9/3/22

Laboratorio de experimentos

 Como podedes ver, xa puxemos en funcionamento o LABORATORIO DE EXPERIMENTOS, que temos ubicado no patio do cole. Con él pretendemos que os nenos e nenas experimenten con diferentes materiais e con elementos da natureza que poden atopar ao seu arredor. 

E a verdade é que o estamos a pasar xenial.

Hai uns días solicitamos por Abalar que nos proporcionárades diferentes utensilios e obxectos de madeira ou metal que tivérades pola casa e que podemos utilizar neste laboratorio e cos que poder realizar diferentes experimentos.

Os nenos e nenas de 4º de EI (3 anos) poderán traer obxectos como culleres, culleróns, morteiros, táboas de cortar e/ou espumadeiras

Os nenos e nenas de 5º de EI (4 anos), bandexas, boles, cuncas, botes, tixolas e/ou potas pequenas.

E os nenos e nenas de 6º de EI (5 anos), poderán aportar pas, coadoiros, recipientes, espátulas e/ou balanzas (non electrónicas)

Gustaríanos darlle as grazas á ANPA e a todas as familias por colaborar con nós nesta iniciativa.