24/10/12

Día da Biblioteca Escolar

Hoxe foi un día moi especial! 
Fumos á Biblioteca a celebrar o seu día e fixemos moitas actividades:
Os alumnos de 1º curso e a súa profesora Rebeca, dramatizaron o conto NADARÍN, fixéronno moi ben.
Tamén lle cantamos as cancións que aprendimos sobre o MAR.
Vimos os libros novos que lle regalaron á Bibliosoños e a nos tamén nos regalaron un bonito libro para traballar na casa.
Neste enlace podemos ver os vídeos e as fotos destas actividades.