamos que vos gusten e que disfrutedes tanto como disfrutamos nós.



19/11/21

20 DE NOVEMBRO, DÍA DOS DEREITOS DA INFANCIA

O 20 de novembro, é O Día Universal do Neno.

É un día de celebración polos avances conseguidos, pero sobre todo, é un día para chamar a atención sobre a situación dos nenos máis desfavorecidos e para dar a coñecer os dereitos da infancia co fin de concienciar ás persoas da importancia de traballar día a día polo seu benestar e desenvolvemento.

Presentamos a continuación, un resume explicado para todos os nenos/as,  de cales son os seus dereitos e os seus deberes.




16/11/21

VIVEIRO SOSTIBLE

 Fai uns días recibimos a visita de Lucas Requejo e Iván Fernández para regalarlle a cada neno/a do noso cole, unha postal co lema de  "Viveiro Sostible". Trátase dunha iniciativa educativa  creada para facer de Viveiro unha escola de vida sostible para os nenos/as viveirenses.

Aproveitando a visita, deixáronos uns paneis expositivos sobre o coidado do mar.....que nos recorda o importante que é non tirar lixo ao mar e coidar as augas da nosa vila mariñeira.



 
 

 
 




12/11/21

CELEBRAMOS O MAGOSTO

 Na mañá do 11 de novembro, DÍA DE SAN MARTIÑO, celebramos o xa tradicional MAGOSTO que por estas datas adoitamos facer no noso colexio. Foi un día estupendo e pasámolo moi ben!!!

  •  Participamos no circuito de xogos que nos preparou a profesora  de Educación Física, Mª José.
  •  O alumnado de 6º curso de Primaria, xunto coa súa titora Susana, preparou unha coreografía.
  • Tamén nos acompañaron dous gaiteiros, o profesor de 5º, José Antonio e o pai e Antón, David.    
  •  Eles foron, coa súa música, os encargados de amenizar a degustación das castañas asadas, que aínda que estaban un pouquiño duras o sabor era moi bo. Grazas ás familias pola súa aportación.
No seguinte vídeo, podedes ver as actividades do día.