23/11/21

O OUTONO

Ola familias!!!!

Durante estes meses estivemos investigando sobre o Outono e as súas celebracións. Fixemos moitas actividades con produtos desta época e celebramos o Samaín e o Magosto. Deixámosvos aquí algunhas fotos de cousiñas que fixemos. Esperamos que vos gusten e que disfrutedes tanto como disfrutamos nós.



19/11/21

20 DE NOVEMBRO, DÍA DOS DEREITOS DA INFANCIA

O 20 de novembro, é O Día Universal do Neno.

É un día de celebración polos avances conseguidos, pero sobre todo, é un día para chamar a atención sobre a situación dos nenos máis desfavorecidos e para dar a coñecer os dereitos da infancia co fin de concienciar ás persoas da importancia de traballar día a día polo seu benestar e desenvolvemento.

Presentamos a continuación, un resume explicado para todos os nenos/as,  de cales son os seus dereitos e os seus deberes.




16/11/21

VIVEIRO SOSTIBLE

 Fai uns días recibimos a visita de Lucas Requejo e Iván Fernández para regalarlle a cada neno/a do noso cole, unha postal co lema de  "Viveiro Sostible". Trátase dunha iniciativa educativa  creada para facer de Viveiro unha escola de vida sostible para os nenos/as viveirenses.

Aproveitando a visita, deixáronos uns paneis expositivos sobre o coidado do mar.....que nos recorda o importante que é non tirar lixo ao mar e coidar as augas da nosa vila mariñeira.



 
 

 
 




12/11/21

CELEBRAMOS O MAGOSTO

 Na mañá do 11 de novembro, DÍA DE SAN MARTIÑO, celebramos o xa tradicional MAGOSTO que por estas datas adoitamos facer no noso colexio. Foi un día estupendo e pasámolo moi ben!!!

  •  Participamos no circuito de xogos que nos preparou a profesora  de Educación Física, Mª José.
  •  O alumnado de 6º curso de Primaria, xunto coa súa titora Susana, preparou unha coreografía.
  • Tamén nos acompañaron dous gaiteiros, o profesor de 5º, José Antonio e o pai e Antón, David.    
  •  Eles foron, coa súa música, os encargados de amenizar a degustación das castañas asadas, que aínda que estaban un pouquiño duras o sabor era moi bo. Grazas ás familias pola súa aportación.
No seguinte vídeo, podedes ver as actividades do día.


 

15/9/21

Comezo do curso 2021-2022

Iniciamos un novo curso e todos os mestres/as e comunidade educativa, estamos moi contentos/as de poder formar parte da vosa formación e preparación.
Con esforzo e entusiamo, conseguiredes todo o que vos propañades. Así que, feliz inicio de curso!!


 
 

24/8/21

21/6/21

Graduación do alumnado de 6º de Infantil

 Hoxe foi un día moi emotivo para as nenas e nenos da aula de 6º de Infantil e a súa titora Inés. Despedíronse da etapa de Infantil e para o vindeiro curso comezarán Primaria. 

  • Iniciaron a mañá visualizando un vídeo que recolle os momentos de toda a etapa, desde que comezaron en setembro de 2018 ata xuño deste ano 2021.
  • A titora, Inés, entregoulles un diploma e unha orla ben bonita.
  • E por suposto, non faltou unha gran merendola!

VÍDEO DA PROMOCIÓN


 


Boas vacacións para todos, descansade, gozade e volvemos a vernos en PRIMARIA!


17/6/21

Excursión do alumnado de 5º de Infantil

 O alumnado de 5º de Infantil pasaron un día estupendo na praia de Area!!!. 

Foi unha xornada de despedida do curso


11/6/21

Saída "CAMIÑO DO MAR"

 Na mañá do xoves, 10 de xuño o alumnado de Infantil e 1º e 2º curso de Primaria realizaron unha saída polo núcleo urbano de Celeiro para ter un maior coñecemento do noso entorno.

Foi unha visita guiada a través do proxecto "Camiño do Mar" do Concello de Viveiro.

 



2/6/21

Disfrutando do entorno do colexio

 ENTRADA NO BLOZ VOZ NATURA DO COLEXIO

Os nenos e nenas de tres anos aproveitaron o día de sol para desfrutar do entorno do cole.

Tamén coidaron das plantas do patio infantil: regaron os pementos, os amorodos, a borraxe e os xirasois e descubriron como son os pulgóns e como van comendo o zume das plantas ata que murchan.


 

11/5/21

Letras Galegas 2021

Deixamos nesta entrada o traballo que realizaron as nenas e nenos de 6º de Ed. Infantil para as Letras Galegas sobre o poema de Manuel María: "Galicia"

Na páxina especial dedicada a Xela Arias temos todas as actividades que realizamos para estas Letras Galegas 2021.


 

5/5/21

KAMISHIBAI: Las diez gallinas

A profesora Antía Ramos estivo nas aulas de 4º e 6º de Infantil para contarlles o conto: "Las diez gallinas", a través do KAMISHIBAI.

Kamishibai, en xaponés, quere dicir “teatro de papel”.

É unha forma de contar contos moi popular en Xapón. Adoita estar dirixido a nenas e nenos pequenos que van gozar del en grupo. Tamén é utilizado como recurso didáctico. Está formado por un conxunto de láminas que ten un debuxo nunha cara e texto na outra. O seu contido, xeralmente en forma narrativa, pode referirse a un conto ou a algún contido de aprendizaxe.

