26/11/19

Na Semana da Ciencia no colexio

O luns, 25 de novembro comezamos a semana de Ciencia na Escola. 
Os nenos e nenas de 4º de infantil fixemos un pequeno experimento na clase: fabricamos plastilina!. A receita é ben sinxela: fariña, maizena, sal fina, aceite, limón e auga quente. Despois tivemos que amasar e amasar o noso pedaciño ata que quedou como a plastilina brandiña que adoitamos usar. Para o toque final tinguímola con colorantes alimentarios, cada un elixiu a cor que prefería, e volta outra vez a remexer na masa e amasala ata que quedara ben mesturada. 
Manchámonos moito pero, como podedes ver, pasamos un anaco ben divertido!