26/5/16

Unha dedicatoria moi especial

No noso colexio gústanos moito ver e observar os traballos realizados por outros coles e así foi como chegamos ao COLE DA ARMENTEIRA.
Para traballar as Letras Galegas ilustraron varios poemas de Manuel María, engadíronlle música e efectos de vídeo. O resultado final podemos velo
Os nenos e nenas de 6º de Infantil do CEIP Pedrosa Latas felicitaron o traballo realizado enviándolles uns debuxos e eles en agradecemento fixeron este bonito vídeo


Todo o cole queremos agradecer este fermoso vídeo que nos dedicaron. Moitas grazas e novamente noraboa polos vosos traballos!

18/5/16

As Letras Galegas no colexio



Durante o mes de maio son moitas e variadas as actividades que levamos a cabo todos os cursos do colexio:


  • Exposición de libros dos autores homenaxeados
  • Láminas sobre Manuel María
  • Traballos dos alumnos e alumnas
  • Dramatización "O bigote de Mimí" a cargo dos nenos e nenas de 1º curso
  • Presentación en vídeo da canción "Depende de min", con letra, música e coreografía dos profesores do centro.
  • Festival especial (venres, 20 de maio) coa participación dos alumnos e alumnas do colexio cantando a canción do MAIO e o coro "SONS DE CELEIRO" dirixido por Daniel Caxete.
  • Seguimento da páxina especial adicada a Manuel María na que tamén se recollen as nosas actividades
  • Participación no Proxecto da MICRORREDE PLAMBE A MARIÑA, "Os soños de Manuel María"

Libriño de 5º infantil

O libriño que presentamos é de Mateo de 5º de infantil

12/5/16

Máis traballos para Letras Galegas

Os nenos e nenas de infantil seguen a traballar sobre as Letras Galegas.
Podemos ver estes libriños de 6º de infantil.


3/5/16

Traballos para as Letras Galegas

Co comezo do mes de maio os nenos e nenas de infantil están a traballar sobre as Letras Galegas.
Así podemos ver o libriño que fixeron en 6º de infantil sobre Manuel María.

Visita ao helicóptero "Pesca 2"

O venres, 29 de abril, os nenos e nenas de infantil, acompañados das súas profesoras, fixeron unha visita ao helicóptero “Pesca 2”, con base en Celeiro. 
A tripulación do helicóptero: piloto e rescatadores, explicáronlles os elementos que utilizan para facer os rescates e tamén lles deron bos consellos para acudir ao mar; foron izados pola grúa e subiron ao helicóptero.
Aprenderon moitas cousas e pasáronno estupendamente, remataron a xornada tomando a media mañá no parque de Lavandeiras.

25/4/16

Libriño sobre "Os alimentos"

Os nenos e nenas de 5º de infantil acaban de rematar  a unidade sobre os alimentos. Na seguinte presentación podemos ver o libriño que realizaron.

20/4/16

Elaboramos unha MACEDONIA

Nas aulas de Infantil, os nenos e nenas, xunto coas súas profesoras: Ana, Mari e Inés, aprenderon a preparar unha MACEDONIA.
Trouxeron as froitas das súas casas e aprenderon moitas cousas sobre as mesmas; despois chegou o turno de tracear cada froita, mezclar todos os ingredientes e degustar a macedonia á hora da merenda da mañá. Que rica estaba!


Traballos para o Día do Libro

Os nenos e nenas de infantil acaban se rematar os seus libriños  do Día do Libro.
Podemos velo nas seguintes presentacións
6º infantil
4º infantil

7/4/16

A primavera xa chegou!

As aulas, portas e corredores de Infantil xa están cheos de flores, bolboretas, paxariños e bichería que nacen na primavera.






18/3/16

Traballos da aula de 5º infantil

Agora que remata o 2º trimestre os nenos e nenas de 5º de infantil acaban de rematar os libriños de fichas das unidades que traballaron: OS OFICIOS e O INVERNO.


10/3/16

Vídeo dos trabalos para o Día da Muller

O martes, 8 de marzo, día da Muller, presentamos a seguinte exposición e traballos realizados polos alumnos e alumnas do colexio.

NESTA PÁXINA ESPECIAL atopamos moita información.

8/3/16

Hoxe é o Día Internacional da Muller


Os nenos e nenas de 6º de Infantil
preparamos uns trabalos especiais para conmemorar este día.

7/3/16

Estamos no tempo de sementar

Durante este mes de marzo temos que ir ao horto escolar a plantar os vexetais pero primeiro toca sementar:
4º infantil, pementos
5º infantil, tomates
6º infantil, cenorias
Despois teremos que regar e pronto nacerán as primeiras follas que logo iremos a plantar ao horto.

26/2/16

Vídeo conmemorativo

Así de bonito quedou o vídeo adicado a Rosalía, no que se recollen os debuxos dos nenos e nenas de Infantil.

18/2/16

Traballos para celebrar o Día de Rosalía de Castro

Os nenos e nenas de infantil estamos facendo moitos traballos para celebrar o día de Rosalía:
  • Murais e marcapáxinas.
  • Tarxeta Postal para remitir ás nosas familias



Tamén estamos aprendendo esta bonita canción

4/2/16

Os Peliqueiros de Celeiro

Os nenos e nenas de 6º de Infantil traballaron o Entroido en Galicia e como colofón fixeron un pequeno desfile polas aulas do colexio a modo de PELIQUEIROS.

27/1/16

Libriño da Paz

Os nenos e nenas de 6º de Infantil acaban de rematar o "Libriño da Paz"