22/12/20

O NADAL 2020

No seguinte vídeo podemos ver a posta en escea do alumnado de 6º de Infantil do conto "Cando Martiño tivo ganas de mexar na noite de Reis"


Todo o alumnado de 4º, 5º e 6º de Infantil tamén prepararon a panxoliña "I´m Father Christmas"


Na seguinte presentación podemos ver todo o que fixemos neste NADAL 2020

3/12/20

Día Internacional das Persoas con Discapacidade

 

 As nenas e nenos de 6º de E.I. conmemoraron este día.

O 3 de decembro é o Día Internacional das Persoas con Discapacidade. Este ano, a OMS únese aos seus asociados baixo o lema «Un día para todos», co cal se quere reflectir a crecente aceptación de que a discapacidade forma parte da condición humana. Case todos nós experimentaremos unha discapacidade temporal ou permanente nalgún momento das nosas vidas.

Para recordar este día fixemos un "vídeo-postal" do NADAL con pictogramas e presentamos o conto "O cazo de Lorenzo".

 

 

VER NESTE BLOG MÁIS ENTRADAS SOBRE BIBLIOTECA INCLUSIVA  

PREME NA IMAXE PARA ENTRAR NA PÁXINA DE RECURSOS





1/12/20

Últimos traballos no horto

Aproveitando que estivo bo tempo estivemos traballando moito. Neste video podedes ver un pouquiño das últimas tarefas cas que estivemos ocupados.

Os nenos e nenas de 4º de Infantil estiveron preparando os semilleiros de remolacha. Os de 5º estivemos reforzando o crecemento das nosas plantas de brecol e leituga cun pouco de substrato ecolóxico. Os de 6º de Infantil limparon de malas herbas o bancal das leitugas.

Avanzamos tamén neste video os primeiros traballos de limpeza que fixeron os nenos e nenas de 5º de Primaria, no bancal onde agora xa teñen plantados os seus repolos.

28/11/20

Fixemos uns "garda-mascarillas"

Hoxe as nenas e nenos de 4º de Infantil amósannos o resultado da aportación de "bricks", por parte das familias, para a elaboración de garda-mascarillas.

Seguirán intentando destruir ao virus!!!


25/11/20

25 de novembro, Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller

Durante esta semana o alumnado de 4º de E.I. elaborou xogos cooperativos con materiais de refugallo aportado polas familias. Hoxe, 25 de novembro, Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres, aprenderon valores empregando os xogos que elaboraron.
 
Tamén o alumnado de 6º de E.I. din: "STOP Á VIOLENCIA MACHISTA"
 

30/9/20

Encontro moi emotivo!

Hoxe o alumnado de 1º de Primaria tivo un encontro especial de despedida coa súa mestra de Infantil, Maricarmen, durante os cursos do 2017 ao 2020.

 

Como de todos é sabido, non puideron rematar o curso, nin ter a súa festa especial de despedida da promoción, nin o acto de graduación que todos os anos realizamos ao rematar o período de Infantil.

As familias prepararon un vídeo con todos os compañeiros e compañeiras da promoción que nos fixeron recordar todos os bos momentos vividos durante os tres últimos anos.

Tanto a profesora Mari como todos e todas as profesoras do colexio agradecemos o seu esforzo. 

MOITAS GRACIAS


 

14/9/20

COMEZAMOS O CURSO 2020-2021!!!

 Comezamos o curso 2020-2021!

Estas son as promocións de 4º, 5º e 6º de Infantil



19/6/20

Promoción 2017-2020 de Infantil

Hoxe presentamos a orla do alumnado que rematou a súa etapa de Infantil. 
Non puidemos realizar o acto de graduación pero as familias colaboraron desde as súas casas realizando o birrete e as fotos para que Mari, a súa titora, fixese esta orla tan bonita que lles quedará de recordo.
Esperámosvos en primaria!
Agora disfrutade do tempo de verán.


