21/12/18

FESTIVAL DE NADAL E VISITA DO APALPADOR

E xa chegamos ao final do 1º trimestre, todo estaba preparado para o gran día!. 
O alumnado de 6º de Infantil, xunto coa súa titora Cristina Freán, prepararon unha dramatización moi especial do conto "O Apalpador e o arco da vella". Tamén cantamos as panxoliñas que preparamos para este Nadal. 
Tivemos a visita especial do noso particular Apalpador e por último disfrutamos dunha pequena sesión de cine nas diferentes aulas.
Foi un día moi especial! 
FELICES VACACIÓNS DE NADAL


18/12/18

Aprendemos moitas cousas sobre correos

https://www.correos.es/ss/Satellite/site/pagina-inicio/sidioma=gl_ES
 










O alumnado de Infantil, 1º e 2º curso, na Biblioteca do Colexio, tiveron  a visita de dúas carteiras, Loreto e Elisa Rapa, tía e nai de Antía de 2º e Adrián de 5º Infantil.
Elas levan moitos anos sendo carteiras do servizo de Correos.
Explicáronlles todo o procedemento desde que escribimos e enviamos unha carta ata a entrega e recepción do destinatario.
Fixeron moitas preguntas e aprenderon moitas cousas sobre este importante servizo de comunicación.
Moitas gracias ás dúas pola súa dispoñibilidade e atención hacia o noso alumnado.




3/12/18

Apadriñamento Lector

Hoxe, o alumnado de 4º curso de Primaria, presentou o Apadriñamento Lector que estiveron preparando estas semanas. Prepararon os textos, a indumentaria, o atrezzo, decorados...
A obra elixida nesta ocasión foi o abra musical 
"Nun mercado persa" 
de Albert William Ketèlby.

É unha pequena composición escrita en 1920 onde  Ketèlbey tenta describir musicalmente o ambiente dun mercado de Bagdad.

A música describe sucesivamente:
  •     A chegada dos  camelleros e o paso  majestuoso das súas monturas.
  •     O canto dos esmoleiros.
  •     A chegada da Princesa.
  •     Os malabaristas e os encantadores de serpes.
  •     O paso solemne do Califa visitando o mercado.
  •     De novo o canto dos esmoleiros, a melodía da princesa e a caravana dos  camelleros afastándose, simbolizando o final do mercado no crepúsculo.

MURAL DAS NENAS E NENOS DE 5º INFANTIL



20/11/18

Sesión de Apadriñamento Lector

Hoxe, 20 de novembro, celébrase o DÍA DA INFANCIA e todo o alumnado de Infantil tivemos un apadriñamento Lector na Biblioteca a cargo do alumnado de Valores de 6º curso.
Contáronnos o conto "O lapis máxico de Malala"
de Malala Yousafzai.





9/11/18

Para traballar os DEREITOS DA INFANCIA

Para traballar o Día dos Dereitos da Infancia podemos repasar moitas das cancións que xa traballamos en cursos anteriores. Atopámolas na páxina seguinte:

CLICA NA IMAXE

https://sites.google.com/site/cancionscurso20182019/dereitos-da-infancia
Tamén atoparemos moita información no blog DEREITOS DA INFANCIA

CLICA NA IMAXE PARA ENTRAR
http://dereitosdainfancia.blogspot.com/

31/10/18

Celebramos o Samaín

O alumnado de Infantil, 1º e 2º curso, para celebrar o Samaín, fixeron moitos traballos nas aulas e tamén en colaboración coas familias.
No seguinte vídeo podemos ver os mesmos e tamén a sesión de contos na biblioteca e a festa no ximnasio do alumnado de Infantil.

27/10/18

CANTAMOS POLO SAMAÍN

NESTA PÁXINA ATOPAMOS CANCIÓNS E VÍDEOS PARA O SAMAÍN

https://sites.google.com/site/cancionscurso20182019/samain

25/10/18

DÍA DE CELEBRACIÓN

Na mañá do mércores, 24 de outubro, na Bibliosoños e divididos en varios grupos, realizamos diferentes actividades:
No seguinte vídeo recóllese un pequeno resumo das diferentes sesións e traballos realizados previamente. 

