21/12/16

A NOSA ACTUACIÓN NO FESTIVAL DE NADAL

Como todos os anos, o último día antes das vacacións de Nadal, no colexio facemos un gran FESTIVAL DE NADAL onde os nenos e nenas de Infantil fan unha dramatización e cantan unha panxoliña. No seguinte vídeo podemos ver e escoitar o ben que o fixeron!


Tamén fixemos un vídeo da visita do APALPADOR


20/12/16

Agasallo de Nadal

Os nenos e nenas de 6º de Infantil fixeron estes medallóns como recordo da súa promoción e tamén como agasallo de Nadal.

16/12/16

O APALPADOR

Quen é o Apalpador?

O vello Apalpador, tamén chamado en zonas Apalpabarrigas, ou Pandegueiro en partes do oriente ourensán, é unha figura lexendaria galega que achega os agasallos ás nenas e nenos polas datas de Nadal. Até os nosos días amósase como un xigante que baixaba das devesas e apalpaba as súas barriguiñas. Se estaban cheas dicía: «Así, así esteas todo o ano» e deixáballes unha presa de castañas. Senón calaba, pero deixáballes tamén as castañas.

Os nenos e nenas de 5º de Infantil fixeron un traballo moi interesante 
para aprender cousiñas sobre o Apalpador.

Moitos traballos para o NADAL



14/12/16

Traballando GALICIA

Os nenos e nenas de 6º de Infantil acaban de rematar a unidade sobre GALICIA.
Aprenderon moitas cousas sobre a Nosa Terra e disfrutaron realizando este pequeno libriño que podemos ver na presentación.



12/12/16

A árbore de NADAL de Infantil





Unha orixinal e fermosa árbore para o NADAL que realizaron nas aulas de Infantil. As estrelas foron traballadas en familia e quedaron así de bonitas na noite estrelada.

7/12/16

O cadro de 5º de Infantil

Como Proxecto Documental este curso estamos a traballar a Pintura Impresionista. Pouco a pouco iremos vendo os diferentes traballos que se farán tanto en Infantil como en Primaria.
Como primeiro traballo podemos ver o resultado do noso calendario para o ano 2017.
O alumnado de 5º Infantil traballou o cadro: "Pradera de amapolas" do pintor húngaro Pál Szinyei Merce.