17/4/13

Visita ao helicóptero PESCA II



Dentro das actividades programadas para o proxecto O MAR, realizamos unha visita ás instalacións  GARDACOSTAS DE GALICIA e ao helicóptero PESCA II, pertencente á Consellería do Medio Rural e do Mar.
O martes, 16 de abril foron os alumnos de Infantil, xunto coas súas profesoras.
Fomos recibidos polo piloto Juan Antonio, o copiloto Juanjo, o rescatador Aitor e o operador de grúa Ramón.
Foron moi amables e atentos explicándonos os diferentes utensilios aparellos que utilizan para poder levar a cabo unha labor tan importante como é a de salvar vidas no mar.

Dámoslles a grazas polo seu traballo e pola súa atención con todo o colexio.