31/10/12

Festa no colexio

O día 31 de outubro celebramos varias festas no colexio:
  • Pola mañá o Halloween e o Samaín.
  • Despois do recreo comimos castañas do noso Magosto.
  • Viñemos disfrados de esqueletos, bruxas, demos, cabazas...  Pasámolo moi ben! 

28/10/12

PARA XOGAR UN POUCO

 CLICA NAS  IMAXES PARA ENTRAR




26/10/12

As cabazas do SAMAÍN

Para celebrar o Samaín  estamos ambientando e decorando as aulas e corredores do colexio.
Aquí podemos ver a exposición que está na entrada de infantil. Cada neno e nena trouxo a súa cabaza disfrazada, este ano o tema é sobre "o mar, os piratas..."
Que ben o fixeron!!!

24/10/12

Día da Biblioteca Escolar

Hoxe foi un día moi especial! 
Fumos á Biblioteca a celebrar o seu día e fixemos moitas actividades:
Os alumnos de 1º curso e a súa profesora Rebeca, dramatizaron o conto NADARÍN, fixéronno moi ben.
Tamén lle cantamos as cancións que aprendimos sobre o MAR.
Vimos os libros novos que lle regalaron á Bibliosoños e a nos tamén nos regalaron un bonito libro para traballar na casa.
Neste enlace podemos ver os vídeos e as fotos destas actividades.

15/10/12

Exposición de Marcapáxinas

No mes de outubro celebramos o Día das Bibliotecas Escolares (mércores, 24). Entre as actividades especiais que facemos está a elaboración dos marcapáxinas que logo expoñemos nas escaleiras da entrada principal.

5/10/12

No tempo de outono

Hoxe fumos visitar os nosos castiñeiros. 
Están cheos de ourizos que pronto "regañarán" e poderemos ter as castañas que comeremos na Festa do Magosto.

4/10/12

Traballos de outono

Os alumnos de 6º de infantil expuxeron no corredor estes bonitos traballos.

3/10/12

O outono xa chegou!

Xa entramos na estación do outono e xa sabedes que a Bibliosoños ten un blog especial
Entrade nel e atoparedes moitas actividades e vídeos que vos gustan.

1/10/12

O outono xa chegou!

Que ben traballan os nenos e nenas da aula de 6º de infantil!.