30/11/16
Mural dos Dereitos da Infancia
16/11/16
Traballo sobre os Dereitos da Infancia
O 20 de novembro de 1959 aprobouse a Declaración dos Dereitos do Neno. E desde entón, en todo o mundo, celébrase nesta data o Día Universal dos Nenos e Nenas.
No noso centro o alumnado e profesorado, seguindo a programación recollida no proxecto da Biblioteca e no EDLG (Equipo de dinamización da Lingua Galega), traballamos sobre este tema durante esta quincena.
Como primeiro traballo presentamos este vídeo de Infantil: Derecho a jugar.7/11/16
Máis traballos sobre o outono
Seguimos presentando máis traballos sobre o outono. Nesta ocasión é o mural que realizaron os nenos e nenas da aula de 4º de infantil, xunto coa súa titora Cristina.
Como este curso estamos documentándonos e traballando sobre o "Impresionismo", o mural recolle técnicas e cores propios deste estilo pictórico.
2/11/16
Libro do outono
Comezamos a presentar os pequenos traballos que van realizando os nenos e nenas de Infantil.
Nesta ocasión é o libriño que fixeron o alumnado de 6º de Infantil sobre o outono
Nesta ocasión é o libriño que fixeron o alumnado de 6º de Infantil sobre o outono
30/10/16
FESTA DO SAMAÍN
O venres, 28 de outubro, celebramos o Samaín no noso colexio.
Durante a semana fixemos actividades que nos axudaron a coñecer e aprender en que consiste esta celebración:- fixemos fichas para facer pequenos libros
- debuxamos e escribimos contos
- decoramos as portas e corredores
- elaboraron un gran castelo que enchemos de figuras monstruosas que trouxemos das nosas casas e elaboradas con materiais de refugallo coa axuda de papá e mamá
- tivemos sesión "de contos de medo" na Biblioteca coas das mestras Karen, Cristina e Angélica que nos contaron 3 contos: "A casa da miña avoa", "Onde viven os monstros" e "Carabuñas"
- rematamos o día xogando e bailando no ximnasio
25/10/16
Un percorrido polo conto "O cazo de Lourenzo"
Na aula de 6º de infantil traballouse o conto "El cazo de Lorenzo" de Isabelle Carrier.
Trátase dun conto que nos amosa en forma de metáfora os obstáculos que ten que superar un neno con dificultades. Esas dificultades represéntanse por medio dun cazo vermello que acompaña a Lourenzo a todas partes.
A través do conto, podemos observar como Lourenzo ten que esforzarse moito máis cos demais para conseguir o mesmo, precisamente por ese cazo que lle complica un pouco a vida.
Tamén nos amosa como Lourenzo ten moitísimas calidades; como hai persoas que só ven o cazo e atópano raro, e mesmo inquietante. Pero afortunadamente existen persoas extraordinarias (pais, mestres, terapeutas...) que axudan a Lourenzo a explotar os seus puntos fortes e a levar máis discretamente o seu cazo, o que lle facilita substancialmente a vida.
Como se traballou o conto?
Primeiro contóuselles o conto, sen explicarlles en ningún momento de que ía nin que significaba ese cazo, e logo viron varios vídeos que están en internet. Despois fixéronse preguntas para ver o que recolleran. Ningún entendera a metáfora, aínda que tampouco é de estranar, pois é difícil que a interpreten por si mesmos.
Entón explicóuselles que significaba ese cazo. Ese cazo eran distintas dificultades coas que se podían atopar as persoas. E fomos poñendo exemplos: ese cazo podía significar non ver, non oír, non poder camiñar, ter dificultades para comunicarse... E con cada un dos exemplos, iamos falando sobre como podía afectar ao noso día a día (como o cazo complicábanos un pouco a vida) e que podiamos facer para que ese cazo fose máis discreto (por seguir cun exemplo, no caso de ter unha discapacidade auditiva, como a lingua de signos, a lectura de beizos ou uns audífonos podían facer a nosa vida moito máis fácil).
Entón explicóuselles que significaba ese cazo. Ese cazo eran distintas dificultades coas que se podían atopar as persoas. E fomos poñendo exemplos: ese cazo podía significar non ver, non oír, non poder camiñar, ter dificultades para comunicarse... E con cada un dos exemplos, iamos falando sobre como podía afectar ao noso día a día (como o cazo complicábanos un pouco a vida) e que podiamos facer para que ese cazo fose máis discreto (por seguir cun exemplo, no caso de ter unha discapacidade auditiva, como a lingua de signos, a lectura de beizos ou uns audífonos podían facer a nosa vida moito máis fácil).
Tradución do conto.
Como o libro que temos na biblioteca está escrito en castelán fixémoslle a tradución ao galego, así os nenos e nenas participan por igual das dúas linguas oficiais de Galicia.
Actividades que levamos a cabo.
- Libro-Audio: que consistiu en reproducir as ilustracións, escribir e narrar o propio conto. Tomamos imaxes dos seus debuxos, gravamos as súas narración e o resultado final foi o seguinte vídeo.
