20/12/15

Unha gran actuación

No Festival de Nadal os nenos e nenas de 6º de Infantil dramatizaron o conto "A árbores de Nadal" que ensaiaron coas profesoras Inés e Cristina. Para rematar cantaron todos xuntos a canción "o abeto está baleiro". 
Fixéronno moi ben e aplaudíronlles un montón!!!

17/12/15

Máis traballos de NADAL

Os nenos e nenas de 5º de Infantil xa remataron o seu libriño e quedoulles así de ben.
 
TODO O QUE FIXEMOS NESTE NADAL PODEMOS ATOPALO NESTE ENLACE

14/12/15

Traballos dos nenos e nenas de 6º Infantil

Aquí podemos ver os libriños do NADAL e O APALPADOR 
que acaban de rematar os alumnos e alumnas de 6º de Infantil. 

Xa se acerca o Nadal

Nestas datas os nenos e nenas de Infantil preparan con moita ilusión os adornos propios do Nadal.
Este ano, nas clases, fixeron boliñas e manualidades para adornar a súa árbore de Nadal; axudados polas familias decoraron unha gran bola de cristal; tamén fixeron unhas bonitas tarxetas para felicitar o Nadal.
A música que acompaña ao vídeo é a panxoliña que cantarán no Festival do venres, 18 de decembro.


3/12/15

Xa está rematado o noso gran mural das abellas

Traballamos un montón para facer o "Mural das Abellas", cada curso preparou unha parte e despois entre todos preparamos o gran mural. Así de bonito nos quedou!!!

1/12/15

5º de Infantil no Horto Escolar

No día do comezo do mes de Nadal, os nenos e nenas de 5º de infantil, fumos ao horto escolar e alí aprendimos a sementar nabizas e acelgas. O nabo é a parte enterrada, a raíz engrosada. As nabizas son as primeiras follas que crecen ao comezo do cultivo. Os grelos son as follas máis grandes e que posteriormente anunciarán o crecemento das flores, de cor amarela moi característico e parecidas ás da mostaza. Os grelos recóllense antes de que o nabo floreza, xa que se non as follas dos grelos vólvense follas moi duras.

27/11/15

Traballos de 6º infantil

Os nenos e nenas de 6º de Infantil, durante este 1º trimestre, traballaron a Unidade Dedáctica: GALICIA.
Na presentación podemos ver o libriño que fixeron

26/11/15

Os nenos e nenas de Infantil van ao Teatro

O xoves, 26 de novembro, todos os nenos e nenas de Infantil foron ao teatro Pastor Díaz para visualizar unhas curtametraxes sobre os valores. O cinema levou á gran pantalla moitas películas nas que se tratan temas relacionados co mundo da educación. Con eles, o alumnado reflexionará sobre a amizade, a solidariedade, o traballo en equipo, o respecto ás persoas...
Na seguinte páxina EDUCACIÓN 3.0 atopamos información dunha selección de 40 curtametraxes para educar en valores. 
NESTE ENLACE podemos ver en YouTube vídeos como o seguinte:

Máis traballos sobre o mundo das abellas

Os nenos e  nenas de 5º Infantil acaban de rematar o libriño adicado ao MUNDO DAS ABELLAS.
Aprenderon moitas cousas pois xa fixemos unha chea de actividades: exposición, charlas... e están a rematar un gran mural.
Na seguinte presentación podemos ver o libriño de 5º de infantil.


24/11/15

Un agasallo especial

Os nenos e nenas de 6º de Infantil veñen de acabar os seus debuxos para agasallar ao grupo de gaiteiros "Non cho digo" que actuaron no colexio o pasado mércores, 18 de novembro.

19/11/15

Traballos de infantil: Dereitos dos Nenos e das Nenas


Para traballar sobre os Dereitos dos Nenos e Nenas os alumnos e alumnas de Infantil fixeron varios traballos que nos ensinan na seguinte presentación.


Unha clase moi musical

Os nenos e nenas de 6º de Infantil están a traballar sobre GALICIA e chegaron ao apartado da Música e Baile Tradicional e para que poidesen escoitar e ver en directo as cualidades do noso folklore, a súa profesora Inés organizou un pequeno concerto didáctico.
Visitounos un cuarteto de Música Tradicional "Non cho digo" formado por dúas gaitas, tamboril e bombo; pero ademais, a profesora Eva, trouxo os seus traxes de baile e axudadas polas profesoras Rita e Lucía explicaronlles a todos os nenos e nenas as características de cada un deles.
Organizamos unha pequena romaría cantando e bailando todos xuntos. Pasámolo estupendamente!
Agradecemos aos compoñentes do cuarteto: Samuel, Rafa, Fran e Adrián  a súa visita e a súa gran clase e concerto.