29/5/20

Moitos contos

Bos días!! Estos días estamos adicándonos a publicar contos. O bo tempo comezou por fin e xa se pode sair a rúa, a pasear, a praia ...Seguro que o estades pasando xenial, non si? Agardamos que vos gusten estes contiños que preparamos nestes días. Unha aperta xigante a todos e todas!







19/5/20

Os vosos contos

Bos días! Como xa veríades onte colgamos na nosa canle de youtube este video tan chulo dos vosos traballos, que guapísimos estades todos/as!



Hoxe publicamos un video onde a natureza e a protagonista. Agardamos que vos guste. Unha aperta xigante!



15/5/20

Xogos!

Bos días! Hoxe deixamos un video  de xogos para facer con cousas da casa. Podedes practicar a fin de semana.







Tamén podedes descargar se vos apetece estas fichas de trazos con rotulador. Se non tedes impresora cambiade os rotuladores por puntiños de cores feitos a man. Unha aperta moi forte e disfrutade da fin de semana !

Grafismos con rotulador

14/5/20

As vosas colaboracións

Bos días! Hoxe fixemos un video coas vosas aportacións. Recordade que podedes seguir enviando cousiñas que vos apetezan ao noso mail celeiroinfantil@gmail.com. Animádevos, gústanos moito ver canto traballades!!!



Podedes ver tamén esta fermosa adaptación do conto "As pitas baixo a chuvia" de Ricardo Carvalho Calero que fixo a Asociación Semente de Lugo


11/5/20

Letras Galegas 2020

Bos días! Este ano o Día das Letras galegas adícase a Ricardo Carvalho Calero. Entre as súas obras atopamos este conto "As pitas baixo a choiva". Agardamos que vos guste. 
Recordade que podedes visitar a páxina especial adicada ao autor onde atoparedes actividades,información  e recursos.
Tamén podedes descargar as actividades da páxina da Aula Virtual do cole.
Xa nos chegaron traballos súperchulos sobre o voso conto favorito, animádevos se ainda non o fixechedes. Unha aperta moi grande.



7/5/20

Profesións

Bos días! Hoxe Ramona comenta os debuxos tan chulos que nos enviáchedes. Grazas pola vosa colaboración.





Compartimos tamén este conto tan bonito sobre o coronavirus que nos suxeriu a mamá de David e Carmen. Grazas pola vosa implicación. Que pasedes unha boa fin de semana. Unha aperta.

"El bichito insolente" Tamara Chubarovsky




6/5/20

Xoguetes

Bos  días! Hoxe Mariña vai ensinarvos uns xoguetes feitos con material de refugallo que tamén podedes facer vós na casa, que os disfrutedes!!


Por si alguen non o viu, fixemos a seguinte proposta a través de Tokapp:

Ola familias! O día 17 de Maio conmemórase o "Día das letras galegas" que este ano está adicado a Ricardo Carvalho Calero.  No blogue do centro hai información e actividades do autor, máis as adaptadas a educación infantil son as do Seminario Galán http://seminariogalan.org/inicio/portada .  Dende o equipo de Infantil solicitámosvos a vosa colaboración realizando, ben un pequeno vídeo no que os nenos expliquen cal é o seu libro favorito en Galego e porqué, ben con unha foto co libro ou con un debuxo do seu libro favorito en Galego. Podédenolo enviar a :  infantilceleiro@gmail.com.  Un saúdo!!

Podedes envíalo ata ó día 17. Grazas.

30/4/20

Globos!!!


Bos días! O Dragón Pepón está desexando que vexades estes xogos que fixo con globos. Espero que practiquedes na casa.


Mañá é o Día do Traballo, se vos apetece podedes mandarnos un debuxo do que vos gustaría ser cando sexades maiores, parécevos? Que pasedes unha boa fin de semana. Unha aperta.




28/4/20

Maxia coa auga

Bos días! Hoxe Olegario fai unhas cousiñas moi divertidas coa auga que agardamos que vos gusten. Bótadelle imaxinación e a xogar! Unha aperta!



