10/4/20

CORES DO ARCO DA VELLA

Ola a tod@s! Como estades? 
Estes días, estamos a ver cada día máis debuxos do arco da vella nas xanelas dos nosos veciños, que simbolizan toda esta situación pola que estamos a pasar e lémbranos a cada momento que “TODO IRÁ BEN”. 
Propoñémosvos que aprendamos unha canción súper bonita e moi apropiada nestes momentos: “Cores do arco da vella”. Cando volvamos vernos, cantaremos esta canción todos xuntos celebrando que… Vencemos ao Coronavirus!