23/10/18

VÍDEOS CONMEMORATIVOS DÍA DA BIBLIOTECA

Para conmemorar o Día da Biblioteca Escolar elaboramos uns vídeos que combinan poesía, música e linguaxes diversas (debuxo, linguaxe con pictogramas, linguaxe de signos).

4º curso, POEMA: OUTONO de Xoán Neira
5º curso, POEMA: O MAGOSTO de Xoán Neira
6º curso, POEMA: O RATO DE BIBLIOTECA de Xoán Neira.


19/10/18

MURAL DO ALUMNADO DE 4º INFANTIL


POEMA: As Estrelas (Xoán Neira) -Xiz de Cor
 
 AS ESTRELAS
Quen sementa cada noite
o firmamento de estrelas?
A estrela que está núa
treme de frío no inverno
e nas noites de verán
báñase nos mares da lúa.
A estrela coa que eu soño
brilla coma un diamante,
titila e chíscame o ollo.
Esa estrela que chora
é unha bágoa de luz
    que se desprende e voa
         
   Quen rouba cada amencer
    as estreliñas do ceo?




Os MARCAPÁXINAS das nenas e nenos de Infantil

Para celebrar o Día da Biblioteca fixemos uns MARCAPÁXINAS moi especiais pois levan escritos versos de grandes poetas como Manuel María, Xoán Neira e María Canosa.



15/10/18

Primeiros murais do curso

As aulas de Infantil xa colgaron os seus primeiros murais. 

12/9/18

1º día do curso 2018-2019

Enviámoslles un afectuoso saúdo de benvida ao iniciar este novo curso escolar. 
Comezamos esta nova andaina con entusiasmo e ilusión e como sempre, comprometéndonos a impartir unha formación integral, enfocada cara á adquisición de valores, aprendizaxes e competencias.

18/6/18

Un día moi especial!!!

Que gran día o de hoxe!. 
Na Biblioteca, todo estaba preparado para recibir ao alumnado e profesorado de Infantil, un acontecemento ía ter lugar como cada ano ao rematar o curso escolar.
Primeiro chegaron os nenos e nenas de 4º e 5º de Infantil e logo xa fixeron entrada todo o alumnado  da aula da titora Ana Lago é dicir os nenos e nenas de 6º infantil que xa rematan esta etapa tan bonita e tan importante.
Despois de saudar, visionamos un vídeo resumo da súa etapa, cando chegaron con tres anos ata o día de hoxe; tiveron palabras de agradecemento para todo o profesorado; a súa titora entregoulles a cada nena e neno un diploma e a orla da promoción; por último houbo agasallos para as profesoras por parte das familias.
Foi un acto de graduación moi emocionante con choros, risas, aplausos, palabras de agradecemento...


VÍDEO DO ACTO DA GRADUACIÓN 


2/6/18

Imos de excursión á praia

Despois de ter que aplazar esta pequena excursión por mor da choiva, o venres, 1 de xuño todo o alumnado de Infantil, xunto coas súas titoras e profesorado acompañante, dirixímonos en autobús á praia de Area.
As nenas e nenos, coas súas merendas e utensilios para xogar coa area, chegaron moi ilusionados para compartir unha mañá con todos os seus compañeiros.
O tempo chegou a pouco pois pasáronno estupendamente e volveron ao colexio satisfeitos e "cargadiños de area" esperando que chegue xa o verán para poder disfrutar novamente da praia.


29/5/18

"Despedida dos nenos e nenas de 6º de Infantil"

O curso acaba e os nenos e nenas de 6º de Educación Infantil rematamos esta fermosa etapa.
Queremos facelo dun xeito moi especial, por iso preparamos un baile e unha canción na que vos transmitimos o nosos sentir.
Estamos desexando compartilo con vós. Aí vai.



23/5/18

Libriño: Tradicións

As nenas e nenos de 4º Infantil tamén remataron o seu libriño sobre as tradicións no Concello de Viveiro.