23/4/20

Xogando cos números

Bos días! Hoxe Ramona ensínavos varios xogos que podedes facer con cousas da casa para traballar os números. Tamén vos deixamos uns enlaces a uns xogos moi chulos para que lles botedes un vistazo. Pasade una boa fin de semana. Unha aperta.





Fiodor el gato

21/4/20

Facendo camiños

Bos días! Hoxe traemos una proposta para facer camiños, de distintos xeitos e con distintos graos de dificultade, para traballar a psicomotricidade fina dun xeito máis divertido. Esperemos que vos interese.




Tamén informarvos de que esta semana o Pequeño País Musical celebra un ciclo de concertos para os máis pequenos. Todos os días ás 18:00 no canal de YouTube elpais.com concertos en directo. Tamén podedes ver os xa celebrados como o de Yo Soy Ratón. Unha aperta.



17/4/20

Propostas para o fin de semana

Dende o canal de YouTube INFANTIL CELEIRO temos dúas propostas para "Xogar e Pintar con auga", que ben podedes practicar estes días.




15/4/20

Olegario é un artista!

Bos días!!! Hoxe Olegario propón unha serie de  actividades artísticas. Son moi sinxelas e fixémolas con cousas que temos na casa. Espero que vos fagan pasar un rato entretidos e non olvidedes que nos podedes mandar as vosas "artistadas" a celeiroinfantil@gmail.com.
Deixamos tamén un enlace aos contos de OQO, que seguro que xa coñecedes. Unha aperta.

Contos de oqo






14/4/20

Barcos

Bos  días a todos e todas! Continuamos co noso canal dándovos ideas para que poidades facer na casa.
Xa sabedes que podedes comunicarvos con nós a través do email celeiroinfantil@gmail.com.
Podedes mandar fotos, videos curtos, ideas, consultas,suxerencias...
Unha aperta e a facer cousiñas!!


10/4/20

CORES DO ARCO DA VELLA

Ola a tod@s! Como estades? 
Estes días, estamos a ver cada día máis debuxos do arco da vella nas xanelas dos nosos veciños, que simbolizan toda esta situación pola que estamos a pasar e lémbranos a cada momento que “TODO IRÁ BEN”. 
Propoñémosvos que aprendamos unha canción súper bonita e moi apropiada nestes momentos: “Cores do arco da vella”. Cando volvamos vernos, cantaremos esta canción todos xuntos celebrando que… Vencemos ao Coronavirus!


2/4/20

Hoxe é o Día do Libro Infantil e Xuvenil

O pasado 25 de marzo fixemos a seguinte entrada no blog da Bibliosoños:

PREPARANDO O DÍA DO LIBRO INFANTIL

e...  hoxe remataba o prazo para presentar os traballos que vos solicitamos.
Participaron os seguintes alumnos:
  • Carmen, David, Iria de 4º Infantil e Lucía de 6º Infantil.
 Deixámosvos o vídeo cos seus contos: 

 

Tamén temos un agasallo moi especial da profe Cris, o conto: "O que ten que aprender un cempés que queira ser sabio como Perico"

FELIZ DÍA DO  LIBRO INFANTIL 

1/4/20

Froitas con arte!

Hoxe facemos unha illa con palmeras utilizando diversas froitas!

Mariña xoga coas construcións

A peixiña ensina otros usos que lle podemos dar as construcións. Abaixo tedes os enlaces as plantillas.
"Mariña constrúe"


Actividade de cores e patróns cos Legos

Constrúe unha cidade

Plantillas dos números

Plantillas 

Secuencias numéricas

Simetrías

Torres de números

30/3/20

O Dragón Pepón na perruquería

Hoxe temos de volta ao Dragón Pepón. Agardamos que vos gusten as actividades que propón.

"O Dragón Pepón na perruquería"





27/3/20

Ramona, a "camaleona"

Bos días amiguiños e amiguiñas, hoxe presentamos a...Ramona, unha avoa artista, á que lle encanta debuxar, pintar...agardamos que vos guste. Unha aperta enooorme e boa fin de semana.

"RAMONA"



CHATTER PIX (Aplicación para o móvil) 

 PETIT POP


26/3/20

Mariña, a peixiña

Bos días! Mariña a peixiña fai un taller de xoiería. Tamén vos recomendamos estos videos para facer ioga. 

"MARIÑA, A PEIXIÑA"


YOGIC ( Ioga para nenas/os)

IOGA PARA NENOS/AS (Smile and learn)

25/3/20

Olegario, o vampiro estrafalario

Bos días! Hoxe coñecemos a Olegario, o vampiro estrafalario. Debaixo vedes os enlaces aos videos que el vos propón. Unha aperta grande grande a todos/as.


" A NENA E O GRILO" de Magín Blanco


24/3/20

Presentamos ao Dragón Pepón!

Ola a todos/as, hoxe presentamos ao Dragón Pepón. Agardamos que vos guste. Unha aperta moi forte para todas as familias.

23/3/20

Para seguir entreténdonos na casa

RECURSOS QUE UTILIZAMOS NA AULA

A MÚSICA EN INFANTIL

A MÚSICA EN INFANTIL

CANCIÓNS CURSO 2019-2020

Cancións para as estacións do ano

Actividades para E.Musical

Música e coro do Colexio

17/3/20

ACTIVIDADES DE ENTRETEMENTO PARA ESTES DÍAS...

Ola familias, deixamos nesta entrada do blog actividades e lecturas que poden axudar nestes días de "quedada na casa". Tamén recomendamos que visitedes os blogs e páxinas do colexio pois teñen moito para ver e ler sobre todo as que tedes na marxe dereita deste blog e na parte superior.

Á AVENTURA TOD@S!!!

https://sites.google.com/site/xogoseducativosenlina/

14/2/20

PARA TRABALLAR O ENTROIDO


HAI MÁIS INFORMACIÓN

                     MECO DE INFANTIL                                             MECO DE PRIMARIA





5/2/20

Por fín un día de sol!

Xa estabamos cansos de tanto recreo no ximnasio!!! e como  o luns saiu o sol, puidemos xograr no patio do recreo e aproveitamos para facer debuxos no chan que tanto nos gusta facer!

Que ben o pasamos!



31/1/20

MURAL ESPECIAL DA PAZ 2020

No colexio fixemos un mural colaborativo entre todas as aulas do colexio. Está realizado con tapóns que reciclamos entre todas as familias e comunidade educativa e que logo enviamos a:

ASOCIACIÓN DE PADRES O TUTORES
DE PERSONAS CON DISCAPACIDAD
INTELECTUAL DE LUGO

Este é o recuncho onde se depositan as tapas e tapóns 
e tamén 

O mural tamén foi realizado polo alumnado de Infantil
 6º Infantil
5º Infantil
4º Infantil

29/1/20

Semana de Traballos para a PAZ

Esta semana estivemos facendo moitas actividades e traballiños sobre a PAZ e NON VIOLENCIA.
As alumnas de 5º curso, Helena e Aurora, estiveron facendo lecturas nas aulas de infantil


Prepararon tamén uns colgantes co símbolo da PAZ


O alumnado de 6º Infantil participou na gravación da canción "UNHA CURA DE AMOR"


Outra actividade en 6º Infantil: Adrián trouxo xoguetes para compartir na aula


28/1/20

Traballos de 4º Infantil

As nenas e nenos da aula de 4º Infantil tamén remataron algúns dos seus traballos do inverno.


26/1/20

Traballos de 5º Infantil

O Mural do INVERNO da aula de 5º de Infantil 
Moi bo traballo!

16/1/20

Traballos de 6º de Infantil

Que fermosas paisaxes de inverno acaban de expoñer as nenas e os nenos de 6º de Infantil!