18/11/15

Máis cousas sobre as abellas

O martes, 17 de novembro, visitounos o bisavó de Lucía Fernández Rodríguez.
Fumos todos os nenos e nenas de infantil á Biblioteca e alí explicounos todo o relacionado coas abellas; nós tivemos oportunidade de facerlle unha chea de preguntas e aprendimos moitas cousas.
Tamén os nenos e nenas de 5º de Infantil lle fixemos uns debuxos en agradecemento para que sempre se acorde de todos nós.

10/11/15

Aprendemos moitas cousas sobre as abellas

Os nenos e nenas de 6º de infantil seguen a traballar sobre o mundo das abellas. Nas imaxes podemos ver unhas manualidades feita por Johana e  David xunto coas súas familias.
Tamén fixeron moitas abellas que penduran da árbore da porta de entrada á aula.
Tamén remataron un libriño sobre as abellas


5/11/15

Unha colección moi interesante

Tras o éxito dos primeiros 12 tomos, a Biblioteca Básica Os Bolechas amplíase con 6 novos títulos que complementan esta colección pensada para se converter na primeira biblioteca das nenas e nenos galegos.





29/10/15

O Samaín no noso colexio

Durante esta semana estivemos a traballar diferentes aspectos sobre o SAMAÍN. 
O seguinte vídeo recolle algúns destes traballos.


Os nenos e nenas de 6º de Infantil fixeron este pequeno libriño
 

28/10/15

Unhas cancións para estes días de Samaín e Halloween

Canción para Halloween: "No tengo miedo"





21/10/15

Hoxe celebramos o Día da Biblioteca

Hoxe, os nenos e nenas de Infantil, fumos á Bibliosoños para celebrar o
 Día da Biblioteca Escolar
(24 de outubro)
As nosas profesoras ensináronnos moitas cousas sobre os libros e como temos que coidalos. 
  • Agasalláronnos cunha bolsiña para levar os libros á casa.
  • Cantamos a canción "Libros na Bibliosoños".
  • Vimos o vídeo do conto "O vello castiñeiro" que prepararon os nenos e nenas de 6º de Infantil xunto coa súa profesora Inés.


8/10/15

Na Bibliosoños

Hoxe os nenos e nenas de 6º de Infantil foron á Bibliosoños a escoller o seu libro para levar á casa e ler coas súas familias.



7/10/15

Traballos de 5º de Infantil

E agora unha de abellas: reinas, obreiras e zánganos...

6/10/15

Un bonito mural de benvida

Na aula de 4º de Infantil prepararon un mural de benvida no que participaron todos os nenos e nenas.


1/10/15

O mandarino de 5º de Infantil

Na aula de 5º de Infantil, os nenos e nenas fixeron unhas fermosas mandarinas para adornar a árbore da entrada da clase.


29/9/15

Baixo os nosos castiñeiros

Esta semana, os nenos e nenas de 5º de Infantil, fixemos unha pequena visita aos nosos castiñeiros para observar o crecemento e maduración dos ourizos.
Seguro que para o mes de novembro xa estarán as castañas ben maduras para logo facer a Festa do Magosto.

25/9/15

1ª visita á BIBLIOSOÑOS

Os nenos e nenas de 5º de Infantil xa pasaron pola Bibliosoños para ler e escoller un libro para levar as súas casas e ler en familia.


23/9/15

Alumnos e alumnas de 6º de Infantil

Comeza un novo curso con moitas novidades, entre elas a nova aula de música.
Os nenos e nenas de 1º curso e 6º de infantil foron os primeiros en estreala.
Estamos moi cómodos pois temos moito máis espazo para bailar, cantar e facer música.




10/9/15

1º día de cole

Comeza un novo curso!
O primeiro día está cheo de moitos e diversos sentimentos tanto para os nenos e nenas como para os papás e mamás.
Este vídeo que presentamos recolle a chegada ás novas aulas. 
Feliz curso tanto para ás familias como ao profesorado!

22/6/15

Último día do curso

No último día do curso os nenos e nenas de Infantil, xunto coas súas profesoras, participaron nunha xornada moi especial con actividades ao aire libre:
  • II Milla correndo polo galego
  • Xogos na praia

17/6/15

Graduación dos alumnos e alumnas de 6º de Infantil

Hoxe, na Bibliosoños, os nenos e nenas de 6º Infantil celebraron a súa graduación.
Foi un acto moi emotivo: 
  • Primeiro visualizamos un "Vídeo Memoria" dos tres anos de infantil.
  • Recolleron o seu diploma de graduación das mans da súa titora Ana.
  • Adicaron unhas fermosas palabras a todos os seus profesores.
  • E como non, bicos, abrazos, choros e alegrías...
VÍDEO MEMORIA


VÍDEO DA ACTO DA GRADUACIÓN


 

6/6/15

Celebramos o Día do Medio Ambiente

Plantamos no invernadoiro

4/6/15

Unha pequena excursión

O mércores, 3 de xuño, os alumnos e alumnas de Infantil, xunto coas profesoras Ana, Laura, Maricarmen, Cristina, Elisa, Marta e a coidadora Esther, fixeron unha pequena saída á praia de Esteiro no Barqueiro.
Como o día non estivo moi bo só poideron disfrutar da viaxe en autobús e de saborear un rico xeado.
Os xogos na praia, tal e como tiñamos previsto, quedaron aplazados para outro día con mellor tempo.

15/5/15

Celebramos a Festa do Maio e as Letras Galegas

Na mañá do venres, 15 de maio, celebramos dúas festas moi importantes e con moitas actividades.
Os nosos  sombreiros adornados con guirnaldas de flores anunciaban que
 o MAIO chegou ao noso colexio.
No salón de actos xuntámos todos os nenos e nenas do cole para ver moitas actuacións:
  • Os alumnos e alumnas de 3º curso dramatizaron o conto "O país dos mandóns"
  • O coro "Sons de Celeiro" cantounos unhas bonitas cancións
  • E para rematar cantamos todos xuntos CANTIGAS POPULARES GALEGAS

9/5/15

Receitas da casa

Seguimos traballando no proxecto ALIMÉNTATE BEN e agora temos unha chea de receitas aportadas polas familias dos nenos e nenas de infantil.

8/5/15

Aprendemos con Xoán Guerreiro

Na mañá do venres, 8 de maio, estivo con nós o pintor xovense Xoán Guerreiro.
Ensinounos como poder debuxar froitas a partir dunha forma xeométrica.
Os nenos e nenas de infantil estiveron moi atentos e pasáronno estupendamente.

6/5/15

Un bonito mural primaveral

Acabamos de rematar o mural sobre a primavera; flores, animaliños, fadas, gnomos... enchen de cor as paredes do corredor das aulas de infantil.
Foi moito o traballo realizado polos nenos e nenas xunto con todas as profesoras de infantil: Ana, Laura, Mari, Cristina e Elisa.

24/4/15

FELIZ DÍA DO LIBRO

O xoves, 23 de abril de 2015, celebramos nas Bibliotecas Escolares o DÍA MUNDIAL DO LIBRO E DEREITOS DO AUTOR.
Todas as actividades que levamos a cabo quedan recollidas nesta


18/4/15

Agora toca sementar

Estamos comezando coa sementeira para despois plantar no horto escolar.
Na seguinte páxina temos os vídeos das sementeiras dos nenos e nenas de infantil






TRABALLOS NO HORTO ESCOLAR


15/4/15

Chegou a primavera a Infantil

Cando chega a primavera as aulas e corredores  énchense de motivos primaverais: flores, paxaros, bolboretas...
Todos os nenos e nenas participan cos seus traballos para engalanar todos os rincóns do colexio.

9/4/15

A árbore xenealóxica de 4º de Infantil

Cada neno e nena de 4º de Infantil preparou a súa árbore xenealóxica. Na imaxe podemos ver a de Raúl como exemplo.
Unha árbore xenealóxica ou xenograma é unha representación gráfica que enlista os antepasados e os descendentes dun individuo nunha forma organizada e sistemática, sexa en forma de árbore ou táboa. Pode ser ascendente, expoñendo os antepasados ou antecesores dunha persoa, ou descendente, expoñendo todos os descendentes.

Para realizar unha árbore xenealóxica é necesario, primeiro, ter realizado unha investigación xenealóxica ou xenealoxía do individuo.

24/3/15

Contos na Bibliosoños

Anxo Moure, pasou pola nosa biblioteca para contarnos contos sobre as árbores, como coidalas e respetalas...
Pasamos un ratiño moi divertido e entretido.
Queremos darlle as gracias ao CONSORCIO EDITORIAL GALEGO por poder contar con esta actividade.

23/3/15

Celebramos o día da Árbore

Para conmemorar esta data tan importante, os alumnos e alumnas de Infantil, xunto coas súas profesoras, fixeron unha visita guiada polas árbores que temos no entorno do colexio.
Aprenderon moitos nomes de árbores, sementaron unha "Viola cornuta Bambini", cantaron a canción "As árbores da fraga" e pasaron unha mañá estupenda disfrutando do noso medioambiente.


18/3/15

Imos de tendas...

Seguimos traballando no Proxecto ALIMÉNTATE BEN e agora toca ir de compras ao mercado.
Nos murais que fixeron os alumnos e alumnas de 4º e 5º de Infantil podemos ver diferentes clases de tendas: froitería, peixería, carnicería, panadería, pastelería...

17/3/15

Estudamos a vaca

Neste pequeno vídeo podemos ver canto aprenderon os nenos e nenas de 5º e 6º de Infantil sobre A VACA


16/3/15

Canción "As árbores da fraga"

 Estes días andamos a aprender esta canción sobre as árbores 


25/2/15

Mural: A VACA

Xa temos rematado o mural colaborativo das aulas de 4º, 5º e 6º de Infantil, foi realizado por todos os alumnos e alumnas xunto coas súas profesoras: Maricarmen, Inés, Ana, Cristina, Elisa e a colaboración da alumna en prácticas Natalia.
"A VACA  como fonte de alimentos" forma parte do proxecto que estamos a traballar durante este curso: ALIMÉNTATE BEN.
Fixemos o seguinte vídeo para ensinarvos o estupendo que quedou!!!

14/2/15

Festa de Entroido

O venres, 13 de febreiro, celebramos a nosa particular Festa de Entroido no Colexio.
Houbo chocolatada, larpeiradas, desfile de disfraces, xogos e cancións. 
Que ben o pasamos!

12/2/15

Traballos no ENTROIDO

Os nenos e nenas de Infantil non paran de traballar!
Así de ben quedaron as caroutas e
os murais das larpeiradas do ENTROIDO!!!


Libriño do ENTROIDO

Outro libriño de 5º de Infantil traballando O ENTROIDO

11/2/15

Traballo sobre os alimentos

Os nenos e nenas de 5º de Infantil acaban de rematar o libriño sobre OS ALIMENTOS.
Na seguinte presentación podemos ver un dos libros:



10/2/15

TEMPO DE ENTROIDO


podemos seguir toda a actividade

http://entroido2010.blogspot.com.es/

5/2/15

Tres árbores froiteiras moi especiais

Ao pé do horto escolar, da aula de 6º de infantil, naceron tres árbores froiteiras moi especiais:


28/1/15

O NOSO HORTO

Ese é o título do mural que fixeron os nenos e nenas de 6º de Infantil xunto coa súa profesora Ana.
Un horto ou horta é un cultivo de regadío, moi frecuente nas veigas dos ríos por ser un tipo de agricultura que require abundante auga.
Os principais cultivos das hortas adoitan ser as hortalizas, verduras, legumes e, ás veces, árbores froiteiras.
A ciencia que estuda as hortas denomínase horticultura.
Os homes e mulleres que traballan no horto chámanse: horticultor, cultivador, labrador, campesiño ou labrego.


27/1/15

Cantos traballos para o DÍA DA PAZ!!!

Para conmemorar o DÍA ESCOLAR DA PAZ E NON VIOLENCIA os nenos e nenas de INFANTIL, xunto coas súas profesoras Mari, Inés, Ana, Cristina e Marta, prepararon moitas actividades:
  • Pombas no acivro
  • Mural: "Mans de cores pola PAZ"
  • Traballo individual para participar no concurso da Pegatina Conmemorativa
  • Canción: "Que vivan a paz e o amor"




26/1/15

Contos sobre A PAZ

Neste blog atopamos contos  para ler e ver durante esta semana previa á celebración do
DÍA ESCOLAR DA PAZ E NON VIOLENCIA

Clica na imaxe para entrar

http://www.menudospeques.net/recursos-educativos/cuentos-infantiles/paz/
 

22/1/15

Cumpleanos do 1º trimestre

Clica na imaxe para ver o vídeo das celebracións dos nenos e nenas que cumpliron anos no 1º trimestre.

https://sites.google.com/site/osnososcumpreanos/curso-2014-2015

16/1/15

Traballando para celebrar o Día da Paz

Os nenos e nenas de 6º de Infantil están aprendendo moi ben a canción:

12/1/15

Xa se achega a celebración do DÍA DA PAZ

O vindeiro 30 de Xaneiro conmemoraremos, un ano máis, o 
DÍA ESCOLAR POLA PAZ E A NONVIOLENCIA. 
Os nenos e nenas de Infantil van aprender a canción 
QUE VIVAN A PAZ E O AMOR!



QUE VIVAN A PAZ E O AMOR!



COLOR ESPERANZA