30/10/16

FESTA DO SAMAÍN

O venres, 28 de outubro, celebramos o Samaín no noso colexio. 
Durante a semana fixemos actividades que nos axudaron a coñecer e aprender en que consiste esta celebración:
  • fixemos fichas para facer pequenos libros
  • debuxamos e escribimos contos
  • decoramos as portas e corredores
  • elaboraron un gran castelo que enchemos de figuras monstruosas que trouxemos das nosas casas e elaboradas con materiais de refugallo coa axuda de papá e mamá
  • tivemos sesión "de contos de medo" na Biblioteca coas das mestras Karen, Cristina e Angélica que nos contaron  3 contos: "A casa da miña avoa", "Onde viven os monstros" e "Carabuñas"
  • rematamos o día xogando e bailando no ximnasio

25/10/16

Un percorrido polo conto "O cazo de Lourenzo"

Na aula de 6º de infantil traballouse o conto "El cazo de Lorenzo" de Isabelle Carrier.
Trátase dun conto que nos amosa en forma de metáfora os obstáculos que ten que superar un neno con dificultades. Esas dificultades represéntanse por medio dun cazo vermello que acompaña a Lourenzo a todas partes. 
A través do conto, podemos observar como Lourenzo ten que esforzarse moito máis cos demais para conseguir o mesmo, precisamente por ese cazo que lle complica un pouco a vida. 
Tamén nos amosa como Lourenzo ten moitísimas calidades; como hai persoas que só ven o cazo e atópano raro, e mesmo inquietante. Pero afortunadamente existen persoas extraordinarias (pais, mestres, terapeutas...) que axudan a Lourenzo a explotar os seus puntos fortes e a levar máis discretamente o seu cazo, o que lle facilita substancialmente a vida.

Como se traballou o conto?
Primeiro contóuselles o conto, sen explicarlles en ningún momento de que ía nin que significaba ese cazo, e logo viron varios  vídeos que están en internet. Despois fixéronse preguntas para ver  o que recolleran. Ningún entendera a metáfora, aínda que tampouco é de estranar, pois é difícil que a interpreten por si mesmos.
Entón explicóuselles que significaba ese cazo.  Ese cazo eran distintas dificultades coas que se podían atopar as persoas. E fomos poñendo exemplos: ese cazo podía significar non ver, non oír, non poder camiñar, ter dificultades para comunicarse... E con cada un dos exemplos, iamos falando sobre como podía afectar ao noso día a día (como o cazo complicábanos un pouco a vida) e que podiamos facer para que ese cazo fose máis discreto (por seguir cun exemplo, no caso de ter unha discapacidade auditiva, como a lingua de signos, a lectura de beizos ou uns audífonos podían facer a nosa vida moito máis fácil).

Tradución do conto.
Como o libro que temos na biblioteca está escrito en castelán fixémoslle a tradución ao galego, así os nenos e nenas participan por igual das dúas linguas oficiais de Galicia.

Actividades que levamos a cabo.
  •  Libro-Audio: que consistiu en reproducir as ilustracións, escribir e narrar o propio conto. Tomamos imaxes dos seus debuxos, gravamos as súas narración e o resultado final foi o seguinte vídeo.
  •  Dramatización para os demais compañeiros do cole. Fixémolo coa colaboración do alumnado de 6º curso.  A representación tivo lugar no ximnasio o Día da Biblioteca Escolar, 24 de outubro. Gustou moito o resultado final e queda recollido tamén en vídeo.

  • Reflexións e Gran Mural.  Finalmente fixemos un mural coa pancarta da dramatización, os debuxos e os textos do libro-audio.

24/10/16

Celebramos o Día da Biblioteca

Celebramos o Día da Biblioteca con moitas actividades:
  • Exposición de libros.
  • Exposición de Marcapáxinas.
  • Formación de Usuarios.
  • Dramatización do conto:
"O cazo de Lourenzo" de Isabelle Carrier
Fixemos a tradución do mesmo ao galego e os nenos e nenas de 6º de Infantil, coa colaboración dos de 6º de Primaria, puxéronno en escea.
Ademais tamén elaboramos un libro-audio con debuxos e voces dos nenos e nenas da aula de 6º de Infantil.
Outra das actividades que lles gustou moito foi a preparación da Canción para Rufo e que cantaron nas sesións de Formación de Usuarios.

TODOS OS TRABALLOS PODEMOS VELOS NO SEGUINTE   ENLACE

22/10/16

Mural do outono de 6º de Infantil

Outro mural sobre o outono, nesta ocasión é o da aula de 6º de Infantil. Está feito coas follas das árbores do noso cole e que recolleron na saída da semana pasada.


17/10/16

Degustamos froitos do outono

As froitas conteñen moitas propiedades nutritivas (vitaminas, minerais, fibra, etc.) que axudan a manter e coidar a nosa saúde. É un dos primeiros alimentos sólidos que se lles dá aos bebés e o seu consumo diario é fundamental para o seu crecemento.
Ás veces, os nenos móstranse remisos a comer froita, ou polo menos certos tipos delas que lles resultan menos agradables e máis difíciles para comer. Con todo, é esencial que consuman todo tipo de froitas, xa que cada unha achega diferentes propiedades.
Na aula de 5 anos probamos a piña e tamén froitos secos como as noces, abelás, améndoas e cacahuetes.

12/10/16

Saída de 6º de infantil

O martes, 11 de outubro, os nenos e nenas de 6º de infantil, xunto coa súa mestra Maricarmen, saíron da aula para facer unha clase moi especial.
Percorreron todo o entorno do colexio onde temos unha gran variedade de árbores.
Primeiramente recoñeceron o  nome de cada únha e o do seu froito; recolleron follas e froitos caídos e por último na aula puxeron as follas a secar para dentro duns días facer un gran mural do outono.


11/10/16

Mural do outono de 5º de infantil

Os nenos e nenas de 5º de  infantil, xunto coa súa mestra Ana, fixeron un gran mural do outono e quedoulles así de bonito.

8/10/16

Moito pintamos!, 4º de infantil

Este é o primeiro mural dos nenos e nenas de 4º de infantil. 
Progresivamente irán cambiando, afaranse aos outros e xuntos medrarán e aprenderán.



3/10/16

Libriño das miñas lecturas

Os nenos e nenas da aula de 6º de infantil, este curso van a levar conta dos libros que van lendo a través do seguinte libriño que lles preparou a súa profesora Mari.