20/6/13

Graduación dos alumnos de 6º de Infantil

Hoxe foi un día moi emocionante!.
Xuntámonos todos os alumnos e alumnas de Infantil para a graduación dos compañeiros do último curso. Estaban moi nerviosos e a súa profesora moi emocionada, polo gran evento.
Ademáis foi a estrea do "vídeo especial", preparado pola profesora Angélica, onde se recollen as vivencias destes tres últimos anos da promoción 2010-2013.
Nos seguintes vídeos podemos ver o acto da graduación e o vídeo especial.

13/6/13

Aniversarios do trimestre

O xoves, 13 de xuño, celebramos os aniversarios do trimestre.
Os nen@s que cumpren neste trimestre son:
  • 4º Infantil: Alison, Nicolás B., Nicolás E., Nicolás F., Patricia, Hugo e Aurora.
  • 5º Infantil: Daniel G., Daniel L., David e Mar.
  • 6º Infantil: Brais, Bryan, Anxo, Ana, Alegría, Alonso e Iago.
Os pais e nais dos nen@s que cumpren anos en cada un dos cursos deberán poiñerse dacordo para traer a merenda, a bebida, os vasos e pratos de plástico e unha tarta por clase coas velas correspondentes. Ese día os nen@s non necesitarán traer merenda.

12/6/13

Peixiños globo de 4º de Infantil

Os alumnos e alumnas de 4º de Infantil fixeron "Peixes globo" que despois levaron para xogar nas súas casas.
Lucas, Ángel e Sara, despois do comedor, xogaron con eles moi contentos!

7/6/13

Un libro moi fermoso!

A profesora Rebeca fixo este fermoso libro que nos gusta ler e  ler moitas veces.



6/6/13

Que ben o pasamos!

O mércores, 5 de xuño, Día Mundial do Medioambiente, fixemos a excursión de fin de curso todos os nenos e nenas de Infantil. Pasámolo moi ben e aprendimos moitas cousas!

4/6/13

Imos de excursión



O mércores 5 de xuño os/as nenos/as de Educación Infantil  imos de excursión de fin de curso a San Cibrao en tren. Visitaremos o Museo do mar, xogaremos no parque e na praia e comeremos na Atalaia.
- O custo da excursión é de 5 euros (billete de ida e volta en tren máis o xeado que lles mercaremos despois de comer). Entregaredes os cartos á titora dos vosos/as fillos/as antes do martes día 4 de xuño.
- O día da excursión levaredes os/as nenos/as directamente  á estación de tren de Verxeles ás 9:45, voltaremos á estación de tren ás 15:40 onde estaredes esperando ós nenos/as.
- Os/As  nenos/as deberán levar roupa e calzado cómodo (chandal e tenis ou similar) e unha gorra para sol, levarán tamén unha mochila cunha botella de auga e un ou dous bocadillos pequenos, non lles fai falla postre porque despois de comer mercaremos un xeado. Recordade botarlles crema solar.
- As profesoras que os acompañarán serán:
Marta Pérez Lage, Angélica Novo Reges, Mª del Carmen Lázaro Quevedo, María Rivadeneira Cordido e Marta Vilasuso Villar.