O mércores 5 de xuño os/as nenos/as
de Educación Infantil imos de
excursión de fin de curso a San Cibrao en tren. Visitaremos o Museo do mar, xogaremos no parque e na praia e comeremos
na Atalaia.
- O custo da excursión é de 5 euros (billete de ida e volta en tren
máis o xeado que lles mercaremos despois de comer). Entregaredes os cartos á
titora dos vosos/as fillos/as antes do martes día 4 de xuño.
- O día da excursión levaredes os/as nenos/as directamente á estación de tren de Verxeles ás 9:45,
voltaremos á estación de tren ás 15:40 onde estaredes esperando ós
nenos/as.
- Os/As nenos/as deberán levar
roupa e calzado cómodo (chandal e tenis ou similar) e unha gorra para sol,
levarán tamén unha mochila cunha botella de auga e un ou dous bocadillos
pequenos, non lles fai falla postre porque despois de comer mercaremos un
xeado. Recordade botarlles crema solar.
- As profesoras que os acompañarán serán:
Marta Pérez Lage, Angélica Novo Reges, Mª del Carmen Lázaro Quevedo,
María Rivadeneira Cordido e Marta Vilasuso Villar.