30/4/20

Globos!!!


Bos días! O Dragón Pepón está desexando que vexades estes xogos que fixo con globos. Espero que practiquedes na casa.


Mañá é o Día do Traballo, se vos apetece podedes mandarnos un debuxo do que vos gustaría ser cando sexades maiores, parécevos? Que pasedes unha boa fin de semana. Unha aperta.




28/4/20

Maxia coa auga

Bos días! Hoxe Olegario fai unhas cousiñas moi divertidas coa auga que agardamos que vos gusten. Bótadelle imaxinación e a xogar! Unha aperta!



23/4/20

Xogando cos números

Bos días! Hoxe Ramona ensínavos varios xogos que podedes facer con cousas da casa para traballar os números. Tamén vos deixamos uns enlaces a uns xogos moi chulos para que lles botedes un vistazo. Pasade una boa fin de semana. Unha aperta.





Fiodor el gato

21/4/20

Facendo camiños

Bos días! Hoxe traemos una proposta para facer camiños, de distintos xeitos e con distintos graos de dificultade, para traballar a psicomotricidade fina dun xeito máis divertido. Esperemos que vos interese.




Tamén informarvos de que esta semana o Pequeño País Musical celebra un ciclo de concertos para os máis pequenos. Todos os días ás 18:00 no canal de YouTube elpais.com concertos en directo. Tamén podedes ver os xa celebrados como o de Yo Soy Ratón. Unha aperta.



17/4/20

Propostas para o fin de semana

Dende o canal de YouTube INFANTIL CELEIRO temos dúas propostas para "Xogar e Pintar con auga", que ben podedes practicar estes días.




15/4/20

Olegario é un artista!

Bos días!!! Hoxe Olegario propón unha serie de  actividades artísticas. Son moi sinxelas e fixémolas con cousas que temos na casa. Espero que vos fagan pasar un rato entretidos e non olvidedes que nos podedes mandar as vosas "artistadas" a celeiroinfantil@gmail.com.
Deixamos tamén un enlace aos contos de OQO, que seguro que xa coñecedes. Unha aperta.

Contos de oqo






14/4/20

Barcos

Bos  días a todos e todas! Continuamos co noso canal dándovos ideas para que poidades facer na casa.
Xa sabedes que podedes comunicarvos con nós a través do email celeiroinfantil@gmail.com.
Podedes mandar fotos, videos curtos, ideas, consultas,suxerencias...
Unha aperta e a facer cousiñas!!


10/4/20

CORES DO ARCO DA VELLA

Ola a tod@s! Como estades? 
Estes días, estamos a ver cada día máis debuxos do arco da vella nas xanelas dos nosos veciños, que simbolizan toda esta situación pola que estamos a pasar e lémbranos a cada momento que “TODO IRÁ BEN”. 
Propoñémosvos que aprendamos unha canción súper bonita e moi apropiada nestes momentos: “Cores do arco da vella”. Cando volvamos vernos, cantaremos esta canción todos xuntos celebrando que… Vencemos ao Coronavirus!


2/4/20

Hoxe é o Día do Libro Infantil e Xuvenil

O pasado 25 de marzo fixemos a seguinte entrada no blog da Bibliosoños:

PREPARANDO O DÍA DO LIBRO INFANTIL

e...  hoxe remataba o prazo para presentar os traballos que vos solicitamos.
Participaron os seguintes alumnos:
  • Carmen, David, Iria de 4º Infantil e Lucía de 6º Infantil.
 Deixámosvos o vídeo cos seus contos: 

 

Tamén temos un agasallo moi especial da profe Cris, o conto: "O que ten que aprender un cempés que queira ser sabio como Perico"

FELIZ DÍA DO  LIBRO INFANTIL 

1/4/20

Froitas con arte!

Hoxe facemos unha illa con palmeras utilizando diversas froitas!

Mariña xoga coas construcións

A peixiña ensina otros usos que lle podemos dar as construcións. Abaixo tedes os enlaces as plantillas.
"Mariña constrúe"


Actividade de cores e patróns cos Legos

Constrúe unha cidade

Plantillas dos números

Plantillas 

Secuencias numéricas

Simetrías

Torres de números