13/12/19

Preparando o NADAL 2019

Achégase o Nadal e como todos os anos preparamos traballos especiais para ambientar o cole:
  • Na zona de Infantil fixeron un poboado de inverno con casas feitas de caixas de madeira e moi ben decoradas, con figuriñas de plastilina e  tamén decoraron dúas árbores con figuriñas realizadas con elementos de refugallo, plásticos...
  • Realizaron tarxetas  ou postais de Nadal e que temos expostas ao longo da escaleira principal.
  • Fixeron un mural do Apalpador
  • Tamén están preparando as actuacións para o Festival que faremos o venres 20 de decembro.
  •  Con tanto traballo teñen moi merecidas as vacacións de Nadal!!!

29/11/19

6º Infantil na Semana da Ciencia

Hoxe tocounos aos nenos e nenas de 6º de Infantil rematar a SEMANA DAS CIENCIAS NO COLEXIO.
Preparamos varios experimentos coa auga que recollimos neste libro.
Tamén fixemos unha campaña moi importante sobre o mal uso dos plásticos pois están contaminando os mares e océanos.
Que ben o pasamos e canto aprendemos!!!


28/11/19

Seguimos experimentando

Esta semana, como é a SEMANA DA CIENCIA, os nenos e nenas de 5º de Infantil fomos ver os experimentos que fixeron os nosos compañeiross e compañeiras e pasámolo moi ben. Por iso nós quixemos probar tamén. 
O 1º que fixemos, parecía maxia, unha moeda que desaparece. Metemos unha moeda nun vaso transparente e enchémolo de auga e a moeda vese polos lados do vaso. Logo metemos a moeda debaixo doutro vaso e enchémolo de augo e… Maxia!... a moeda non se ve. Díxonos a profe que isto pasaba por un fenómeno que se chama refracción e que nós aínda non comprendemos ben, porque somos algo pequenos e pequenas, pero de todos xeitos, gustounos moito. 
O 2º experimento que fixemos, tamén parecía maxia. Metemos nunha botella de auga baleira un pouco de vinagre. Logo metemos bicarbonato nun globo e con el tapamos a boca da botella e o bicarbonato foi caendo pouquiño a pouco e… empezou a facer unha cousa alucinante, parecía que fervía e o globo íase inchando. Dixo a profe que se producía unha reacción química e con ese gas ínchase o globo. Foi moi divertido!!! 
Tanto nos gustou que estamos pensando dedicarnos á Ciencia cando sexamos maiores!!!

26/11/19

Na Semana da Ciencia no colexio

O luns, 25 de novembro comezamos a semana de Ciencia na Escola. 
Os nenos e nenas de 4º de infantil fixemos un pequeno experimento na clase: fabricamos plastilina!. A receita é ben sinxela: fariña, maizena, sal fina, aceite, limón e auga quente. Despois tivemos que amasar e amasar o noso pedaciño ata que quedou como a plastilina brandiña que adoitamos usar. Para o toque final tinguímola con colorantes alimentarios, cada un elixiu a cor que prefería, e volta outra vez a remexer na masa e amasala ata que quedara ben mesturada. 
Manchámonos moito pero, como podedes ver, pasamos un anaco ben divertido!


25/11/19

Mural de outono, 4º de Infantil

Por fin estamos todos e todas xuntos para poder ensinarvos o noso mural de outono. 
É moi especial porque ademáis de usar as nosas mans, empregamos patacas cortadas pola metade para imprimir as follas coas cores de outono. 
Pasámolo xenial estampando as follas da árbore e as caídas no chan. 
Para rematar quixemos deixar as nosas firmas e para iso temos os selos das letras, para que todos e todas poidamos “escribir” o noso nome. 
Agardamos que vos guste!!!



22/11/19

Actividades na Bibliosoños

Esta semana, na Hora de Ler, participamos nas actividades da Bibliosoños pois fumos invitados a ver os traballos dos compañeiros máis maiores.
  • O mércores, 20 de novembro, Día dos Dereitos da Infancia, o alumnado de 1º curso fixo unha presentación que nos gustou moito.
  • O xoves, 21 e novembro, o alumnado de 5º e 2º curso dramatizaron o conto de Garavanciño




13/11/19

E agora, O MAGOSTO!!!




No mes de novembro sempre celebramos a nosa Festa do Magosto

Estaba programada para o luns 11, DÍA DO SAN MARTIÑO, pero como deron mal tempo para toda a semana, decidimos celebrala hoxe no pavillón polideportivo do colexio facendo os xa tradicionais xogos e comendo castañas.
No primeiro turno participaron nos xogos todo o alumnado de Primaria, despois degustamos todos xuntos as ricas castañas asadas e por último foi o turno dos xogos para o alumnado de Infantil.

Fixemos unha pequena reportaxe fotográfica da Festa que queda recollida no seguinte vídeo:


30/10/19

SAMAÍN NO COLEXIO

E chegou o SAMAÍN!!!


Contacontos na Bibliosoños para o alumnado de Infantil 
a cargo das nais de Alex e Sara
de 6º de Infantil,
da mestra Cristina e 
do mestre Dani


23/10/19

Celebramos o DÍA DA BIBLIOTECA

O 24 de outubro é o DÍA DA BIBLIOTECA ESCOLAR
Nas aulas de infantil están a preparar moitos traballos e cancións para celebrar este día tan especial:

    • Elaboraron uns marcapáxinas moi especiais.






    • O alumnado de 5º de infantil preparou un mural con motivo do 10º aniversario da mascota da biblioteca "RUFO"
    Tamén están aprendendo dúas cancións dedicadas á biblioteca: "Canción para Rufo" e "Unha festa especial" que podemos ver e escoitar nos seguintes vídeos elaborados especialmente para esta celebración.



    17/9/19

    Benvida ao curso 2019-2020

    Queridas familias:

    Un ano máis, dámoslles a benvida
    ao novo curso académico, en nome de toda a Comunidade Educativa do CEIP de CELEIRO.
    Ao chegar o mes de setembro, todos facemos bos e renovados propósitos. 
    Xunto ao material escolar, aínda sen estrear: axendas, cadernos, libros, lapis,  rotuladores,… hai unha chea de incógnitas, de ilusións, de expectativas, de ganas de facer novos amigos. Pero, sobre todo, de ganas de ser mellores persoas. 
    Por iso seguiremos traballando na mesma dirección que vostedes, con agarimo e seguridade, para ofrecer aos seus fillos a mellor formación, humana e académica. 
    Porque, sen dúbida, a educación é unha tarefa que nos compromete a todos.

    18/6/19

    Hoxe gradúanse as nenas e nenos de 6º Infantil

    Que gran día o de hoxe!. 
    Na Biblioteca todo estaba preparado para recibir ao alumnado e profesorado de Infantil, un acontecemento moi especial ía ter lugar como cada ano ao rematar o curso escolar.
    Primeiro chegaron os nenos e nenas de 4º e 5º de Infantil e logo xa fixeron entrada todo o alumnado  da aula da titora Cristina Freán Lamela é dicir os nenos e nenas de 6º infantil que xa rematan esta etapa  tan importante.
    Despois de saudar, visionamos un vídeo resumo da súa etapa, cando chegaron con tres anos ata o día de hoxe; tiveron palabras de agradecemento para todo o profesorado; a súa titora entregoulles a cada nena e neno un diploma; por último houbo moitos agasallos, bicos e abrazos. 

    VÍDEO RESUMO DA PROMOCIÓN

    VÍDEO RESUMO DA GRADUACIÓN


    6/6/19

    "Infantil rematou"

    Este é o video que fixemos na aula de 6º de Infantil para despedir esta etapa tan importante para nós.
    Esperamos que disfrutedes tanto del coma nós pensando, ensaiando,gravando... Moitas grazas ás familias pola súa colaboración.


    5/6/19

    Sesión de Teatro no Pastor Díaz de Viveiro

    Na mañá do martes, 4 de xuño, o alumnado de Infantil, xunto coas súas mestras, viaxaron ata o Teatro Pastor Díaz de Viveiro para disfrutar dunha sesión de teatro: "A ovella Engracia".
    A ovella  Engracia, coa súa amiga  Branca, conta aos nenos a historia de cando foi a buscar a lúa e todos os amigos cos que se atopou polo camiño, con música en directo.

    Nesta sesión de teatro participaron varios centros do Concello de Viveiro e  para o noso centro foi subvencionada pola ANPA do colexio. 

    Dámoslles as gracias por esta e moitas máis iniciativas que teñen ao longo do curso.


    31/5/19

    Excursión de fin de curso á Praia de Esteiro (Barqueiro-Mañón)

    O xoves, 30 de maio de 2019, o alumnado de 4º, 5º e 6º de infantil, xunto coas mestras Ana, Cristina, Mari, Iris, Esther, María e Marta viaxaron en autobús rumbo á Praia de Esteiro no Barqueiro, alí disfrutaron dunha preciosa mañá con xogos na area, tomaron a merenda de media mañá con moito apetito e volvemos moi cansos cara o colexio. No seguinte vídeo podemos ver unha pequena reportaxe da pequena excursión á praia. 

     

    16/5/19

    O gran mural das nosas árbores

    Os nenos e nenas de Infantil fixemos este mural como peche do proxecto que traballamos ao longo deste curso titulado "Ao abeiro dos nosos montes".
    Nas aulas traballamos distintos aspectos das plantas e árbores: 
    • como seres vivos
    • as súas partes e as funcións que desempeñan
    • o seu ciclo vital...
    Tamén investigamos sobre como coidar os bosques, xa que descubrimos a importancia que teñen as árbores para a nosa vida.
    Tratamos de representar esta información de xeito diferente con desplegables, rodas, libriños...
    Cada aula elixiu unha árbore das que medran ao redor do colexio para estudala máis polo miúdo.
    Na aula de 3 anos traballaron o acivro, a aula de 4 anos investigou sobre a moreira e na aula de 6 anos elixiron a pereira, o castiñeiro, o carballo e o piñeiro.
    Quedounos un mural moi completo e para explicalo realizamos este vídeo.
    Esperamos que vos guste!!!


    15/5/19

    SEMENTEIRA DE INFANTIL

    Nesta bonita mañá do mes de maio os nenos e nenas de 4º e 5º de Infantil levaron a cabo unha sementeira de perexil, landras, xirasois, eneldo, manzanilla... para despois poder plantar no horto escolar.






    30/4/19

    Mural de 6º Infantil

    Mural rematado!!! 
    Aula de 5 anos



    26/4/19

    Traballos da aula de 5º Infantil

    A primavera chegou a aula de 5º de Infantil
    • As ventás cheas e bolboretas e paxaros 
    • "O gran mural da primavera" é un mural moi especial porque inventaron formas de insectos e flores, recortaron e reciclaron papel, aprenderon nomes...  CREARON!!!

    LEMOS NA BIBLIOTECA E PASÁMOLO MOI BEN!!!

    8/4/19

    UNHA CLASE MOI ESPECIAL

     "Ao abeiro dos nosos montes"
    Marcos Besada (Enxeñeiro Agrícola) estivo co alumnado de Infantil e a súa charla estivo relacionada coas árbores. 
    Foi unha clase moi participativa pois a través de preguntas o alumnado ía dando a información aprendida nas diferentes aulas. 
    Descubriron que saben o nome de moitas árbores, as súas diferentes partes, aprenderon a elaborar unha ficha para ir catalogando as mesmas e ata descubriron como se pode medir unha árbore cun pequeno lapis. 
    A clase rematou facendo unha visita ás diferentes árbores do colexio...
    Marcos ensinounos unha páxina ARBOLAPP onde podemos aprender moitas máis cousas sobre as árbores e tamén o seguinte vídeo

    21/3/19

    Obradoiro dos presentadores, 4º Infantil

    Presentamos o vídeo do alumnado de 4º de Infantil realizado pola súa mestra Iris.
    Na Semana da Prensa na Escola fixeron un "Obradoiro de Presentadores"
    e recolleron este pequeno traballo.


    20/3/19

    MÁIS TRABALLOS SOBRE AS ÁRBORES

    O alumnado de Infantil segue a traballar no Proxecto deste curso que ten como tema os montes, as árbores e animais que nel habitan.
    Nesta ocasión están a elaborar un gran mural que vai levar unha información sobre os beneficios das árbores que prepararon as nenas e nenos de 6º de Infantil
    Un bonito traballo que podemos ver na seguinte presentación.



    15/3/19

    TRABALLOS SOBRE A POESÍA E AS ÁRBORES

    O xoves, 21 de marzo, celebraremos o Día da Poesía, da Árbore e da Auga, por iso nas aulas xa se están realizando moitas actividades.
    Agora presentamos un vídeo que recolle dous poemas musicados:
    • "Verdes, Verdes" con debuxos feitos polo alumnado de 6º Infantil e cantado polo alumnado de 2º curso.
    • "TOC, TIC, TOC" con debuxos feitos polo alumnado de 5º Infantil e cantado polo alumnado de 6º de Infantil.

    11/2/19

    Preparando as cancións para o Día de Rosalía de Castro

    O noso alumnado participa no "FUN POLO AIRE"

    FUN POLO AIRE

    http://www.crtvg.es/tvg/programas/fun-polo-aire
    Na mañá do xoves, 7 de febreiro, alumnado  de Infantil, 1º e 2º curso de Primaria, do noso colexio participou na gravación dunha sección do porgrama da TVG Fun polo aire, que se emite polas tardes. 
    Fixeron a gravación na Biblioteca do colexio coa reporteira Nuria Castro e o cámara Marcos Sarmiento. 
    O programa seguramente xa se emitirá na tarde do venres 8 de febreiro e tamén estará colgado na páxina da CRTVG.

    1/2/19

    DÍA DA PAZ E NON VIOLENCIA

    No blog do DÍA DA PAZ E NON VIOLENCIA podemos ver todo o que fixemos para celebrar esta data tan importante.
    Tamén podemos ver o seguinte vídeo realizado polo alumnado de 5º de Infantil.

    11/1/19

    Comezamos o 2º trimestre



    Xa estamos no inverno!
    Na aula de Música aprenderemos dúas cancións que nos falan do inverno