11/12/12

Patente de corso

Álbum infantil ilustrado. Poemario de Rafa Vilar premiado pola Fundación Xosé Neira Vilas co Arume de Poesía 2011

20/11/12

Aprendemos na Bibliosoños



20 de novembro: DÍA DOS DEREITOS DA INFANCIA

 

16/11/12

Fundación Meniños


Fundación Meniños é unha entidade de acción social sen ánimo de lucro especializada no ámbito da infancia e a adolescencia, cun traballo orientado a garantir o dereito a vivir en familia.
Acabamos de recibir os libriños que editaron do curso 2011-2012 e no que aparece na páxina 5 un traballo dos nenos do colexio. Sí, aquel que fixeron da árbore xenealóxica.
 

Semana da Ciencia no Colexio

Na semana do 5 ao 9 de novembro, no laboratorio do Colexio, os nenos e nenas de Infantil participaron das experiencias coas enerxías alternativas. Aprenderon un montón !!!

31/10/12

Festa no colexio

O día 31 de outubro celebramos varias festas no colexio:
  • Pola mañá o Halloween e o Samaín.
  • Despois do recreo comimos castañas do noso Magosto.
  • Viñemos disfrados de esqueletos, bruxas, demos, cabazas...  Pasámolo moi ben! 

28/10/12

PARA XOGAR UN POUCO

 CLICA NAS  IMAXES PARA ENTRAR




26/10/12

As cabazas do SAMAÍN

Para celebrar o Samaín  estamos ambientando e decorando as aulas e corredores do colexio.
Aquí podemos ver a exposición que está na entrada de infantil. Cada neno e nena trouxo a súa cabaza disfrazada, este ano o tema é sobre "o mar, os piratas..."
Que ben o fixeron!!!

24/10/12

Día da Biblioteca Escolar

Hoxe foi un día moi especial! 
Fumos á Biblioteca a celebrar o seu día e fixemos moitas actividades:
Os alumnos de 1º curso e a súa profesora Rebeca, dramatizaron o conto NADARÍN, fixéronno moi ben.
Tamén lle cantamos as cancións que aprendimos sobre o MAR.
Vimos os libros novos que lle regalaron á Bibliosoños e a nos tamén nos regalaron un bonito libro para traballar na casa.
Neste enlace podemos ver os vídeos e as fotos destas actividades.

15/10/12

Exposición de Marcapáxinas

No mes de outubro celebramos o Día das Bibliotecas Escolares (mércores, 24). Entre as actividades especiais que facemos está a elaboración dos marcapáxinas que logo expoñemos nas escaleiras da entrada principal.

5/10/12

No tempo de outono

Hoxe fumos visitar os nosos castiñeiros. 
Están cheos de ourizos que pronto "regañarán" e poderemos ter as castañas que comeremos na Festa do Magosto.

4/10/12

Traballos de outono

Os alumnos de 6º de infantil expuxeron no corredor estes bonitos traballos.

3/10/12

O outono xa chegou!

Xa entramos na estación do outono e xa sabedes que a Bibliosoños ten un blog especial
Entrade nel e atoparedes moitas actividades e vídeos que vos gustan.

1/10/12

O outono xa chegou!

Que ben traballan os nenos e nenas da aula de 6º de infantil!.


11/9/12

11/6/12

Como se fai unha macedonia?

Que rica está a macedonia de froitas! 



14/5/12

LIM para traballar nas Letras Galegas

LIM Valentín Paz Andrade 2012
(Educación Infantil)

 Autoría: Seminario Galán 

11/5/12

Murais de 6º de Infantil

A RODA DOS ALIMENTOS E A RECICLAXE

 

10/5/12

Preparando os cultivos do horto escolar

Os alumnos e alumnas de  Infantil xa prepararon as sementes para plantar os tomates cherri e tamén transplantaron os gladiolos ás macetas do parque infantil.

 

2/5/12

Primavera na charca

Os alumnos de 4º de Infantil fixeron un mural sobre a charca na primavera. 
Que bonito quedou!

19/1/12

Traballos para a Paz

Achégase o 30 de xaneiro, data na que se celebra o Día Escolar da Paz e Non Violencia, para irnos metendo en materia dende a Bibliosoños fixemos esta páxina especial de recursos para traballar nas aulas.






Os nenos e nenas de Infantil imos cantar esta canción:
"Unha cura de amor"