28/10/13

Os Marcapáxinas de Infantil

Con motivo da celebración do Día da Biblioteca Escolar, elaboramos uns marcapáxinas moi especiais e logo fixemos unha exposición que se pode ver na subida e baixada das escaleiras.


18/10/13

Libros que van e veñen

Na semana do 21 ao 25 de outubro, levaremos a cabo moitas actividades na  BIBLIOSOÑOS, con motivo da celebración do Día das Bibliotecas Escolares (24 de outubro). Unha delas é a entrega das bolsiñas para levar o libro á casa.



As nenas e os nenos de infantil van encher rúas e corredoiras de cores vivas, as destas pequenas mochilas para gardar o libro que escollen na biblioteca escolar para ler na casa, e cos da casa. "Libros que van e veñen" é unha iniciativa encadrada no programa "Hora de Ler" para o fomento da lectura,  que busca apoiar ao profesorado no seu labor de implicación das familias nas actividades da biblioteca, e no empeño por conseguir que as nenas e os nenos desenvolvan hábitos de lectura.
Destinado ás familias, edítase un tríptico con orientacións e posibilidades de colaboración na casa e na escola, a través das actividades deseñadas pola biblioteca escolar.

1/10/13

As cancións que estamos a aprender

Durante os primeiros meses do outono imos aprender cancións relacionadas con esta estación


Tamén aprenderemos outras sobre o Proxecto: O Antigo Exipto