25/10/10

Fundación meniños

Este curso seguimos a traballar no proxecto que xa iniciamos no curso 09/10 relacionado coa FUNDACIÓN MENIÑOS:   Organización que traballa polos dereitos da infancia en situación de dificultade social, con programas de intervención directa cos nenos, nenas e as súas familias, e con accións de carácter educativo e preventivo.


Por participar no curso pasado regaláronnos este figuriña










Tamén nos enviaron unha pequena revista que levarán de recordo, cada neno e nena de infantil, dentro da bolsa da biblioteca.
Esta bolsa será para levar e volver a traer os libros prestados para ler na casa coas familias.