20/12/13

Festival de Nadal e chegada de Papá Noel

Hoxe foi un día estupendo!

Cantamos no Festival de Nadal a canción "TAN, TAN": despois visitounos Papá Noel e deixounos regalos nas aulas; por último, despois do recreo, tivemos sesión de cine na BIBLIOSOÑOS...

Pasámolo moi ben!!!


17/12/13

Acto de Nadal na Casa do Forno

O luns, 16 de decembro, celebramos o Acto de Nadal coma todos os anos.
A ANPA do colexio fixo a entrega dos premios de Postais e Poesías do Nadal. Os premiados foron os seguintes:
4º Infantil, Nicholas Gibson Tostón.
5º Infantil, Noa Fernández Abad.
6º Infantil, Mar Vale López.
1º Primaria, Martina Gil Alfaro.
2º Primaria, Luis Fernández Lázaro.
3º Primaria, Nerea Salgueiro Rapa.
4º Primaria, Miriam Orbe Díaz (Postal) e Alba Rouco Iglesias (Poesía).
5º Primaria, Álvaro Fernández Lázaro (Postal) e Lia Sui Balseiro Otero (Poesía).
6º Primaria, Icía Míguez  Infante (Postal) e Iria Basanta Abella (Poesía).

Noraboa a todos os participante e en especial aos gañadores. O esforzo sempre ten recompensa!

No acto tamén actuou o Coro do Colexio.
No seguinte vídeo podemos ver unha reportaxe fotográfica.

Ambientamos o Nadal

 No noso colexio as clases e corredores van transformándose cos traballos do Nadal.


16/12/13

Cumpleanos do 1º trimestre

No noso  colexio celebramos os cumpleanos dos nenos e nenas de Infantil cunha festa conxunta por cursos.
Na festa do venres, 13 de decembro, soplaron as velas os nenos e nenas que cumpliron os anos durante os meses de setembro, outubro, novembro e decembro das clases de 4º e 6º de Infantil. En 5º de Infantil non houbo ningún neno ou nena que cumplira os 4 anos neses meses.

11/12/13

Postais para o Nadal

Os nenos e nenas de Infantil xa fixemos as nosas postais de Nadal e para que todos e todas as poidamos ver e disfrutar están expostas ao longo das escaleiras do edificio principal.


10/12/13

Traballos en familia

Os alumnos e alumnas de Infantil decoraron "Botas de Nadal" xunto coas súas familias.
No colexio fixemos unha  exposición con todas elas, quedou ben bonita!


Pautas para fomentar a lectura

Ler un conto aos nenos e nenas cada día ou regalarlles un libro nas ocasións especiais son algúns dos primeiros pasos que os pais poden dar para inculcar nos seus fillos pequenos o amor e o gusto pola lectura. Esta actividade estimularaos e axudaralles a desenvolver as súas competencias lingüísticas, pero tamén lles servirá de fonte para adquirir novos coñecementos e como ferramenta para progresar en todas as súas aprendizaxes.

Na seguinte presentación podemos ler sete pautas para fomentar a lectura.