24/2/17

" A entroidar !! "


Que ben o pasamos hoxe! Xogamos, bailamos, cantamos, desfilamos, comemos...Viva o entroido!!

23/2/17

"Tempo de entroido"

Esta foi unha semana moi completa e divertida: decoramos o cole, fixemos antifaces e carautas, disfrazámonos seguindo as ordes do Meco e ademáis tivemos a sorte de contar coa actuación do grupo  Eu son, que nos contaxiou a súa enerxía e ilusión. Moitísimas grazas por compartir con nós a vosa música, pasámolo xenial e desexamos que volvades pronto.






21/2/17

Traballo dos nenos e nenas de 6º de Infantil

Os nenos e nenas de 6º de Infantil acaban de rematar o seu "Libriño do inverno".
Nesta ocasión poñemos o realizado por Raúl



18/2/17

"Zeralda e o dragón"

Este é o video que fixemos para participar na actividade proposta polo IES da Poba do Caramiñal: " 21 días co galego ", adicada este ano a Agustín Fernández Paz.
Como xa sabedes, eliximos a obra "Zeralda e o dragón" e este foi o resultado.





"Rosalías pequeniñas"

Onte foi un día cheo de momentos emocionantes, que moitos de vós puidestedes compartir con nós.
Aquí vos deixamos unha mostra dalgúns deles, neste caso protagonizados polas nosas " Rosalías pequeniñas".




10/2/17

Aprendemos cantando!


Unha clase moi divertida! 
Aprendemos a vestirnos e os nomes das prendas de vestir, en inglés, 
cunha bonita canción que nos ensinou a nosa profesora Rosa.

 The song is from OUP: Three in a tree
 

6/2/17

Inverno

Os nenos e nenas de 5º de Infantil estamos a traballar o inverno con poemas adiviñas, refráns e un libriño referente a esta estación.
Tamén decoramos as ventás da aula e a nosa árbore cuns pingüíns moi simpáticos.

Aquí o deixamos.

3/2/17

Libriño do Corpo Humano

Os nenos e nenas de 6º de Infantil están estudando o Corpo Humano e fixeron un libriño que podemos ver na seguinte presentación:



Tamén vos deixamos este pequeno vídeo para aprender un pouquiño máis


2/2/17

Mural "La noche estrellada" de 5º de infantil

Os nenos e nenas da clase de 5º de infantil estamos traballando a obra dun recoñecido pintor do impresionimo, Van Gogh;  por iso comezamos a falar na asamblea da súa vida, tamén dos seus cadros máis representativos entre os que se atopa este.
Acordamos entón facer un mural reproducindo esta obra con distintas texturas e materiais, para o que seguimos estes pasos:
- Elaboramos as casas do pobo con cartón e  pintámolas con rotuladores de cores frías.
- Pegamos papel pinocho de cor negro para representar o ciprés, démoslle unhas pinceladas de amarelo para axustarnos máis ao cadro.
- Empregamos tamén as témperas para facer os distintos tipos de trazos que corresponden  co fondo da composición.
- Pedimos a colaboración  dos nosos veciños de corredor, os nenos e nenas da clase de 4º de infantil, para que  nos axudaran a cortar diferentes tipos de papeis (celofán, seda, pinocho, metalizado...) en diferentes tons de azul e  a pegalos para deseñar o ceo.
- Os nenos/as de 4º de infantil tamén pintaron os astros da nosa obra mesturando a témpera no propio papel tratando de imitar o estilo da obra.
Non quixemos rematar o noso mural sen enmarcalo dunha forma axeitada, así que pintamos un gran marco de cartón mesturando as cores laranxa e marrón, para unha vez secas engadirlle trazos de ocre.
Engadimos tamén unha reprodución do cadro " Autorretrato" de Van Gogh, feita primero a lapis por Celia ( con algo de axuda da profe) e pintada por todos nós.  Empregamos, esta vez, a pintura ao óleo como técnica.