31/5/19

Excursión de fin de curso á Praia de Esteiro (Barqueiro-Mañón)

O xoves, 30 de maio de 2019, o alumnado de 4º, 5º e 6º de infantil, xunto coas mestras Ana, Cristina, Mari, Iris, Esther, María e Marta viaxaron en autobús rumbo á Praia de Esteiro no Barqueiro, alí disfrutaron dunha preciosa mañá con xogos na area, tomaron a merenda de media mañá con moito apetito e volvemos moi cansos cara o colexio. No seguinte vídeo podemos ver unha pequena reportaxe da pequena excursión á praia. 

 

16/5/19

O gran mural das nosas árbores

Os nenos e nenas de Infantil fixemos este mural como peche do proxecto que traballamos ao longo deste curso titulado "Ao abeiro dos nosos montes".
Nas aulas traballamos distintos aspectos das plantas e árbores: 
  • como seres vivos
  • as súas partes e as funcións que desempeñan
  • o seu ciclo vital...
Tamén investigamos sobre como coidar os bosques, xa que descubrimos a importancia que teñen as árbores para a nosa vida.
Tratamos de representar esta información de xeito diferente con desplegables, rodas, libriños...
Cada aula elixiu unha árbore das que medran ao redor do colexio para estudala máis polo miúdo.
Na aula de 3 anos traballaron o acivro, a aula de 4 anos investigou sobre a moreira e na aula de 6 anos elixiron a pereira, o castiñeiro, o carballo e o piñeiro.
Quedounos un mural moi completo e para explicalo realizamos este vídeo.
Esperamos que vos guste!!!


15/5/19

SEMENTEIRA DE INFANTIL

Nesta bonita mañá do mes de maio os nenos e nenas de 4º e 5º de Infantil levaron a cabo unha sementeira de perexil, landras, xirasois, eneldo, manzanilla... para despois poder plantar no horto escolar.