11/5/18

Libriño: AS TRADICIÓNS

Os nenos e nenas de 6º  de Infantil acaban de rematar o libriño sobre AS TRADICIÓNS dentro do Proxecto documental que traballamos este curso: "Viveiro, o noso concello".




2/5/18

Visitamos un Supermercado

Na mañá do mércores, 2 de maio, todo o alumnado tivo a oportunidade de facer unha visita ao Supermercado EROSKI.
Ao chegar déronnos a benvida Eva e Ana; logo visitamos as seguintes seccións: froitas e verduras, panadaría, peixaría, carnicería, lácteos e por último a sección do aseo persoal.
Como despedida agasalláronnos cunha bolsiña que levaba froita, auga, galletas...
Aprenderon moitas cousas e pasáronno moi ben.
Damos as gracias a todo o persoal do Supermercado pola súa amabilidade.

Mural do Concello de Viveiro

Xa completamos o Mural sobre o Concello de Viveiro.
Na súa realización participou todo o alumnado e profesorado de Infantil.
Este traballo forma parte do Proxecto Documental que realizamos durante este curso.

30/4/18

Día Mundial da Danza

O Día Mundial da Danza, celébrase o 29 de abril.
Busca celebrar a universalidade desa arte, atravesando todas as barreiras políticas, culturais e étnicas. 
Celébrase desde 1982, por iniciativa do CID-UNESCO. A data elixida, coincide coa data do nacemento de Jean-Georges Noverre (1727-1810), creador do Ballet Moderno.

Na aula de música aprendemos diferentes danzas populares do mundo.
Aos máis pequenos gústalles a "Danza do Zapateiro".
É unha danza popular de Dinamarca, báilase en parellas e ten tres pasos diferentes: cosemos, clavamos e bailamos.

No seguinte vídeo podemos ver ao alumnado de 5º e 6º de Infantil.

24/4/18

Sesión de Teatro e percorrido polo Casco Histórico

Na mañá do día 23 de abril, todo o alumnado de Infantil e 1º e 2º curso, tiñamos programada unha saída a Viveiro para facer un pequeno percorrido polo Casco Histórico e ver os pricipais monumentos e lugares de interese:

  • Calexón do Muro, Rúa Rosalía de Castro, Porta da Vila, Gruta de Lourdes, Convento das Concepcionistas, Calexa das Monxas, Porta do Valado, Igrexa de Santa María, Igrexa e Claustro de San Francisco.
Tamén acudimos ao Teatro Pastor Díaz para ver a obra teatral "Irina Bailarina" da compañía Ghazafelhos.
Agradecemos a colaboración da ANPA do colexio pois foi ela a que patrocinou esta sesión de teatro.

18/4/18

Un bonito día de primavera

Non nos poidemos resistir!, o día invitábanos a saír polo noso entorno!
Paseamos polo campo, observamos a charca e as plantas e antes de xogar no patio de recreo tomamos a merenda de media mañá todos xuntos.



16/4/18

Observando como xermolan as sementes de mirasois

Parece que quere vir a primavera! 
O alumnado de 5º de Infantil achegouse ata o invernadoiro onde están os semilleiros de xirasois que prepararon polo día da árbore. Moitas das sementes xa comezaron a saír e pronto haberá que plantalas.

22/3/18

Dúas celebracións moi importantes

O día 21 de marzo celebramos o
 DÍA DA ÁRBORE E O DÍA DA AUGA
 Tivemos un día estupendo despois de tanta choiva (e tan necesaria) como caeu este mes.
Preparamos as seguintes actividades que podemos ver na seguinte presentación e no vídeo resumen 



9/3/18

Visita da Policía Nacional


Novamente o delegado de Participación Ciudadana da Comisaría de Policía de Viveiro, Pablo Rodríguez González, estivo no noso centro co alumnado de Infantil para explicarlles as funcións da Policía Nacional. As nenas e nenos fixéronlle moitas preguntas e así poideron saber moitas cousas sobre a POLICÍA NACIONAL.