PREME NA IMAXE PARA VER O VÍDEO    



30/4/21

Sesión de teatro online para o alumnado de Infantil

O mércores, 26 de abril, o alumnado de Infantil tivo a oportunidade de participar na proxección online da obra teatral "As fabas máxicas" de CARAMUXO TEATRO,  a través das actividades escolares Afundación.

Un espectáculo contado en primeira persoa a través do teatro de actor e de monicreques.

Xan vive agora nun pequeno apartamento dun dos edificios mais altos de Nova York. Coidando as plantas da súa terraza, descobre algo sorprendente, que lle lembra unha asombrosa infancia chea de aventuras.

Unha proposta de lecer en familia para nenos a partir de 4 anos cunha coidada estética na que o humor, a emoción, e a poesía mistúranse para dar unha visión contemporánea do coñecido conto infantil.


1/4/21

Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil

 Para celebrar o Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil deixamos a seguinte presentación onde poderedes ver varios contos realizados no noso colexio:

26/3/21

OVOS DE PASCUA

 Para rematar o trimestre o alumnado de Infantil presenta  un novo traballo:

Os seus oviños de Pascua

 



Deixamos tamén o enlace á entrada no blog da Bibliosoños para conmemorar o día do Libro Infantil e Xuvenil:

DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL E XUVENIL

19/3/21

TRABALLOS DO DÍA DA ÁRBORE E DA POESÍA

O 21 de marzo ten doble celebración: Día das Árbores e Día da Poesía, por iso no colexio sempre relacionamos ámbalas dúas temáticas.

Durante a semana todos os cursos traballaron a poesía relacionada coa chegada da primavera, as árbores, plantas e natureza en xeral.

A continuación presentamos o Mural Colectivo realizado con poemas ilustrados:

O alumnado de 5º de Infantil traballou o poema "O cuco" de Manuel María e representáronno con figuriñas de plastilina. O produto final é o seguinte vídeo:

Deixamos tamén un enlace a unha recompilación sobre a temática da naturela na obra de Manuel María:

Este ano, ao igual que o curso pasado por mor da pandemia, non faremos  celebración conxunta por iso fixemos unha lista de reprodución no noso canal de youtube en relación coas árbores, auga e  poesía para recordar as anteriores celebracións.




26/2/21

En homenaxe a ROSALÍA

 

 Día de Rosalía de Castro, un día moi especial nos colexios de toda Galicia, por iso deixamos nesta entrada do blog unha presentación que recolle todos os traballos que realizamos durante a semana para recordar a Rosalía e que foron propostos a través dos equipos de Biblioteca e Dinamización da Lingua Galega.

13/2/21

ENTROIDO 2021

Este ano non quixemos deixar de "celebrar" a tradicional FESTA DO ENTROIDO, por iso e como mellor puidemos, seguindo as normas de seguridade COVID, non nos faltaron as ganas para seguir os mandatos da MECA e disfrazarnos o venres antes das vacacións do Entroido.

NO BLOG DO ENTROIDO TEMOS MÁIS INFORMACIÓN

VÍDEO COAS FOTOS DO ENTROIDO 2021 NO COLEXIO



5/2/21

6º INFANTIL canta pola PAZ!

   A semana pasada non poidemos gravar esta fermosa canción Irmaus do poema de Celso Emilio Ferreiro, interpretada polos nosos nenos e nenas  de 6º de Ed. Infantil coa axuda do seu mestre Mario, pero si o fixemos hoxe aproveitando esta fermosa mañá na que nos acompañou o sol.


VÍDEO RESUMEN DOS TRABALLOS SOBRE A PAZ 2021



29/1/21

CANTO TRABALLAMOS POLO DÍA DA PAZ!

Como cada ano nestas datas, o noso alumnado estivo a facer moitas actividades relacionadas coa Paz, xa que mañá sabado, 30 de xaneiro,  celebramos o DIA ESCOLAR DA PAZ E A NON VIOLENCIA.

Foron moitos os murais que elaboraron, ademais das distintas manualidades. Na clase de música tamén recordaron cancións relacionadas con esta data tan especial.

Deixámosvos a continuación unha pequena mostra dos traballos realizados polos nosos rapaces e rapazas.

MURAIS E TRABALLOS ELABORADOS POLOS NENOS DE ED. INFANTIL


MANUALIDADES ELABORADAS POLOS NENOS E NENAS DE 1º E 2º ED. PRIMARIA


ACTUACIÓNS MUSICAIS SOBRE O DIA DA PAZ


LIBRO DO ABECEDARIO SOBRE A PAZ ELABORADO POLO ALUMNADO DE 6º DE ED. INFANTIL


EXPOSICIÓN DE LIBROS DA NOSA BIBLIOTECA SOBRE A PAZ



21/1/21

Traballamos o Día da Paz

Comezamos o 2º trimestre e como todos os cursos prestarémoslle moita atención á Celebración do Día de Páz e Non Violencia, para ir traballando podemos ir buscando moita información nas seguintes páxinas e presentacións.

 PREMER NAS IMAXES

PÁXINA DE RECURSOS PARA  TRABALLAR O DÍA DA PAZ E NON VIOLENCIA

AS CANCIÓNS QUE IMOS PREPARAR ESTE CURSO