15/3/22

Día Internacional da Muller

 O 8 de Marzo, celébrase o Día Internacional da Muller, e desde o centro quixemos sumarnos ás reinvidicacións deste día. É por iso que, desenvolvéronse diferentes actividades para facer reflexionar ao alumnado sobre a figura da muller na sociedade. 

A continuación, podedes ver neste vídeo, algunhas das que se fixeron nas aulas de Infantil, e que dedicamos a todas as que loitaron e loitan por unha igualdade real entre homes e mulleres.

 


 

9/3/22

Laboratorio de experimentos

 Como podedes ver, xa puxemos en funcionamento o LABORATORIO DE EXPERIMENTOS, que temos ubicado no patio do cole. Con él pretendemos que os nenos e nenas experimenten con diferentes materiais e con elementos da natureza que poden atopar ao seu arredor. 

E a verdade é que o estamos a pasar xenial.

Hai uns días solicitamos por Abalar que nos proporcionárades diferentes utensilios e obxectos de madeira ou metal que tivérades pola casa e que podemos utilizar neste laboratorio e cos que poder realizar diferentes experimentos.

Os nenos e nenas de 4º de EI (3 anos) poderán traer obxectos como culleres, culleróns, morteiros, táboas de cortar e/ou espumadeiras

Os nenos e nenas de 5º de EI (4 anos), bandexas, boles, cuncas, botes, tixolas e/ou potas pequenas.

E os nenos e nenas de 6º de EI (5 anos), poderán aportar pas, coadoiros, recipientes, espátulas e/ou balanzas (non electrónicas)

Gustaríanos darlle as grazas á ANPA e a todas as familias por colaborar con nós nesta iniciativa.



 


7/3/22

Febreiro Festeiro

     Durante o mes de Febreiro traballamos moitas cousas, sobre todo, relacionadas co:

- ANTROIDO, no que gozamos preparando decoracións para o cole, realizando as nosas propias caretas e antefaces, seguindo os mandatos do MECO e, sobre todo, desfilando polas rúas arredor do cole e na posterior festa, na que bailamos e cantamos un montón.


 

Na semana grande das celebracións do Antroido, fixémoslle un merecido homenaxe a  

Rosalía de Castro, na data do seu nacemento, o 23 de febreiro. 

As actividades que realizamos para homenaxear a esta figura tan importante para o idioma galego e o rexudir das nosas letras, estaban enmarcadas nas propostas da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega, seguindo o lema #SementadePensamentos