  • Que hai que estudar para ser policía?
  • Cómo se atrapan aos delincuentes?
 Ensinoulles a placa identificativa e entregoulles pegatinas e carnets. Pasáronno moi ben e aprenderon moitas cousas!


5/3/18

Novo traballo

O alumnado de 6º de Infantil segue a traballar no Proxecto Documental sobre Viveiro, o noso concello e agora presentan o seguinte libriño. Nesta ocasión é o de Ainara Martínez




23/2/18

Celebramos o DÍA DE ROSALÍA

Na mañá do venres, 23 de febreiro, todo o colexio celebramos este día levando a nosa GRAN FIESTRA á Praza do Chao, seguindo a proposta da AELG
http://www.aelg.org/actividades/dia-de-rosalia-de-castro/2018/2/24/dia-de-rosalia-de-castro-2018

Recitamos poemas e cantamos as cancións:
  • Adiós ríos, adiós fontes
  • Pasa río
 Ao rematar as clases levamos para as nosas casas a ROSALÍA para poñela nas fiestras.

19/2/18

Semana de Rosalía de Castro

NA AULA DE EDUCACIÓN MUSICAL ESCOITAREMOS ESTAS CANCIÓNS 
DOS POEMAS DE ROSALÍA DE CASTRO

CLICA NA IMAXE


9/2/18

Os nosos traballos para o Entroido

No seguinte vídeo podemos ver todos os traballos que realizamos nas aulas de Infantil


5/2/18

Traballos sobre o Proxecto: Viverio, o noso concello

Este curso o título do noso Proxecto Documental Integrado é: VIVEIRO, O NOSO CONCELLO
Na seguinte páxina iremos poñendo todos os traballos sobre o mesmo.

VIVEIRO, O NOSO CONCELLO

Na seguinte presentación podemos ver un dos traballos realizados no 1º trimestre polo alumnado de 6º Infantil.

3/2/18

Preparando o Entroido

BLOG DO ENTROIDO

ENTERRO DA SARDIÑA                      CONSIGNAS DO MECO

 


1/2/18

Mural do inverno de 4º infantil

Os nenos e nenas de 4º infantil tamén remataron o seu mural do inverno e quedoulles así de bonito

Mural e traballos de inverno

A aula de 5º Infantil xa elaborou o seu mural do inverno.


31/1/18

Traballos de inverno da aula de 6º Infantil

Os nenos e nenas de 6º de Infantil, xunto coa súa profesora Ana, acaban de rematar un iglú moi especial.



Celebramos o día da Paz

Despois do recreo, todo o alumnado e profesorado do colexio, xuntámonos no ximnasio para bailar e cantar "cancións do mundo". Os nenos e nenas de Infantil cantaron:
  • EPO E TAI TAI É (Canción Maorí),  unha canción de amor proveniente de Nova Zelandia.
Tamén fixemos a entrega dun diploma á gañadora do VIII concurso "Adhesivo pola Paz": 
Sonia Mora Seijo de 4º Infantil
VÍDEO DA CELEBRACIÓN

11/1/18

Comezamos a preparar o DÍA DA PAZ

Este curso imos aprender cancións de diferentes países do mundo:
  • EPO I TAI TAI É (Canción Maorí), é unha canción de amor proveniente de Nova Zelandia.
  • ANIKUNI (Canción dos indios americanos) é unha canción que ten a súa orixe na cultura dos indios canadenses, trátase da canción que acompaña á danza do lume das devanditas tribos.
  • ERAM SAM SAM (Canción Marroquí)
  • SOMOS O MUNDO: « We Are the World» é unha canción escrita por Michael Jackson e Lionel Richie en 1985, producida por Quincy Jones e gravada por un gran grupo de músicos famosos formado especialmente para a ocasión que se denominou USA for Africa ( United Support of Artists for Africa). Os beneficios obtidos pola canción foron doados a unha campaña humanitaria para tentar acabar coa tremenda fame negra en Etiopía.
Na seguinte páxina atopamos as músicas e letras das mesmas
Clica na imaxe
https://sites.google.com/site/aulademusica1718/home/dia-da-paz-e-non-violencia