- Dramatización para os demais compañeiros do cole. Fixémolo coa colaboración do alumnado de 6º curso. A representación tivo lugar no ximnasio o Día da Biblioteca Escolar, 24 de outubro. Gustou moito o resultado final e queda recollido tamén en vídeo.
- Reflexións e Gran Mural. Finalmente fixemos un mural coa pancarta da dramatización, os debuxos e os textos do libro-audio.
24/10/16
Celebramos o Día da Biblioteca
Celebramos o Día da Biblioteca con moitas actividades:
- Exposición de libros.
- Exposición de Marcapáxinas.
- Formación de Usuarios.
- Dramatización do conto:
Fixemos a tradución do mesmo ao galego e os nenos e nenas de 6º de Infantil, coa colaboración dos de 6º de Primaria, puxéronno en escea.
Ademais tamén elaboramos un libro-audio con debuxos e voces dos nenos e nenas da aula de 6º de Infantil.
Outra das actividades que lles gustou moito foi a preparación da Canción para Rufo e que cantaron nas sesións de Formación de Usuarios.
TODOS OS TRABALLOS PODEMOS VELOS NO SEGUINTE ENLACE
22/10/16
Mural do outono de 6º de Infantil
Outro mural sobre o outono, nesta ocasión é o da aula de 6º de Infantil. Está feito coas follas das árbores do noso cole e que recolleron na saída da semana pasada.
17/10/16
Degustamos froitos do outono
As froitas conteñen moitas propiedades nutritivas (vitaminas, minerais, fibra, etc.) que axudan a manter e coidar a nosa saúde. É un dos primeiros alimentos sólidos que se lles dá aos bebés e o seu consumo diario é fundamental para o seu crecemento.
Ás veces, os nenos móstranse remisos a comer froita, ou polo menos certos tipos delas que lles resultan menos agradables e máis difíciles para comer. Con todo, é esencial que consuman todo tipo de froitas, xa que cada unha achega diferentes propiedades.
Na aula de 5 anos probamos a piña e tamén froitos secos como as noces, abelás, améndoas e cacahuetes.
12/10/16
Saída de 6º de infantil
O martes, 11 de outubro, os nenos e nenas de 6º de infantil, xunto coa súa mestra Maricarmen, saíron da aula para facer unha clase moi especial.
Percorreron todo o entorno do colexio onde temos unha gran variedade de árbores.
Primeiramente recoñeceron o nome de cada únha e o do seu froito; recolleron follas e froitos caídos e por último na aula puxeron as follas a secar para dentro duns días facer un gran mural do outono.
Percorreron todo o entorno do colexio onde temos unha gran variedade de árbores.
Primeiramente recoñeceron o nome de cada únha e o do seu froito; recolleron follas e froitos caídos e por último na aula puxeron as follas a secar para dentro duns días facer un gran mural do outono.
11/10/16
Mural do outono de 5º de infantil
Os nenos e nenas de 5º de infantil, xunto coa súa mestra Ana, fixeron un gran mural do outono e quedoulles así de bonito.
8/10/16
Moito pintamos!, 4º de infantil
Este é o primeiro mural dos nenos e nenas de 4º de infantil.
Progresivamente irán cambiando, afaranse aos outros e xuntos medrarán e aprenderán.
3/10/16
Libriño das miñas lecturas
29/9/16
Os nenos de infantil no programa COS PÉS NA TERRA
Hoxe, na TVG, emitirán o programa COS PÉS NA TERRA, onde sairán os nenos e nenas do noso centro, que participaron nas actividades do Horto o curso pasado. Que pasen un bo día!
14/9/16
17/6/16
Graduación dos nenos e nenas de 6º de infantil
Hoxe foi un día moi importante para os nenos e nenas de infantil pois asistiron á graduación do último curso. Foi un acto moi emotivo que celebramos na Biblioteca do colexio.
- Visionaron o vídeo especial que lles preparou a profesora Cristina, no que se facía un percorrido polos tres cursos da promoción que agora remata.
- Houbo palabras moi emocionantes.
- Entrega de debuxox de agasallo ás profesoras.
- Entrega do diploma de graduación
7/6/16
Para celebrar o Día do Medio Ambiente
Na mañá do luns, 6 de xuño, fixemos e colocamos unhas trampas para as vespas velutinas.
6/6/16
Carpetas do 3º trimestre
Os nenos e nenas de infantil acaban de decorar as capetas nas que van levar os seus traballos para a casa. Quedaron moi bonitas!
3/6/16
1/6/16
Excursión de Infantil a San Cibrao
Na mañá do martes, 31 de maio, os nenos e nenas de Infantil, xunto coas profesoras Maricarmen, Ana, Cristina, Lucía, Rita e Marta, fomos de excursión a San Cibrao:
- Fumos en tren
- Visitamos o Museo do Mar
- Merendamos no parque
- Xogamos
- E volvemos a Celeiro en autobús







