29/10/10

Traballos da aula de 6º de infantil

Tamén celebramos o Samaín

Os medios de transporte na Prehistoria

Aquí temos o "troncomóvil" listo e preparado para viaxar a través do tempo.
Temos que dar as gracias a Enrique que fixo posible a ilusión de todos os nenos e nenas de infantil e tamén das mestras!!!

28/10/10

Celebramos o Día da Biblioteca

Hoxe foi un día especial, celebramos o día da nosa Biblioteca que se chama BIBLIOSOÑOS. Vimos moitos libros novos, cantamos a canción "Unha festa especial" e levamos tamén un regalo: unha bolsa moi bonita para levar e traer os libros da Biblioteca ás nosas casas.


25/10/10

Fundación meniños

Este curso seguimos a traballar no proxecto que xa iniciamos no curso 09/10 relacionado coa FUNDACIÓN MENIÑOS:   Organización que traballa polos dereitos da infancia en situación de dificultade social, con programas de intervención directa cos nenos, nenas e as súas familias, e con accións de carácter educativo e preventivo.


Por participar no curso pasado regaláronnos este figuriña










Tamén nos enviaron unha pequena revista que levarán de recordo, cada neno e nena de infantil, dentro da bolsa da biblioteca.
Esta bolsa será para levar e volver a traer os libros prestados para ler na casa coas familias.

Proxecto para o 1º trimestre


No 1º trimestre deste curso 2010-2011 imos traballar, as tres aulas de Educación Infantil, o tema da Prehistoria.
Xa falamos de mamuts, homes primitivos, pinturas rupestres...e estamos a elaborar un mural da Prehistoria.
Queremos dar as gracias a todos os que participáchedes con nós (traendo disfraces, dinosaurios, películas...) podedes seguir colaborando!.


Imos ter unha sorpresa relacionada cos medios de transporte na Prehistoria