23/4/13

Celebramos o DÍA DO LIBRO



Na BIBLIOSOÑOS fixemos unhas sesións de Formación de Usuarios por ciclos. Dentro do blog hai unha páxina especial na que podemos atopar moita información sobre o Día do Libro, de Miguel de Cervantes, vídeos, xogos...

18/4/13

Estamos estudando os peixes

Dentro do Proxecto Integrado de Dinamizacións que estamos traballando durante todo este curso, estamos estudando os peixes e no seguinte vídeo podemos ver como aprendimos as diferentes partes dun peixe, por fora e por dentro.

17/4/13

Visita ao helicóptero PESCA II



Dentro das actividades programadas para o proxecto O MAR, realizamos unha visita ás instalacións  GARDACOSTAS DE GALICIA e ao helicóptero PESCA II, pertencente á Consellería do Medio Rural e do Mar.
O martes, 16 de abril foron os alumnos de Infantil, xunto coas súas profesoras.
Fomos recibidos polo piloto Juan Antonio, o copiloto Juanjo, o rescatador Aitor e o operador de grúa Ramón.
Foron moi amables e atentos explicándonos os diferentes utensilios aparellos que utilizan para poder levar a cabo unha labor tan importante como é a de salvar vidas no mar.

Dámoslles a grazas polo seu traballo e pola súa atención con todo o colexio.

12/4/13

Traballos para ambientar a primavera

Coma cada primavera os alumnos e alumnas de infantil, xunto coas suas profesores Angélica, Cristina, Ana e Maricarmen, poñen mans á obra e agasállannos con fermosos murais onde as bolboretas, vermes, abellas, paxaros e todo tipo de flores lucen as súas mellores cores.

5/4/13

Comezamos o 3º trimestre

Para comezar este último trimestre do curso ambientamos os corredores con murais sobre o MAR.

3/4/13

As nosas actividades no día da árbore e da auga

O venres, 22 de marzo, celebramos a chegada da primavera, o día da árbore e o día da auga con moitas actividades, no seguinte enlace podemos ver varios vídeos: