29/11/19

6º Infantil na Semana da Ciencia

Hoxe tocounos aos nenos e nenas de 6º de Infantil rematar a SEMANA DAS CIENCIAS NO COLEXIO.
Preparamos varios experimentos coa auga que recollimos neste libro.
Tamén fixemos unha campaña moi importante sobre o mal uso dos plásticos pois están contaminando os mares e océanos.
Que ben o pasamos e canto aprendemos!!!


28/11/19

Seguimos experimentando

Esta semana, como é a SEMANA DA CIENCIA, os nenos e nenas de 5º de Infantil fomos ver os experimentos que fixeron os nosos compañeiross e compañeiras e pasámolo moi ben. Por iso nós quixemos probar tamén. 
O 1º que fixemos, parecía maxia, unha moeda que desaparece. Metemos unha moeda nun vaso transparente e enchémolo de auga e a moeda vese polos lados do vaso. Logo metemos a moeda debaixo doutro vaso e enchémolo de augo e… Maxia!... a moeda non se ve. Díxonos a profe que isto pasaba por un fenómeno que se chama refracción e que nós aínda non comprendemos ben, porque somos algo pequenos e pequenas, pero de todos xeitos, gustounos moito. 
O 2º experimento que fixemos, tamén parecía maxia. Metemos nunha botella de auga baleira un pouco de vinagre. Logo metemos bicarbonato nun globo e con el tapamos a boca da botella e o bicarbonato foi caendo pouquiño a pouco e… empezou a facer unha cousa alucinante, parecía que fervía e o globo íase inchando. Dixo a profe que se producía unha reacción química e con ese gas ínchase o globo. Foi moi divertido!!! 
Tanto nos gustou que estamos pensando dedicarnos á Ciencia cando sexamos maiores!!!

26/11/19

Na Semana da Ciencia no colexio

O luns, 25 de novembro comezamos a semana de Ciencia na Escola. 
Os nenos e nenas de 4º de infantil fixemos un pequeno experimento na clase: fabricamos plastilina!. A receita é ben sinxela: fariña, maizena, sal fina, aceite, limón e auga quente. Despois tivemos que amasar e amasar o noso pedaciño ata que quedou como a plastilina brandiña que adoitamos usar. Para o toque final tinguímola con colorantes alimentarios, cada un elixiu a cor que prefería, e volta outra vez a remexer na masa e amasala ata que quedara ben mesturada. 
Manchámonos moito pero, como podedes ver, pasamos un anaco ben divertido!


25/11/19

Mural de outono, 4º de Infantil

Por fin estamos todos e todas xuntos para poder ensinarvos o noso mural de outono. 
É moi especial porque ademáis de usar as nosas mans, empregamos patacas cortadas pola metade para imprimir as follas coas cores de outono. 
Pasámolo xenial estampando as follas da árbore e as caídas no chan. 
Para rematar quixemos deixar as nosas firmas e para iso temos os selos das letras, para que todos e todas poidamos “escribir” o noso nome. 
Agardamos que vos guste!!!



22/11/19

Actividades na Bibliosoños

Esta semana, na Hora de Ler, participamos nas actividades da Bibliosoños pois fumos invitados a ver os traballos dos compañeiros máis maiores.
  • O mércores, 20 de novembro, Día dos Dereitos da Infancia, o alumnado de 1º curso fixo unha presentación que nos gustou moito.
  • O xoves, 21 e novembro, o alumnado de 5º e 2º curso dramatizaron o conto de Garavanciño




13/11/19

E agora, O MAGOSTO!!!




No mes de novembro sempre celebramos a nosa Festa do Magosto

Estaba programada para o luns 11, DÍA DO SAN MARTIÑO, pero como deron mal tempo para toda a semana, decidimos celebrala hoxe no pavillón polideportivo do colexio facendo os xa tradicionais xogos e comendo castañas.
No primeiro turno participaron nos xogos todo o alumnado de Primaria, despois degustamos todos xuntos as ricas castañas asadas e por último foi o turno dos xogos para o alumnado de Infantil.

Fixemos unha pequena reportaxe fotográfica da Festa que queda recollida no seguinte vídeo: