19/6/17

"Graduación de 6º de Infantil"

A piques de rematar o curso, celebramos, coma sempre, a graduación dos "maiores" de Infantil. É un día moi emotivo no que todos/as que os acompañamos estes anos volvemos a vista atrás e os recordamos os primeiros días de cole e como foron medrando, aprendendo e facéndose grupo. Todo esto quedou reflexado no video que preparou a profe Marta e que vimos durante o acto , pero ainda había máis sorpresas, agradecementos e agasallos para todos/as que compartimos con eles/as estes anos, a presentación do video e posterior actuación, emulando a Magin Blanco co seu "Todos somos capitáns", unha fermosa sorpresa para a súa titora en forma de libriño, un canto de despedida...e por suposto, a entrega de diplomas e a orla. Aquí vos deixamos un resumo de todos eses momentos.



" A nosa exposición de Maruja Mallo"

Inauguramos esta exposición de lenzos coas reproducións de cadros de Maruja Mallo. Os nenos/as de 4º de Infantil fixemos varias mostras da serie de "Máscaras", os/as de 5º de Infantil da serie de "Naturezas Vivas" e os nenos/as de 6º elixiron as súas obras preferidas para representalas.
Esta inauguración está aberta aos pais/nais que queiran visitala no seguinte horario: martes e mércores de 9:10-9:30 e de 13:30-13:50. Agardamos que vos guste!!

15/6/17

O alumnado de 6º de Infantil recibiu un premio, NORABOA!

O alumnnado de 6º de Infantil coa súa titora, Maricarmen Lázaro e a alumna de 5º curso, Inés Cachón, acadaron o 1º e 3º premio respectivamente no
https://www.facebook.com/festadamerluzadeceleiro/Este concurso ten como obxectivo facer partícipes da Festa a toda a poboación infantil de Celeiro, do Concello de Viveiro, e por extensión de toda Galicia e España.
O noso centro sempre participa neste concurso acadando premios moi meritorios e así este ano hai que felicitar a todo o alumnado de 6º de Infantil e a súa mestra Maricarmen por ese 1º premio así como a Inés Cachón polo seu 3º premio.  

NORABOA POLO VOSO TRABALLO BEN FEITO!
ACTO DA ENTREGA DOS PREMIOS
O traballo ou cartel que presentou o alumnado de 6º curso está basado nunha foto antiga de Celeiro onde se pode observar as casas, a praia, os barcos... e como primeiro plano ás mulleres coas cestas na cabeza cargando o peixe que pescaron os homes no mar. 
É unha homenaxe ao importante rol da muller no mundo do mar.


Cartel de Inés Cachón Oulego, alumna de 5º de Primaria e que levou o 3º Premio do V Concurso Infantil de debuxo festa da merluza do pincho de Celeiro.

9/6/17

"O tren das estacións"

Adiantámonos un pouquiño ao verán para poder rematar o noso tren das estacións que fixemos coa profe Inés. Ela ensinounos esta canción que agora vos mostramos.

7/6/17

"Actividades con ASPANANE"

A semana pasada tivemos unhas visitas moi especiais; Sara, Oliva, Mº José e Cora estiveron no noso centro, acompañados dos seus monitores Isabel e Marcos, realizando distintas actividades.
Explicáronnos as dificultades que podían atopar persoas con discapacidade  sensorial, intelectual ou motórica, así como as axudas que poden precisar para unha mellor comunicación, independencia...etc
Pero o máis importante foi que nos ensinaron  que todos temos dificultades en certas cousas pero iso non supón que non podamos disfrutar co que máis nos gusta. Moitas grazas pola vosa visita e agardamos vervos de novo polo cole compartindo máis momentos con nós.