28/3/17

"Unha clase de pintura máxica"

O venres 24 tivemos unha clase de pintura moi especial. A mestra de pintura de actividades extraescolares, Oliva, prestouse xenerosamente a explicarnos algunhas cousas sobre as cores, mesturas, debuxar caras...
Trouxo unha estupenda axudante, Paula, e entre as dúas encheron a sesión de maxia.
Fixeron maxia cas cores, para descubir as cores secundarias, contáronnos un conto moi fermoso e orixinal, no que poidemos participar cas variñas que nos tiñan preparadas e pintamos un montón, mesturando as cores como nos ensinaron. 
Disfrutamos moitísimo, como podedes ver. Ó final tentamos facerlle unha pequena entrevista para saber máis cousas sobre ela e sobre pintura, claro. 
Non nos cansamos de darlles as grazas as dúas polo seu tempo e sobre todo pola ilusión coa que prepararon e desenvolveron esta experiencia. Creo que a máis dun e dunha nos deron todavía máis ganas de seguir investigando e disfrutando ca pintura.




23/3/17

Os medios de transporte

Os alumnos de Educación Infantil deben de coñecer a importancia que os medios de transporte teñen na nosa vida diaria. A través deles as persoas podemos realizar desprazamentos entre dous lugares, aínda que estean afastados ou transportar mercadorías.
Os nenos e nenas de 6º de Infantil estudaron "Os medios de transporte" a través do seguinte  libriño, nesta ocasión expoñemos o de Carmen Vilar.




8/3/17

"Mural de Sorolla de 6º de Infantil"

Os nenos e nenas de 6º de Educación Infantil estivemos traballando o Impresionismo, informámonos dos pintores da época e gustounos moito  Joaquín Sorolla, dentro da etapa do posimpresionismo.
A partir dese momento decidimos elaborar un mural co seu aotorretrato e un dos seus cadros máis famosos.
O autorretrato foi  pintado en 1909, cos atributos do pintor: paleta, pinceis e  lenzo. O noso cadro pintámolo con témperas de cores e resultou moi difícil facelo, porque a barba, os ollos e os beizos son detalles moi complicados.
O outro cadro é un dos máis famosos deste autor, chámase: “Paseo a orillas del mar ou Paseo por la playa” e tamén foi pintado en 1909, aparecen representadas a súa muller Clotilde e a súa filla María, paseando pola  praia de Valencia á tardiña.
Nós pintámolo con ceras e cada un tivo una interpretación moi persoal do cadro. De fondo para as nosas obras pintamos una paleta xigante con témperas.




7/3/17

" Día internacional da muller"

O día 8 de marzo é o día internacional da muller que este ano adicamos  a Maruja Mallo. O que tamén nos serve como punto de partida para comezar o noso proxecto sobre ela.
Neste video podedes ver os nosos marcapáxinas, a decoración da nosa porta de entrada  e o mural que elaboraron os nenos/as de 5º de infantil sobre a vida e obra de Maruja Mallo.
Adxuntamos tamén un fermoso video do IES Elviña ca música de Ses moi apropiado para visionar este día.





Libriño de 5º Infantil

O alumnado de 5º de Infantil acaba de rematar o seu traballo informativo sobre a vida e a obra de Vicent Van Gogh




3/3/17

"O noso mural sobre impresionismo"

Este curso, como xa sabedes, estivemos a traballar o impresionismo como movemento pictórico. No ciclo de infantil fixemos un mural que supón un pequeno percorrido polas características, obras e autores máis relevantes. Así, cada clase tratou de facer unha ou dúas reproducións dalgúns cadros emblemáticos como "La urraca" de Monet ou "La habitación" de Van Gogh.
Aquí vos deixamos unha mostra do noso mural, así como, as explicacións dos seus autores e autoras.




2/3/17

Traballo sobre o Entroido

Os nenos e nenas de 6º de Infantil fixeron un traballo de investigación sobre O ENTROIDO. 
Na seguinte imaxe podemos ver o de MATEO
.