10/5/22

Proxecto "Coñecemos Celeiro"

Aquí vos deixamos o vídeo da saída que fixemos para coñecer algunhas das edificacións e espazos naturais que temos na contorna próxima ao cole, enmarcándoa dentro do Proxecto de centro "Coñecemos Celeiro". Pasámolo xenial e aprendimos moitas cousas. Xa estamos desexando repetir, como nos tardaba volver a disfrutar destes momentos.





6/5/22

TOUPICIENCIA - A XANELA DO MAXÍN


O día 21 de abril, as nenas e nenos de infantil asistimos ao espectáculo TOUPICIENCIA, no que Toupiña e o seu axudante Protonio ensinánonnos uns divertidos experimentos científicos que despertaron a nosa curiosidade e cos que disfrutamos un montón. 

 

 


3/5/22

Proxecto "Coñecemos Celeiro"

 Unha das actividades que traballamos dentro do Proxecto "Coñecemos Celeiro", foi realizada polo alumnado de 4º de Educación Infantil, versionando unha canción moi coñecida por tod@s nós "Catro vellos mariñeiros". 



Ademais, elaboraron un mural super chulo baseado na canción. Esperamos que vos guste tanto como a nós.



6/4/22

A NOSA CONTORNA NATURAL

 Como moitos e moitas xa sabedes, o noso cole participa, todos os anos, no proxecto VOZ NATURA.

Pinchando na foto, podedes consultar o blog no que estamos a promocionar todas as actividades realizadas na marabillosa contorna que temos no cole e que intentamos aproveitar ao máximo para que os nenos e as nenas, ademais de aprender a coidar os elemenos da contorna, disfruten de actividades ao aire libre e dos beneficios que iso proporciona para a nosa vida cotiá.




5/4/22

Maxia Potaxia que apareza...

O venres, disfrutamos do espectáculo de maxia a cargo do gran mago local 

KIKO CARROLO.

So hai que ver as caras de emoción e ilusión dos nenos e nenas para saber que quedaron encantados e encantadas con esta actividade.

Grazas á ANPA por promover esta actividade.

 


 

15/3/22

Día Internacional da Muller

 O 8 de Marzo, celébrase o Día Internacional da Muller, e desde o centro quixemos sumarnos ás reinvidicacións deste día. É por iso que, desenvolvéronse diferentes actividades para facer reflexionar ao alumnado sobre a figura da muller na sociedade. 

A continuación, podedes ver neste vídeo, algunhas das que se fixeron nas aulas de Infantil, e que dedicamos a todas as que loitaron e loitan por unha igualdade real entre homes e mulleres.

 


 

9/3/22

Laboratorio de experimentos

 Como podedes ver, xa puxemos en funcionamento o LABORATORIO DE EXPERIMENTOS, que temos ubicado no patio do cole. Con él pretendemos que os nenos e nenas experimenten con diferentes materiais e con elementos da natureza que poden atopar ao seu arredor. 

E a verdade é que o estamos a pasar xenial.

Hai uns días solicitamos por Abalar que nos proporcionárades diferentes utensilios e obxectos de madeira ou metal que tivérades pola casa e que podemos utilizar neste laboratorio e cos que poder realizar diferentes experimentos.

Os nenos e nenas de 4º de EI (3 anos) poderán traer obxectos como culleres, culleróns, morteiros, táboas de cortar e/ou espumadeiras

Os nenos e nenas de 5º de EI (4 anos), bandexas, boles, cuncas, botes, tixolas e/ou potas pequenas.

E os nenos e nenas de 6º de EI (5 anos), poderán aportar pas, coadoiros, recipientes, espátulas e/ou balanzas (non electrónicas)

Gustaríanos darlle as grazas á ANPA e a todas as familias por colaborar con nós nesta iniciativa.



 


7/3/22

Febreiro Festeiro

     Durante o mes de Febreiro traballamos moitas cousas, sobre todo, relacionadas co:

- ANTROIDO, no que gozamos preparando decoracións para o cole, realizando as nosas propias caretas e antefaces, seguindo os mandatos do MECO e, sobre todo, desfilando polas rúas arredor do cole e na posterior festa, na que bailamos e cantamos un montón.


 

Na semana grande das celebracións do Antroido, fixémoslle un merecido homenaxe a  

Rosalía de Castro, na data do seu nacemento, o 23 de febreiro. 

