27/11/15

Traballos de 6º infantil

Os nenos e nenas de 6º de Infantil, durante este 1º trimestre, traballaron a Unidade Dedáctica: GALICIA.
Na presentación podemos ver o libriño que fixeron

26/11/15

Os nenos e nenas de Infantil van ao Teatro

O xoves, 26 de novembro, todos os nenos e nenas de Infantil foron ao teatro Pastor Díaz para visualizar unhas curtametraxes sobre os valores. O cinema levou á gran pantalla moitas películas nas que se tratan temas relacionados co mundo da educación. Con eles, o alumnado reflexionará sobre a amizade, a solidariedade, o traballo en equipo, o respecto ás persoas...
Na seguinte páxina EDUCACIÓN 3.0 atopamos información dunha selección de 40 curtametraxes para educar en valores. 
NESTE ENLACE podemos ver en YouTube vídeos como o seguinte:

Máis traballos sobre o mundo das abellas

Os nenos e  nenas de 5º Infantil acaban de rematar o libriño adicado ao MUNDO DAS ABELLAS.
Aprenderon moitas cousas pois xa fixemos unha chea de actividades: exposición, charlas... e están a rematar un gran mural.
Na seguinte presentación podemos ver o libriño de 5º de infantil.


24/11/15

Un agasallo especial

Os nenos e nenas de 6º de Infantil veñen de acabar os seus debuxos para agasallar ao grupo de gaiteiros "Non cho digo" que actuaron no colexio o pasado mércores, 18 de novembro.

19/11/15

Traballos de infantil: Dereitos dos Nenos e das Nenas


Para traballar sobre os Dereitos dos Nenos e Nenas os alumnos e alumnas de Infantil fixeron varios traballos que nos ensinan na seguinte presentación.


Unha clase moi musical

Os nenos e nenas de 6º de Infantil están a traballar sobre GALICIA e chegaron ao apartado da Música e Baile Tradicional e para que poidesen escoitar e ver en directo as cualidades do noso folklore, a súa profesora Inés organizou un pequeno concerto didáctico.
Visitounos un cuarteto de Música Tradicional "Non cho digo" formado por dúas gaitas, tamboril e bombo; pero ademais, a profesora Eva, trouxo os seus traxes de baile e axudadas polas profesoras Rita e Lucía explicaronlles a todos os nenos e nenas as características de cada un deles.
Organizamos unha pequena romaría cantando e bailando todos xuntos. Pasámolo estupendamente!
Agradecemos aos compoñentes do cuarteto: Samuel, Rafa, Fran e Adrián  a súa visita e a súa gran clase e concerto.

18/11/15

Máis cousas sobre as abellas

O martes, 17 de novembro, visitounos o bisavó de Lucía Fernández Rodríguez.
Fumos todos os nenos e nenas de infantil á Biblioteca e alí explicounos todo o relacionado coas abellas; nós tivemos oportunidade de facerlle unha chea de preguntas e aprendimos moitas cousas.
Tamén os nenos e nenas de 5º de Infantil lle fixemos uns debuxos en agradecemento para que sempre se acorde de todos nós.

10/11/15

Aprendemos moitas cousas sobre as abellas

Os nenos e nenas de 6º de infantil seguen a traballar sobre o mundo das abellas. Nas imaxes podemos ver unhas manualidades feita por Johana e  David xunto coas súas familias.
Tamén fixeron moitas abellas que penduran da árbore da porta de entrada á aula.
Tamén remataron un libriño sobre as abellas


5/11/15

Unha colección moi interesante

Tras o éxito dos primeiros 12 tomos, a Biblioteca Básica Os Bolechas amplíase con 6 novos títulos que complementan esta colección pensada para se converter na primeira biblioteca das nenas e nenos galegos.