2/2/17

Mural "La noche estrellada" de 5º de infantil

Os nenos e nenas da clase de 5º de infantil estamos traballando a obra dun recoñecido pintor do impresionimo, Van Gogh;  por iso comezamos a falar na asamblea da súa vida, tamén dos seus cadros máis representativos entre os que se atopa este.
Acordamos entón facer un mural reproducindo esta obra con distintas texturas e materiais, para o que seguimos estes pasos:
- Elaboramos as casas do pobo con cartón e  pintámolas con rotuladores de cores frías.
- Pegamos papel pinocho de cor negro para representar o ciprés, démoslle unhas pinceladas de amarelo para axustarnos máis ao cadro.
- Empregamos tamén as témperas para facer os distintos tipos de trazos que corresponden  co fondo da composición.
- Pedimos a colaboración  dos nosos veciños de corredor, os nenos e nenas da clase de 4º de infantil, para que  nos axudaran a cortar diferentes tipos de papeis (celofán, seda, pinocho, metalizado...) en diferentes tons de azul e  a pegalos para deseñar o ceo.
- Os nenos/as de 4º de infantil tamén pintaron os astros da nosa obra mesturando a témpera no propio papel tratando de imitar o estilo da obra.
Non quixemos rematar o noso mural sen enmarcalo dunha forma axeitada, así que pintamos un gran marco de cartón mesturando as cores laranxa e marrón, para unha vez secas engadirlle trazos de ocre.
Engadimos tamén unha reprodución do cadro " Autorretrato" de Van Gogh, feita primero a lapis por Celia ( con algo de axuda da profe) e pintada por todos nós.  Empregamos, esta vez, a pintura ao óleo como técnica.