25/9/13

Xa estamos en 6º de Infantil

Os nenos e nenas de 6º de Infantil temos unha aula nova xunto aos nosos compañeiros de Primaria. É moito máis grande!, con moitos xogos, libros, ordenador...
A nosa profesora Cristina está na casa coidando do seu bebé Antón, por eso, Maricarmen vai ser a nosa profesora durante uns meses.
Estamos moi contentos de volver a estar todos xuntos!

9/9/13

Período de adaptación para 4º de Infantil

CURSO 2013/2014
ABRANGUERÁ DENDE O MÉRCORES 11 AO MARTES 24 DE SETEMBRO ÁMBOLOS DOUS INCLUSIVE.
1º GRUPO: Amalia, Mateo, Antonela, Nicholas, Johana, Celia, Clara.
2º GRUPO: Samaria, Antonio, Laura, Lola, Cindy, David.
3º GRUPO: Nerea, Paula, Kevin, Ana, Claudia, Brais.
DO 11 AO 18 DE SETEMBRO
De 9:15h a 10:15h- 1º GRUPO
De 10:30h a 11:30h- 2º GRUPO
De 12:15h a 13:15h- 3º GRUPO
19 E 20 DE SETEMBRO
1ª QUENDA: DE 9:30h A 11h: Amalia, Mateo, Antonela, Samaria, Johana, Celia, Clara, Nicholas, Antonio.
2ª QUENDA: DE 12h A 13:30h: Laura, Lola, Cindy, David, Nerea, Paula, Kevin, Ana, Claudia, Brais.
23 E 24 DE SETEMBRO
DE 10:00h a 13:00H TODOS E TODAS.
A PARTIRES DO 25 DE SETEMBRO O HORARIO SERÁ DE 9:00h A 14:00h.

3/9/13

Convocatoria de reunión

O xoves, 5 de setembro, ás 9:30 horas, no Salón de Actos do colexio, haberá unha reunión cos pais/nais dos alumnos e alumnas que este curso comezan en 4º de Infantil (3 anos).
Dada a importancia da mesma é necesario asistir.