As actividades que realizamos para homenaxear a esta figura tan importante para o idioma galego e o rexudir das nosas letras, estaban enmarcadas nas propostas da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega, seguindo o lema #SementadePensamentos

 


 


 

18/2/22

Comeza o Entroido!!!

As nenas e os nenos de Infantil do Ceip de Celeiro, querémoslle dar a benvida ao Entroido, da mellor maneira posible. Por iso, queremos cumprir o que o MECO nos ordene, porque, como xa sabemos: 

"O Meco manda, 

o Meco ordena,

e se non o cumpres

pagarás condena".

No seguinte vídeo podedes comprobar os mandatos que deberemos cumprir durante a próxima semana. 

Que viva o Entroido!!! 

1/2/22

Día Escolar da Non Violencia e a Paz

  Ola familias!!!!!

Deixamos aquí un vídeo das actividades que fixemos para a conmemoración do Día Escolar da Non Violencia e a Paz. Esperamos que vos guste


 



23/11/21

O OUTONO

Ola familias!!!!

Durante estes meses estivemos investigando sobre o Outono e as súas celebracións. Fixemos moitas actividades con produtos desta época e celebramos o Samaín e o Magosto. Deixámosvos aquí algunhas fotos de cousiñas que fixemos. Esperamos que vos gusten e que disfrutedes tanto como disfrutamos nós.



19/11/21

20 DE NOVEMBRO, DÍA DOS DEREITOS DA INFANCIA

O 20 de novembro, é O Día Universal do Neno.

É un día de celebración polos avances conseguidos, pero sobre todo, é un día para chamar a atención sobre a situación dos nenos máis desfavorecidos e para dar a coñecer os dereitos da infancia co fin de concienciar ás persoas da importancia de traballar día a día polo seu benestar e desenvolvemento.

Presentamos a continuación, un resume explicado para todos os nenos/as,  de cales son os seus dereitos e os seus deberes.




16/11/21

VIVEIRO SOSTIBLE

 Fai uns días recibimos a visita de Lucas Requejo e Iván Fernández para regalarlle a cada neno/a do noso cole, unha postal co lema de  "Viveiro Sostible". Trátase dunha iniciativa educativa  creada para facer de Viveiro unha escola de vida sostible para os nenos/as viveirenses.

Aproveitando a visita, deixáronos uns paneis expositivos sobre o coidado do mar.....que nos recorda o importante que é non tirar lixo ao mar e coidar as augas da nosa vila mariñeira.



 
 

 
 




12/11/21

CELEBRAMOS O MAGOSTO

 Na mañá do 11 de novembro, DÍA DE SAN MARTIÑO, celebramos o xa tradicional MAGOSTO que por estas datas adoitamos facer no noso colexio. Foi un día estupendo e pasámolo moi ben!!!

  •  Participamos no circuito de xogos que nos preparou a profesora  de Educación Física, Mª José.
  •  O alumnado de 6º curso de Primaria, xunto coa súa titora Susana, preparou unha coreografía.
  • Tamén nos acompañaron dous gaiteiros, o profesor de 5º, José Antonio e o pai e Antón, David.    
  •  Eles foron, coa súa música, os encargados de amenizar a degustación das castañas asadas, que aínda que estaban un pouquiño duras o sabor era moi bo. Grazas ás familias pola súa aportación.
No seguinte vídeo, podedes ver as actividades do día.


 

15/9/21

Comezo do curso 2021-2022

Iniciamos un novo curso e todos os mestres/as e comunidade educativa, estamos moi contentos/as de poder formar parte da vosa formación e preparación.
Con esforzo e entusiamo, conseguiredes todo o que vos propañades. Así que, feliz inicio de curso!!


 
 

24/8/21

21/6/21

Graduación do alumnado de 6º de Infantil

 Hoxe foi un día moi emotivo para as nenas e nenos da aula de 6º de Infantil e a súa titora Inés. Despedíronse da etapa de Infantil e para o vindeiro curso comezarán Primaria. 

  • Iniciaron a mañá visualizando un vídeo que recolle os momentos de toda a etapa, desde que comezaron en setembro de 2018 ata xuño deste ano 2021.
  • A titora, Inés, entregoulles un diploma e unha orla ben bonita.
  • E por suposto, non faltou unha gran merendola!

VÍDEO DA PROMOCIÓN


 


Boas vacacións para todos, descansade, gozade e volvemos a vernos en PRIMARIA!


17/6/21

Excursión do alumnado de 5º de Infantil

 O alumnado de 5º de Infantil pasaron un día estupendo na praia de Area!!!. 

Foi unha xornada de despedida do curso