31/1/17

"Mural de sombras de 5º de infantil"

Os nenos e nenas de 5º de infantil quixeron facer algo diferente aos murais que nos tiñan acostumados, así que nos sorprenderon cun “mural de sombras” .
A idea tamén xurdiu dadas as dificultades atopadas no recortado, esta foi unha maneira de practicar coas tesoiras e, dado que  ía estar exposto, esforzáronse moito por obter uns bos resultados.
Aquí tedes o seu traballo, podedes observar unha paisaxe nocturna cos nenos e nenas da clase  de 4 anos divertíndose  en plena noite.

Esperemos que vos guste.


" Luvas de cores"

O luns día 30 de xaneiro celebramos o día escolar da non violencia e da paz cun fermoso festival no ximnasio.  Neste pequeno video podedes ver como preparamos e disfrutamos este día os nenos/as de infantil.


25/1/17

Mural do inverno de 4º de infantil

Os nenos e nenas de 4º de infantil fixemos un novo mural, neste caso do inverno  e nesta ocasión traballamos cunha nova técnica, o óleo. Disfrutamos moito mesturando as cores na paleta e no papel, creando así novas tonalidades. Eliximos cada un a nosa casa e demoslle un toque nevado (tamén á clase, ó corredor,as nosas roupas...) Agardamos que vos guste o resultado, nós coma sempre estamos moi satisfeitos. Aquí tedes unha pequena mostra da súa elaboración.



Letras pola PAZ

Os nenos e nenas de 6º de Infantil fixeron un traballo moi especial:
  • Con ceras de moitas cores que pegaron formando a letra inicial do seu nome.
  • Ademais escribiron unha palabra con esa inicial asociada á PAZ.
  • A continuación podemos ver o vídeo de todo o proceso

11/1/17

As nosas cancións para o día da Paz

Coa chegada do novo ano comezamos no mes de xaneiro a preparar as cancións que cantaremos o Día da Paz, (luns, 30 de xaneiro). Podemos atopalas na seguinte páxina, clica na imaxe.

https://sites.google.com/site/recursosparaodiadapaz/cancions-para-a-paz-no-colexio/as-nosas-cancions-para-a-paz-2017